Saltar ao contido

Correola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Correola
Convolvulus
Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Nome común
Correola Editar o valor en Wikidata
 Categoría taxonómica
 Tipo taxonómico
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeSolanales
 FamiliaConvolvulaceae
 XéneroConvolvulus Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Convolvulus Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/02hs_9 Editar o valor en Wikidata
MeSHD031254 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2778615690 Editar o valor en Wikidata
ITIS30701 Editar o valor en Wikidata
OTT1071034 Editar o valor en Wikidata
CoL3TL7 Editar o valor en Wikidata
EOL60669 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-4000009203 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons
Correola tricolor
Convolvulus tricolor

As correolas son plantas pertencentes ao xénero Convolvulus que conta cunhas 250 especies de plantas de flor na familia Convolvulaceae. Distribúense en moitas rexións temperadas. Son plantas de porte fino e miúdo, rubideiras e moitas con hábitos rastreiros. Teñen follas simples, en espiral e flores anchas con forma de trompeta.

Comúns en Galiza, reciben tamén os nomes dialectais de corriola, corregola e corregota[1].

Descrición

[editar | editar a fonte]

Son plantas anuales ou perennes de porte herbáceo ou rubideiras e algunhas especies de maior porte arbustos, acadando de 0,3 a 2 m de altura. As follas distribúense en espiral, e as flores teñen forma de trompeta, presentando especialmente cores brancas e rosadas, mais tamén azuis, violetas, púrpura ou amarelas nalgunhas especies.

Moitas das especies de Convolvulus están consideradas como herbas daniñas, que poden sufocar e abafar outras plantas máis valiosas gabeando nelas. Porén algunhas especies cultívanse coma ornamentais en xardinaxe, grazas ás súas atractivas flores.

As especies de Convolvulus serven de base na alimentación de larvas dalgunhas especies de lepidópteros incluída a especie furadora de follas Bucculatrix cantabricella que se alimenta exclusivamente da especie Convolvulus cantabricus.

Etnografía

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]

Teño unha hèrba n'a hòrta

que lle chaman correòla.

Para falar ti comigo,

còmprech'un ano d'escòla[2]

Algunhas especies comúns en Galiza

[editar | editar a fonte]

Listaxe xeral de especies

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Juan Cuveiro Piñol (1876): Diccionario Gallego, Barcelona
  2. referíndose quizais aos chantaxes. Recollido por Marcial Valladares Núñez en 1884, no seu Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
  3. Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000
  4. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  5. Marcial Valladares Núñez chámaa: hèrba ròquéira (1884) no seu: Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para soldanela.
  7. Listaxe completa de especies

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]