Comarca dos Valles Pasiegos
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 26.587 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 599 km² | ||||
A comarca dos Valles Pasiegos ou la Pasieguería é unha comarca histórica de Cantabria (España). Por esta comarca transcorren os ríos Pas e Miera. Limita ao norte coa comarca de Santander, ao leste coa do Asón-Agüera, ao oeste coa do Besaya, e ao sur esténdese por Espinosa de los Monteros na provincia de Burgos.
A comarca, tamén coñecida como Pas-Miera ou Pas-Pisueña-Miera, engloba os cursos altos dos ríos Pas e Miera, e está formada polos vales de Toranzo, Carriedo, Cayón e Pas. Cun carácter eminentemente rural, a súa poboación bascula cara a Torrelavega, Santander ou Laredo en busca de servizos. Destaca do lugar o val pasiego polas súas históricas características intrínsecas.
A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]
Concellos
[editar | editar a fonte]- Castañeda
- Corvera de Toranzo
- Luena
- Puente Viesgo
- San Pedro del Romeral
- San Roque de Riomiera
- Santa María de Cayón
- Santiurde de Toranzo
- Saro
- Selaya
- Vega de Pas
- Villacarriedo
- Villafufre

Demografía
[editar | editar a fonte]| Concellos máis poboados da comarca | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Posición | Concello | Poboación | |||||
| 1º | Santa María de Cayón | 7.377 | |||||
| 2º | Puente Viesgo | 2.522 | |||||
| 3º | Corvera de Toranzo | 2.199 | |||||
A poboación total da comarca alcanza a cifra de 23.257 habitantes, segundo datos do INE do ano 2006. Segundo os datos do mesmo ano, os seus tres núcleos máis poboados, de maio a menor, son: Santa María de Cayón (7.377), Puente Viesgo (2.522) e Corvera de Toranzo (2.199). E os seus tres núcleos menos poboados, de menor a maior, son: San Roque de Riomiera (461), Saro (510) e San Pedro del Romeral (561).
Galería
[editar | editar a fonte]- Nacemento do Pas desde Castro Valnera.
- Vista de Pomaluengo (Castañeda).
- Colexiata de Santa Cruz de Castañeda, fachada occidental.
- Colexiata de Santa Cruz de Castañeda, fachada oriental.
- Colexiata de Santa Cruz de Castañeda, a portada.
- Val de Santa María de Cayón.
- Vista de La Penilla con Santander ao fondo.
- Vista de Villacarriedo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lei 8/1999, de 28 de abril, de comarcas da comunidade autónoma de Cantabria. Arquivado 12 de decembro de 2009 en Wayback Machine.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vallespasiegos.org (en castelán)
- Vallespasiegos.com (en castelán)
