Costa oriental de Cantabria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Costa Oriental
Costa oriental Cantabria.png
CapitalLaredo
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCantabria Cantabria
Concello4
Poboacion50.124 hab. (2005)
Superficie142,26 km²
Densidade352,34 hab/km²

A Costa oriental é unha comarca de Cantabria (España). É de tendencia urbana e turística, e abarca desde Colindres ata o límite con Biscaia (País Vasco), chegando polo sur ata as montañas prelitorais.

A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]

Concellos[editar | editar a fonte]

Características[editar | editar a fonte]

Comprende os municipios de Colindres, Laredo, Liendo e Castro Urdiales, a súa capital. Nestes catro municipios a presión demográfica é moi forte e é unha das comarcas onde máis turismo se concentra no verán debido ao gran número de praias que contén. Aínda que pola contra temos que sinalar o enorme crecemento urbanístico nalgúns casos sen respectar a lei de costas ou de protección do medio ambiente. Sirva como exemplo, entre outros que non tiveron o mesmo fin, a urbanización que ha de demolerse en Argoños por sentenza do tribunal superior de xustiza.

Tamén é unha comarca cun gran número de poboación procedente do País Vasco e que está sen empadroar nesta zona de Cantabria, concretamente de Biscaia e máis exactamente Bilbao e poboacións contiguas ao mesmo. Xa que os prezos e especialmente os da vivenda, son máis baratos que en Biscaia e en practicamente 30 minutos pódese estar entrando en Bilbao saíndo desde o punto máis afastado que é Colindres, seguindo a Autovía do Cantábrico.

Todos estes factores fan que a vida encareceuse nos últimos anos enormemente para a xente que ten traballos cos convenios laborais cántabros, o que unido á reconversión industrial que se sufriu a finais dos 80 na zona, fai que as persoas nadas e criadas nesta comarca estean emigrando a outras comarcas de interior ou a outras rexións.

Demografía[editar | editar a fonte]

Concellos máis poboados da comarca
Posición Concello Poboación
Castro Urdiales 28.542
Laredo 13.115
Colindres 7.235

A poboación total da comarca alcanza a cifra de 50.124 habitantes, segundo datos do INE do ano 2006. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres municipios máis poboados, de maio a menor, son Castro Urdiales (28.542), Laredo (13.115) e Colindres (7.235); sendo o seu municipio menos poboado Liendo (1.099). Débese apuntar, que a pesar de ser a terceira comarca de Cantabria, tras a área metropolitana de Santander e a conca do Besaya, non dispón dun servizo mínimo como é a conexión ferroviaria, tanto coa capital rexional, Santander, como con Biscaia.

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da Comunidade Autónoma de Cantabria. [1] Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]