Saltar ao contido

Comarca do Besaya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comarca do Besaya
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
   90.771 (2024) sumatorio Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   426,82 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
OpenStreetMap2910400 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02qpkrq Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Comarca do Besaya é unha comarca de Cantabria, en España. Atópase situada no centro de Cantabria e a súa capital é Torrelavega. A comarca discorre ao longo do río Besaya.

A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]

Concellos

[editar | editar a fonte]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
O río Besaya únese ás augas do Saja á altura da localidade de Ganzo, dentro do municipio de Torrelavega.

Conca hidrográfica do Besaya

[editar | editar a fonte]

A conca hidrográfica do río Besaya é a maior conca que existe en Cantabria, ao abarcar unha superficie de 1.025,5 km². Recibe unha precipitación anual de 1.214,3 hectómetros cúbicos e rexistra un achegue de 777,5 hectómetros cúbicos, o que representa na desembocadura do Besaya, a través da ría de Suances, un caudal bruto de 24,65 metros cúbicos por segundo.[2]

Sen ter en conta a conca do río Saja, principal afluente do Besaya, a conca do Besaya presenta unha extensión de 556 km², englobando os termos municipais de Campoo de Enmedio, Pesquera, Santiurde de Reinosa, San Miguel de Aguayo, Bárcena de Pie de Concha, Molledo, Arenas de Iguña, Anievas, Cieza, San Felices de Buelna, Los Corrales de Buelna, Cartes, Torrelavega, Polanco e Suances.

O Besaya, do mesmo xeito que os principais ríos cántabros, orixina un val transversal á liña de costa que vai canalizando, a través dun gran número de afluentes, entre os que destacan o Bisueña, o Torina, o Erecia e o Llares. As augas procedentes da serra de Bárcenamayor, dos Altos de Haro, Mediajo Frío, Castrucos, Cildá e dos montes de Tejas, Dobra, Orza, Pedrazo e Rebujas.

No seu percorrido sur-norte, o Besaya atravesa permotriásticos, onde o río se encaga dando orixe a arenitos triásicos, un val en forma de "V" e de fortes pendentes. É nestes tramos, e en función dos acusados desniveis, onde se instalaron algúns encoros, que teñen un aproveitamento enerxético.

Por outra banda, fóra destes tramos, e en especial nos cursos medio e baixo, o Besaya discorre por extensas veigas, que en momentos de fortes avenidas dan lugar a catastróficas inundacións como as de outubro de 1983.[3]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Concellos máis poboados da comarca
Posición Concello Poboación
Torrelavega55.888
Los Corrales de Buelna11.622
Suances8.365

A poboación total da comarca alcanza a cifra de 98.579 habitantes, segundo datos do INE do ano 2010 (ver táboa). Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maior a menor, son: Torrelavega (55.888), Los Corrales de Buelna (11.622) e Suances (8.365). E os seus tres núcleos menos poboados, de menor a maior, son: Anievas (363), Bárcena de Pie de Concha (788) e Molledo (1.655), coincidindo estes últimos, coa parte situada máis ao sur da comarca.

  1. Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da Comunidade Autónoma de Cantabria. Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
  2. Gran enciclopedia de Cantabria. Páx. 264. (Tomo I) ISBN 84-86420-01-6
  3. Gran enciclopedia de Cantabria. Páx. 265. (Tomo I) ISBN 84-86420-01-6

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]