Cruceiro das Neves de Ourolo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O cruceiro das Neves de Ourolo é un cruceiro de capela que se atopa na aldea de Ourolo, parroquia de Taragoña, provincia da Coruña. É de plataforma soterrada, cun fuste de sección cadrada con chafráns. A cruz é cuadrangular cos brazos con media cana e remates florenzados. O Cristo crucificado atópase coas mans pechadas, nimbo crucífero e pano de pureza sen nós. No reverso da Cruz, existe un baixorrelevo da Piedade. A capela é lisa, coa base troncopiramidal invertida cun anxo con ás, tellado a catro augas e teito plano. No interior da capeliña atópase unha imaxe da Nª Sª das Neves.

A carón do cruceiro, dentro dun muro, hai un crucifixo e un baixorrelevo.