All-Ireland Senior Football Championship

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
All-Ireland Senior Football Championship
Fundación1887
RexiónFour Provinces Flag.svg Irlanda
Equipos33
Actual campiónKerry (37º título)
Equipo máis laureadoKerry (37 títulos)
TelevisiónRTÉ, Sky Sports, BBC,
Setanta Sports, Premier Sports, Seven (Australia)
LemaBe there, all the way
OrganizadorGAA
DataDe maio ao terceiro
domingo de setembro
Sitio webhttp://www.gaa.ie
All-Ireland Senior Football Championship 2015

O All-Ireland Senior Football Championship (en irlandés: Craobh Shinsear Peile na hÉireann) é a principal competición de fútbol gaélico no mundo. Este campionato é unha serie anual de partidos xogados en Irlanda durante o verán e o comezo do outono organizado pola Asociación Atlética Gaélica (GAA). O trofeo lévase xogando dende o ano 1887 coa excepción do ano 1888 no que non se disputou.

Historia[editar | editar a fonte]

O primeiro campionato celebrouse con clubs que representaron a condados. A primeira final xogárona con equipos de 21 xogadores, os Comerciais de Limerick e os Xoves Irlandeses de Louth. O partido disputouse en Beech Hill, Clonskeagh o 29 de abril de 1888. A vitoria foi para os de Limerick que gañaron 1-4 a 0-3. A diferenza de competicións posteriores do All-Ireland, daquela non habían campionatos provinciais e a competición era máis aberta.

En 1892, os equipos entre condados foron introducidos na competición. O congreso garantiu o permiso para que o equipo gañador utilizase xogadores de outros clubs da provincia. As regras do fútbol gaélico e do hurling tamén foron cambiadas: os goles tomaron un valor de cinco puntos e os conxuntos pasaron de ter 21 xogadores a 17. En 1903, o campionato foi por primeira vez para Kerry, quen máis tarde se fixo o rei de títulos.

A primeira metade do século XX, trouxo xunto a el varios equipos que lograron conseguir 2 ou 3 títulos nesa época pero que máis tarde no lograron ningún título como: Kildare, Maio, Cavan, Wexford ou Roscommon. Dende o quinto título conseguido por Cavan en 1952, este club e máis Wexford non volveron disputar outra final do All-Ireland. Maio apareceu en 7 final dende 1989 pero non venceu en ningunha. Nos anos 1990, tivo lugar un significativo cambio, xa que un equipo de Ulster venceu durante catro anos consecutivos (1991-94). Dende entón Ulster é a provincia que conseguiu máis campionatos. Estas eliminatorias introducíronse no ano 2001. Nese ano, grazas ao novo sistema de porta atrás, Galway converteuse no primeiro equipo en gañar o All-Ireland sen ser campión no seu respectivo Campionato Provincial. Na tempada 2013, introduciuse o "ollo de Falcón" nos partidos disputados en Croke Park durante o campionato. Tamén no ano 2013, disputouse o primeiro partido de fútbol gaélico un venres pola noite. Este foi un partido de primeira rolda das eliminatorias entre Laois e Carlow.

Formato[editar | editar a fonte]

Normalmente, a final xógase o segundo domingo de setembro no templo dos deportes gaélicos, Croke Park, que serve como culminación dunha serie de partidos xogados durante os meses de verán. O gañador da final lévase a Sam Maguire Cup. Nos seus comezos, o campionato foi unha competición de eliminación directa na que só xogaban os campións de cada provincia irlandesa. Durante os anos 1990, a competición ampliouse, incorporando en primeiro lugar un "sistema de porta atrás" e despois unha fase de grupos de todos contra todos. Actualmente o All-Ireland consta de varias etapas.

Formato actual[editar | editar a fonte]

No actual formato, o trofeo empeza a finais de maio cos campionatos provinciais de Connacht (incluídos Londres e Nova York), Leinster, Ulster e Munster. O único condado que non participa no campionato é o de Kilkenny. Os campionatos provinciais dispútanse co sistema de eliminación durante os meses de maio, xuño e xullo. O gañador de cada un dos catro campionatos provinciais logra unha praza nas series do All-Ireland que desenvolven entre agosto e setembro.

Cada eliminatoria dispútase a un só partido. Se ese partido finaliza cun resultado de empate, dispútase outro partido de repetición. Se ese partido de repetición remata empatado xógase un tempo extra. Se ambos conxuntos empatan de novo ao final dese tempo extra, días máis tarde xógase outra repetición.

