A Laxe, Taragoña, Rianxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°40′32.78″N 8°48′52.72″O / 42.6757722, -8.8146444

A Laxe
ParroquiaTaragoña
ConcelloRianxo
Poboación88 hab. (2013)

A Laxe é un lugar da parroquia de Taragoña no concello coruñés de Rianxo, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 88 habitantes (46 homes e 42 mulleres).

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Neste lugar atópase un cruceiro de capela integrado nun muro, coñecido como cruceiro da Laxe.[1] A capela é lisa, de base troncopiramidal invertida, tellado a catro augas, teito abovedado e anxo con ás na base. No interior, atopase unha Virxe pregando. Sobre a capela, existe unha Cruz de sección cuadrangular con brazos chafranados. O Cristo Crucificado ten as mans abertas, nimbo crucífero, pano de pureza sen nós e cartela de INRI.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Taragoña[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Taragoña no concello de Rianxo (A Coruña)

A Burata | O Burato | O Campo da Feira | Campos de Pazos | Cartomil | O Castriño | Chorente | Corques | A Coviña | O Cruceiro | A Cruz | Cuvide | Dorna | Fachán | Fonte Susán | A Igrexa | Iñobre | A Laxe | O Monte de Dorna | O Moroso | Ourille | Ourolo | Outeiro | Paradela | Pastoriza | As Pedriñas | A Senra |

Parroquias de Rianxo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cruceiro da Laxe". patrimoniogalego.net. Consultado o 5 de abril de 2020.