Elvira Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) María Elvira Rodríguez Herrer 15 de maio de 1949 (75 anos) Madrid, España |
Deputada de España | |
Representa: Partido Popular 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid | |
Presidenta Comisión Nacional do Mercado de Valores | |
6 de outubro de 2012 – 6 de outubro de 2016 ← Julio Segura Sánchez – Sebastián Abella (pt) → | |
Deputada de España | |
29 de novembro de 2011 – 24 de setembro de 2012 – José Juan Sánchez Barrera (en) → Lexislatura: X lexislatura de España Circunscrición electoral: Xaén Electa en: Eleccións Xerais 2011 en España | |
President of the Assembly of Madrid (en) | |
11 de xuño de 2007 – 7 de xuño de 2011 ← Concepción Dancausa – José Ignacio Echeverría Echániz (en) → | |
Deputada na Asemblea de Madrid | |
11 de xuño de 2007 – 13 de decembro de 2015 | |
Q57422779 | |
15 de xuño de 2006 – 2007 ← María Dolores de Cospedal – Manuel Lamela (pt) → | |
Q43103402 | |
13 de xuño de 2006 – 11 de xuño de 2007 ← María Dolores de Cospedal – Manuel Lamela (pt) → | |
Deputada de España | |
26 de marzo de 2004 – 13 de xuño de 2006 – Arsenio Pacheco Atienza → Lexislatura: VIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Murcia Electa en: Eleccións Xerais 2004 en España | |
Minister of the Environment (en) | |
7 de marzo de 2003 – 18 de abril de 2004 ← Jaume Matas – Cristina Narbona → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | política, economista |
Partido político | Partido Popular |
Participou en | |
26 de outubro de 2020 | quinto aniversario de El Español |
Premios | |
María Elvira Rodríguez Herrer, nada en Madrid o 15 de maio de 1949, é unha economista e política española. Entre febreiro de 2017 e xuño de 2018 foi a presidenta de Tragsa, unha compañía pública participada ao 51% pola Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI).[1] Foi presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores de 2012 a 2016.[2] Membro do Partido Popular, foi deputada e ministra de Medio Ambiente, ademais de presidenta da Asemblea de Madrid na IX Lexislatura.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Elvira Rodríguez é licenciada en Ciencias Económicas e Políticas pola Universidade Complutense de Madrid, interventora[3] e unha das primeiras mulleres auditora do Estado. En 1996, trala chegada do Partido Popular ao goberno, o Consello de Ministros nomeouna directora xeral de orzamentos no Ministerio de Economía e Facenda baixo as ordes de Rodrigo Rato.[4] En 1997 foi designada polo Consello de Ministros representante da Administración Xeral do Estado na Comisión Mixta da Cota Vasca, cargo que renovou en 1999.
Trala nova vitoria do Partido Popular e o acceso de Cristóbal Montoro ao Ministerio de Facenda no ano 2000, foi nomeada secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos.[5] Non foi ata o ano 2002 cando se afiliou ao Partido Popular, tras ser convidada polo presidente José María Aznar. No congreso do partido dese ano Elvira Rodríguez elaborou o relatorio económico que defendía baixo o título "Hacia la sociedad del pleno empleo y de las oportunidades". En marzo de 2003, Rodríguez foi nomeada ministra de Medio Ambiente, cargo que ocupou ata abril de 2004.
Tras isto, foi elixida deputada por Murcia, vogal da Comisión de Economía e Facenda do Congreso dos Deputados, e da Comisión de Orzamentos e voceira da Comisión Mixta para as Relacións co Tribunal de Contas. Formou parte do Comité Executivo e da Xunta Directiva Nacional do Partido Popular e desde o ano 2004 formou parte do equipo de Mariano Rajoy como secretaria de Política Económica e Emprego do Partido Popular. Presidiu o PP de Majadahonda ata xullo de 2006.[6]
Foi conselleira de Transportes da Comunidade de Madrid no goberno de Esperanza Aguirre entre 2006 e 2007, culminando con éxito a ampliación do metro de Madrid coa inauguración de 90 novos quilómetros e máis de 80 estacións. Desde xuño de 2007 e ata o 7 de xuño de 2011 foi presidenta da Asemblea de Madrid.[7]
Deputada na X Lexislatura desde decembro de 2011 ata setembro de 2012. Desde o 28 de setembro de 2012 foi a presidenta da Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV) en substitución de Julio Segura Sánchez.[8] O CNMV asumiu as responsabilidades do organismo ante a fin do mandato da presidenta e da vicepresidenta o 6 de outubro.[9]
Desde marzo de 2017 é presidenta da sociedade estatal Tragsa.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Elvira Rodríguez, expresidenta de la CNMV, será presidenta de Tragsa". El País (en castelán). 27 de xaneiro de 2017. Consultado o 12 de febreiro de 2017.
- ↑ "Elvira Rodríguez no seguirá como presidenta de la CNMV". La Vanguardia (Barcelona). 3 de outubro de 2016. Consultado o 5 de outubro de 2016.
- ↑ Boletín Oficial do Estado, ed. (10 de abril de 1978). "Orden por la que se nombran Interventores adjuntos en la Intervención General de la Seguridad Social a don Pablo Quintana Fábrega, doña Elvira Rodríguez Herrer y don Francisco Zambrana Chico" (en castelán).
- ↑ Boletín Oficial do Estado, ed. (25 de maio de 1996). "Real Decreto 1208/1996, de 24 de mayo, por el que se nombra a doña María Elvira Rodríguez Herrer Directora General de Presupuestos" (en castelán).
- ↑ Boletín Oficial do Estado, ed. (25 de maio de 1996). "Real Decreto 613/2000, de 6 de mayo, por el que se nombra Secretaria de Estado de Presupuestos y Gastos a doña María Elvira Rodríguez Herrer" (en castelán).
- ↑ ABC, ed. (8 de marzo de 2005). "Elvira Rodíguez:"El PSOE acabará pagando su política sobre Majadahonda"" (en castelán).
- ↑ El País, ed. (11 de xuño de 2007). "Elvira Rodríguez, presidenta de la Asamblea de Madrid" (en castelán).
- ↑ "El BOE publica el nombramiento de Elvira Rodríguez como presidenta de la CNMV y el cese de Julio Segura= europapress" (en castelán). 28 de setembro de 2012.
- ↑ "El Consejo de la CMNV dirigirá el organismo tras salida de Elvira Rodríguez". La Vanguardia (en castelán). 4 de outubro de 2016. Consultado o 5 de outubro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Elvira Rodríguez |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en Madrid
- Nados en 1949
- Deputados do Congreso dos Deputados polo PP
- Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Economistas de España
- Ministros de España
- Alumnos da Universidade Complutense de Madrid