Os vinte e nove equipos que non lograron gañar no seu respectivo Campionato Provincial teñen outra oportunidade de meterse nas Series do All-Ireland xogando nas "Eliminatorias". Estas eliminatorias teñen lugar nos meses de xuño e xullo.

  • Eliminatorias
    • Rolda 1: Todos os equipos que non conseguen chegar ás semifinais do seu campionato provincial (16 equipos en total) compiten na primeira rolda. Un sistema emprégase para dividir aos equipos en oito encontros individuais. Os oito conxuntos que saen gañadores pasan á seguinte fase, á rolda 2, mentres que os oito que saen derrotados quedan eliminados.
    • Rolda 2: Os oito equipos gañadores da rolda 1, xogan contra os oito perdedores das semifinais de cada campionato provincial. Os oito clubs gañadores avanzan á terceira rolda e oito perdedores quedan eliminados.
    • Rolda 3: Os oito equipos que avanzaron da segunda fase divídense en catro encontros individuais. Os enfrontamentos decídense mediante un sorteo. Os catro gañadores avanzan á seguinte rolda e os catro perdedores caen eliminados.
    • Rolda 4: Os catro conxuntos que pasaron da rolda 3 xogan contra os perdedores das finais dos catro campionatos provinciais. Os catro equipos vencedores pasan aos cuartos de final das series do All-Ireland nas que se enfrontan aos vencedores dos campionatos provinciais. Os equipos derrotados caen eliminados.
  • As Series do All-Ireland: Todos os partidos destas series dispútanse en Croke Park, incluída a final.
    • Cuartos de final: O gañador de cada Campionato Provincial enfróntase contra un dos gañadores da Rolda 4. Os 4 gañadores dos cuartos de final pasan ás semifinais do campionato.
    • Semifinais: Os conxuntos que avanzaron dos cuartos enfróntanse entre si nas semifinais. Os dous gañadores xogan a final.
    • Final: Estes dous equipos xogan o terceiro domingo de setembro. O equipo que gaña o partido é coroado como campión do All-Ireland Senior Football Championship coa Sam Maguire Cup.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Campión Subcampión Resultado Estadio Incidencias[1]
2015 Kerry Dublín Croke Park
2014 Kerry Donegal 2-9 – 0-12 Croke Park 82.184 espectadores
2013 Dublín Maio 2-12 – 1-14 Croke Park 82.274 espectadores
2012 Donegal Maio 2-11 – 1-28 Croke Park 82.300 espectadores
2011 Dublín Kerry 1-12 – 1-11 Croke Park 82.269 espectadores
2010 Cork Down 0-16 – 0-15 Croke Park 81.604 espectadores
2009 Kerry Cork 0-16 – 1-9 Croke Park 82.246 espectadores
2008 Kerry Cork 3-13 – 1-9 Croke Park 82.204 espectadores
2007 Tyrone Kerry 1-15 – 0-14 Croke Park 82.126 espectadores
2006 Kerry Maio 4-15 – 3-5 Croke Park 82.289 espectadores
2005 Tyrone Kerry 1-16 – 2-10 Croke Park 82.112 espectadores
2004 Kerry Maio 1-20 – 2-9 Croke Park 79.749 espectadores
2003 Tyrone Armagh 0-12 – 0-9 Croke Park 79.391 espectadores
2002 Armagh Kerry 1-12 – 0-14 Croke Park 79.500 espectadores
2001 Galway Meath 0-17 – 0-8 Croke Park 70.482 espectadores
2000 Kerry Galway 0-14 – 0-14 Croke Park 63.349 espectadores
Kerry Galway 0-17 – 1-10 Croke Park 61.094 espectadores
1999 Meath Cork 1-11 – 1-8 Croke Park 62.989 espectadores
1998 Galway Meath 0-17 – 0-8 Croke Park 70.482 espectadores
1997 Kerry Maio 0-13 – 1-7 Croke Park 65.601 espectadores
1996 Meath Maio 1-9 – 1-12 Croke Park 65.898 espectadores
Mealth Maio 2-9 – 1-11 Croke Park 65.802 espectadores
Repetición
1995 Dublín Tyrone 1-10 – 0-12 Croke Park 65.983 espectadores
1994 Down Dublín 1-12 – 0-13 Croke Park 58.684 espectadores
