Iñobre, Taragoña, Rianxo
Iñobre | |
---|---|
Parroquia | Taragoña |
Concello | Rianxo |
Coordenadas | 42°40′15″N 8°49′25″O / 42.670833333333, -8.8236111111111 |
Poboación | 66 hab. (2013) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Iñobre é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 66 habitantes (29 homes e 37 mulleres). Extrema ó norte cos lugares do Cruceiro e do Castriño, ó leste cos da Senra e do Burato, ó sur coa ría de Arousa e ó poñente coa desembocadura do río Beluso -onde forma o seu cabo mais setentrional-.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A capela de San Xoán Bautista de Vista Real foi edificada en 1625 probabelmente sobre outra xa existente, e pertenceu ó pazo dos Caamaño, xa desaparecido. Actualmente a pequena capela é de propiedade particular. Está formada por un único corpo con bóveda de canón; a cuberta é de tella a dúas augas. As súas medidas máximas no exterior son 6,35 m de anchura e 8,75 m de fondura.
O cruceiro das Neves é un cruceiro de capela carente de plataforma e pedestal. O seu fuste é de sección cadrada con chafráns. A Cruz tamén de sección cadrada con chafráns nos brazos. O Cristo ten as mans abertas, coroa de espiñas, nimbo crucífero, pano de pureza sen nós e cartela de INRI. A capela carece de ornamento. É de base troncopiramidal invertida, tellado a catro augas e teito plano. Na base da capela hai un anxo con ás e no interior a Virxe pregando.
É terra de pazo, capela, fontes, pombais, cruceiro, graneiras e praias.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Taragoña
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Taragoña no concello de Rianxo (A Coruña) | |
---|---|
A Burata | O Burato | O Campo da Feira | Campos de Pazos | Cartomil | O Castriño | Chorente | Corques | A Coviña | O Cruceiro | A Cruz | Cuvide | Dorna | Fachán | Fonte Susán | A Igrexa | Iñobre | A Laxe | O Monte de Dorna | O Moroso | Ourille | Ourolo | Outeiro | Paradela | Pastoriza | As Pedriñas | A Senra | Té |
Parroquias de Rianxo
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo | |
---|---|
O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador) |