Comarca de Trasmiera
Comarca de Trasmiera | |
---|---|
![]() | |
Capital | Ribamontán al Monte |
País | ![]() |
Comunidade autónoma | ![]() |
Concellos | 19 |
Poboacion | 54.954 hab. (2005) |
Superficie | 557,97 km² |
Densidade | 98,48 hab/km² |
A comarca de Trasmiera (en montañés e historicamente: Tresmiera) é unha das comarcas históricas de Cantabria (España) situada ao leste do río Miera ata o río Asón. Esténdese entre as baías de Santander e Santoña, ocupando gran parte do litoral oriental de Cantabria. A costa deste tramo caracterízase polos seus cantís e as súas belas praias como as de Langre, Loredo, Isla, as de Noja e a de Berria en Santoña. Cara ao interior a comarca ofrece extensos prados así como un gran desenvolvo hostaleiro e campista.
A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]
Concellos[editar | editar a fonte]
Concellos máis poboados da comarca | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Posición | Concello | Poboación | |||||
1º | Santoña | 11.534 | |||||
2º | Medio Cudeyo | 7.201 | |||||
3º | Marina de Cudeyo | 5.065 |
- Argoños
- Arnuero
- Bárcena de Cicero
- Bareyo
- Entrambasaguas
- Escalante
- Hazas de Cesto
- Liérganes
- Marina de Cudeyo
- Medio Cudeyo
- Meruelo
- Miera
- Noja
- Ribamontán al Mar
- Ribamontán al Monte (capital)
- Riotuerto
- Santoña
- Solórzano
- Voto
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
Muíños de mareas en Argoños.
Argoños visto desde o norte, coas marismas de Santoña á esquerda.
Convento de Montehano, xunto ás marismas de Santoña e o Montehano ao fondo.
Praza do Marqués de Valdecilla en Liérganes.
Casa solariega en Liérganes.
Ponte romana en Liérganes.
Peña Cabarga vista desde Pedreña (Marina de Cudeyo).
Igrexa de Santa María Magdalena de Rucandio Riotuerto (século XVIII).
Praia de Berria desde o leste.
Palacio de Manzanedo, fachada lateral (Santoña).
Forte de San Carlos na entrada da baía de Santoña.
Penal de El Dueso, en Dueso (Santoña).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da Comunidade Autónoma de Cantabria" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de decembro de 2009. Consultado o 06 de novembro de 2011.