1993 Derry Meath 1-14 – 2-8 Croke Park 64.500 espectadores
1992 Donegal Dublín 0-18 – 0-14 Croke Park 64.547 espectadores
1991 Down Meath 1-16 – 1-14 Croke Park 64.500 espectadores
1990 Cork Meath 0-11 – 0-9 Croke Park 65.723 espectadores
1989 Cork Maio 0-17 – 1-11 Croke Park 65.519 espectadores
1988 Meath Cork 0-12 – 1-9 Croke Park 65.000 espectadores
Meath Cork 0-13 – 0-12 Croke Park 64.067 espectadores
Repetición
1987 Meath Cork 1-14 – 0-11 Croke Park 68.431 espectadores
1986 Kerry Tyrone 2-15 – 1-10 Croke Park 68.628 espectadores
1985 Kerry Dublín 2-12 – 2-8 Croke Park 69.389 espectadores
1984 Kerry Dublín 0-14 – 1-6 Croke Park 68.365 espectadores
1983 Dublín Galway 1-10 – 1-8 Croke Park 71.988 espectadores
1982 Offaly Kerry 1-15 – 0-17 Croke Park 62.309 espectadores
1981 Kerry Offaly 1-12 – 0-8 Croke Park 61.489 espectadores
1980 Kerry Roscommon 1-9 – 1-6 Croke Park 63.854 espectadores
1979 Kerry Dublín 3-13 – 1-8 Croke Park 72.185 espectadores
1978 Kerry Dublín 5-11 – 0-9 Croke Park 71.503 espectadores
1977 Dublín Armagh 5-12 – 1-8 Croke Park 66.542 espectadores
1976 Dublín Kerry 3-8 – 0-10 Croke Park 73.588 espectadores
1975 Kerry Dublín 2-12 – 0-11 Croke Park 66.346 espectadores
1974 Dublín Galway 0-14 – 1-6 Croke Park 71. 898 espectadores
1973 Cork Galway 3-17 – 2-13 Croke Park 73.309 espectadores
1972 Offaly Kerry 1-13 – 1-13 Croke Park 72.032 espectadores
Offaly Kerry 1-19 – 0-13 Croke Park 66.136 espectadores
Repetición
1971 Offaly Galway 1-14 – 2-8 Croke Park 70.798 espectadores
1970 Kerry Meath 2-19 – 0-18 Croke Park 71.755 espectadores
1969 Kerry Offaly 0-10 – 0-7 Croke Park 67.828 espectadores
1968 Down Kerry 2-12 – 1-13 Croke Park 71.294 espectadores
1967 Meath Cork 1-9 – 0-9 Croke Park 70.343 espectadores
1966 Galway Meath 1-10 – 0-7 Croke Park 71.567 espectadores
1965 Galway Kerry 0-12 – 0-9 Croke Park 77.735 espectadores
1964 Galway Kerry 0-15 – 0-10 Croke Park 76.498 espectadores
1963 Dublín Galway 1-9 – 0-10 Croke Park 87.106 espectadores
1962 Kerry Roscommon 1-12 – 1-6 Croke Park 75.771 espectadores
1961 Down Offaly 3-6 – 2-8 Croke Park 90. 556 espectadores
1960 Down Kerry 2-10 – 0-8 Croke Park 86.768 espectadores
1959 Kerry Galway 3-7 – 1-4 Croke Park 85.897 espectadores
1958 Dublín Derry 2-12 – 1-9 Croke Park 73.371 espectadores
1957 Louth Cork 1-9 – 1-7 Croke Park 72.732 espectadores
1956 Galway Cork 2-13 – 3-7 Croke Park 70.772 espectadores
1955 Dublín Kerry 0-12 – 1-6 Croke Park 87.102 espectadores
1954 Meath Kerry 1-13 – 1-7 Croke Park 72.276 espectadores
1953 Kerry Armagh 0-13 – 1-6 Croke Park 86.155 espectadores
1952 Cavan Meath 2-4 – 1-7 Croke Park 64.200 espectadores
Cavan Meath 0-9 – 0-5 Croke Park 62.515 espectadores
Repetición
1951 Maio Meath 2-8 – 0-9 Croke Park 78.201 espectadores
1950 Maio Louth 2-5 – 1-6 Croke Park 76.174 espectadores
1949 Meath Cavan 1-10 – 1-6 Croke Park 79.460 espectadores
1948 Cavan Maio 4-5 – 4-4 Croke Park 74.645 espectadores
1947 Cavan Kerry 2-11 – 2-7 Nova York 34.941 espectadores
1946 Kerry Roscommon 2-4 – 1-7 Croke Park 75.771 espectadores
Kerry Roscommon 2-8 – 0-10 Croke Park 65.661 espectadores
Repetición
1945 Cork Cavan 2-5 – 0-7 Croke Park 67.329 espectadores
1944 Roscommon Kerry 1-9 – 2-4 Croke Park 79.245 espectadores
1943 Roscommon Cavan 1-6 – 1-6 Croke Park 68.023 espectadores
Roscommon Cavan 2-7 – 2-2 Croke Park 47.193 espectadores
1942 Dublín Galway 1-10 – 1-8 Croke Park 37.105 espectadores
