Cristina Narbona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCristina Narbona

(2008) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Cristina Narbona Ruiz Editar o valor em Wikidata
29 de xullo de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Senadora de España
22 de outubro de 2019 –

Circunscrición electoral: Madrid

Electo en: Q75169767 Traducir
Senadora de España
28 de abril de 2019 – 2 de decembro de 2019 (disolución do parlamento)
Lexislatura: 13th Senate of Spain (en) Traducir

Circunscrición electoral: Madrid

Electo en: Q63385511 Traducir
16ª Presidente do Partido Socialista Obreiro Español
18 de xuño de 2017 –
← Micaela Navarro
Deputada de España
1 de decembro de 2011 – 28 de decembro de 2012 – Pedro Sánchez →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Deputada de España
28 de marzo de 2008 – 30 de abril de 2008 – María Virtudes Cediel Martínez →

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Minister of the Environment (en) Traducir
18 de abril de 2004 – 14 de abril de 2008
← Elvira RodríguezElena Espinosa →
Deputada de España
1 de abril de 2004 – 15 de xaneiro de 2008

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid

Electo en: Q65054861 Traducir
Concelleiro de Madrid
1999 – 2004
Deputada de España
21 de marzo de 1996 – 5 de abril de 2000

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Almería

Electo en: Q74441567 Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Roma La Sapienza Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítica , economista , profesora universitaria Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Sevilla Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, lingua italiana e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosep Borrell (2018–)
Premios

IMDB: nm2473272 Twitter: cristinanarbona Dialnet: 90723 Editar o valor em Wikidata

María Cristina Narbona Ruiz, nada en Madrid o 29 de xullo de 1951, é unha economista, profesora universitaria e política española que entre abril de 2004 e abril de 2008 foi Ministra de Medio Ambiente.

Biografía[editar | editar a fonte]

Viviu en Italia coa súa familia durante a ditadura franquista, licenciándose en Ciencias Económicas pola Universidade de Roma. Regresou a España en 1975, dedicándose á docencia na Universidade de Sevilla. Vinculada ó PSOE -aínda que non se afiliou ó mesmo ata 1993-, en 1982 foi nomeada Viceconselleira de Economía da Xunta de Andalucía no primeiro goberno autonómico. Nos sucesivos gobernos presididos por Felipe González ocupou postos de dirección no Banco Hipotecario, foi Directora Xeral da Vivenda do Ministerio de Obras Públicas en 1991 e Secretaria de Estado de Medio Ambiente e Vivenda en 1993.

Nas eleccións xerais de 1996 foi elixida Deputada ó Congreso pola provincia de Almería. En 1999 presentouse e foi elixida Concelleira polo PSOE no Concello de Madrid, ó tempo que se incorporou á Comisión Executiva Federal do PSOE da man de José Luis Rodríguez Zapatero. Elixida en 2004 de novo Deputada pola circunscrición de Madrid, a vitoria socialista nas eleccións xerais e o nomeamento de Rodríguez Zapatero como Presidente do Goberno permitíronlle ser nomeada Ministra de Medio Ambiente.

Á fronte do Ministerio propúxose como obxectivo o cumprimento por parte de España do Protocolo de Kyoto, suspendeu o proxecto do transvasamento de auga do río Ebro cara ó sueste peninsular[1] a cambio de solucionar a escaseza de auga coa construción de desalgadoras e o aproveitamento dos recursos hídricos de cada territorio, modificou o transvasamento do río Xúcar ó Vinalopó[2] e impulsou un proxecto de ampliación do uso das enerxías renovables[3]. Foi partidaria do peche progresivo de todas as centrais nucleares existentes en España.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Elvira Rodríguez
 
Ministra de Medio Ambiente
 
20042008
Sucesor:
Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño
Elena Espinosa