Cortegada, Silleda
Cortegada | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Cortegada. | |
Concello | Silleda[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°40′07″N 8°14′12″O / 42.66852101, -8.23658608 |
Poboación | 242 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Santa María de Cortegada é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o IGE de 2011 tiña 273 habitantes (143 mulleres e 130 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 375 habitantes.
Historia e patrimonio
[editar | editar a fonte]Destacan os gravados rupestres de Pena Longa e do Castro do Cura no lugar de Cardigonde. No lugar de Camporrapado tivo lugar unha feira o día 24 de cada mes.
En canto á arquitectura, destacan a igrexa de Santa María, do século XVI; e as capelas de Santa Lucía en Framiñan, dos Aflixidos en Camporrapado, de 1812; e de San Brais, na Casa dos Chaos, no lugar do mesmo nome.
Nesta parroquia naceron o político Antón Alonso Ríos e o médico Alfredo Ramos López, ambos no lugar de Camporrapado. Ademais, ten lugar a Festa da Paella, iniciando as festas parroquiais.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Cortegada, Silleda.
-
Fachada da igrexa de Cortegada.
-
Reloxo de sol da igrexa de Cortegada.
-
Peto de ánimas de Cortegada.
-
Casa grande de Fontemaior, no lugar de Covas.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Cortegada
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Cortegada no concello de Silleda (Pontevedra) | |
---|---|
O Barral | A Brea | O Burgo | Camporrapado | Cardigonde | Os Chaos | Cortegadela | Covas | Fondevila | Framiñán | A Pena | Regalade | A Revolta | Segade | Xubín |