1941 Kerry Galway 1-8 – 0-7 Croke Park 45.512 espectadores
1940 Kerry Galway 0-7 – 1-3 Croke Park 60.824 espectadores
1939 Kerry Meath 2-5 – 2-3 Croke Park 46.828 espectadores
1938 Galway Kerry 3-3 – 2-6 Croke Park 68.950 espectadores
Galway Kerry 2-4 – 0-7 Croke Park 47.581 espectadores
Repetición
1937 Kerry Cavan 2-5 – 1-8 Croke Park 52.325 espectadores
Kerry Cavan 4-4 – 1-7 Croke Park 51.234 espectadores
1936 Maio Laois 4-11 – 0-5 Croke Park 50.168 espectadores
1935 Cavan Kildare 3-6 – 2-5 Croke Park 50.380 espectadores
1934 Galway Dublín 3-5 – 1-9 Croke Park 36.143 espectadores
1933 Cavan Galway 2-5 – 1-4 Croke Park 45.188 espectadores
1932 Kerry Maio 2-7 – 2-4 Croke Park 25.816 espectadores
1931 Kerry Kildare 1-11 – 0-8 Croke Park 42.350 espectadores
1930 Kerry Monaghan 3-11 – 0-2 Croke Park 33.280 espectadores
1929 Kerry Kildare 1-8 – 1-5 Croke Park 43.839 espectadores
1928 Kildare Cavan 2-6 – 2-5 Croke Park 24.700 espectadores
1927 Kildare Kerry 0-6 – 0-5 Croke Park 36.529 espectadores
1926 Kerry Kildare 2-7 – 2-4 Croke Park 37.500 espectadores
Kerry Kildare 1-4 – 0-4 Croke Park 35.500 espectadores
1925 Galway Cavan 3-2 – 1-2 Croke Park 17.800 espectadores
1924 Kerry Dublín 0-4 – 0-3 Croke Park 28.844 espectadores
1923 Dublín Kerry 1-5 – 1-3 Croke Park 20.000 espectadores
1922 Dublín Galway 0-6 – 0-4 Croke Park 11.792 espectadores
1921 Dublín Maio 1-9 – 0-2 Croke Park 16.000 espectadores
1920 Tipperary Dublín 1-6 – 1-2 Croke Park 17.000 espectadores
1919 Kildare Galway 2-5 – 0-1 Croke Park 32.000 espectadores
1918 Wexford Tipperary 0-5 – 0-4 Croke Park 12.000 espectadores
1917 Wexford Clare 0-9 – 0-5 Croke Park 6.500 espectadores
1916 Wexford Maio 3-4 – 1-2 Croke Park 3.000 espectadores
1915 Wexford Kerry 2-4 – 2-1 Croke Park 27.000 espectadores
1914 Kerry Wexford 1-3 – 2-0 Croke Park 13.000 espectadores
Kerry Wexford 2-3 – 0-6 Croke Park 20.000 espectadores
Repetición
1913 Kerry Wexford 2-2 – 0-3 Croke Park 17.000 espectadores
1912 Louth Antrim 1-7 – 1-2 Jones's Road 13.000 espectadores
1911 Cork Antrim 6-6 – 1-2 Jones's Road 11.000 espectadores
1910 Louth Kerry
1909 Kerry Louth 1-9 – 0-6 Jones's Road 16.000 espectadores
1908 Dublín Londres 1-10 – 0-4 Jones's Road 10.000 espectadores
1907 Dublín Cork 0-6 – 0-2 Tipperary 5.000 espectadores
1906 Dublín Cork 0-5 – 0-4 Athy 8.000 espectadores
1905 Kildare Kerry 1-7 – 0-5 Thurles 15.000 espectadores
1904 Kerry Dublín 0-5 – 0-2 Cork 10.000 espectadores
1903 Kerry Londres 0-11 – 0-3 Jones's Road 10.000 espectadores
1902 Dublín Londres 2-8 – 0-4 Cork 10.000 espectadores
1901 Dublín Londres 0-14 – 0-2 Jones's Road 2.000 espectadores
1900 Tipperary Londres 3-7 – 0-2 Jones's Road 2.000 espectadores
1899 Dublín Cork 1-10 – 0-6 Jones's Road 2.000 espectadores
1898 Dublín Waterford 2-8 – 0-4 Tipperary 1.000 espectadores
1897 Dublín Cork 2-6 – 0-2 Jones's Road 4.000 espectadores
1896 Limerick Dublín 1-5 – 0-6 Jones's Road 3.500 espectadores
1895 Tipperary Meath 0-4 – 0-3 Jones's Road 8.000 espectadores
1894 Dublín Cork 0-6 – 1-1 Clonturk 2.000 espectadores
Dublín Cork 0-5 – 1-2 Thurles 10.000 espectadores
Repetición
1893 Wexford Cork 1-1 – 0-1 Phoenix Park 1.000 espectadores
1892 Dublín Kerry 1-4 – 0-3 Clonturk 5.000 espectadores
1891 Dublín Cork 2-1 – 1-1 Clonturk 2.000 espectadores
1890 Cork Wexford 2-4 – 0-1 Jones's Road 1.000 espectadores
1889 Tipperary Laois 3-4 – 0-0 Inchicore 1.500 espectadores
En 1888 non se xogou
1887 Limerick Louth 1-4 – 0-3 Clonskeagh 7.000 espectadores

Títulos[editar | editar a fonte]

Pos. Equipo Campión Títulos (anos)
1 Colours of Leitrim.svg
Kerry
37 1903, 1904, 1909, 1913, 1914, 1924, 1926, 1929, 1930, 1931, 1932, 1937, 1939, 1940, 1941, 1946, 1953, 1955, 1959, 1962, 1969, 1970, 1975, 1978, 1979, 1980, 1981, 1984, 1985, 1986, 1997, 2000, 2004, 2006, 2007, 2009, 2014
2 Dublin colours.PNG
Dublín
24 1891, 1892, 1894, 1897, 1898, 1899, 1901, 1902, 1906, 1907, 1908, 1921, 1922, 1923, 1942, 1958, 1963, 1974, 1976, 1977, 1983, 1995, 2011, 2013
3 Dublin colours.PNG
Galway
9 1925, 1934, 1938, 1956, 1964, 1965, 1966, 1998, 2001
4 Colours of Leitrim.svg
Meath
7 1949, 1954, 1967, 1987, 1988, 1996, 1999
4 Colours of Cork.svg
Cork
7 1890, 1911, 1945, 1973, 1989, 1990, 2010
6 Colours of Down.svg
Down
5 1960, 1961, 1968, 1991, 1994
6 Colours of Laois.svg
Cavan
5 1933, 1935, 1947, 1948, 1952
6 Colours of Wexford.svg
Wexford
5 1893, 1915, 1916, 1917, 1918
9 Colours of Kildare.svg
Kildare
4 1905, 1919, 1927, 1928
9 Colours of Roscommon.svg
Tipperary
4 1889, 1895, 1900, 1920
11 Derry colours.PNG
Tyrone
3 2003, 2005, 2008
11 Colours of Offaly.svg
Offaly
3 1971, 1972, 1982
11 Colours of Mayo.svg
Maio
3 1936, 1950, 1951
11 Colours of Cork.svg
Louth
3 1910, 1912, 1957
15 Portumna GAA colours.PNG
Roscommon
2 1943, 1944
15 Colours of Leinster Council.svg
Limerick
2 1887, 1896
15 Colours of Leitrim.svg
Donegal
2 1992, 2012
18 Colours of Armagh.svg
Armagh
1 2002
18 Colours of Cork.svg
Derry
1 1993

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Neste apartado indícanse os resultados dos partidos de desempate (cando se disputaban) ou das quendas de penaltis.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]