Cornelis Biezeno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cornelis Biezeno
Cornelis Benjamin Biezeno.jpg
Cornelis Biezeno
Datos persoais
Nacemento2 de marzo de 1888
LugarCoat of arms of Delft.svg Delft
Flag Zuid-Holland.svg Holanda Meridional
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos.
Falecemento5 de setembro de 1975 (87 anos)
LugarCoat of arms of Wageningen.svg Wageningue
Flag of Gelderland.svg Güeldres
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos.
ResidenciaDelft
NacionalidadeHolandesa.
Actividade
CampoEnxeñaría mecánica e Matemática aplicada
Alma máterUniversidade de Tecnoloxía de Delft
Alumnos de teseWarner Koiter
Adriaan van Wijngaarden
Contribucións e premios
Coñecido porEstudos sobre a estabilidade das estruturas elásticas.
Premios- Doutor honoris causa por: Gante, Ámsterdam e Libre de Bruxelas.
- Medalla Timoshenko
editar datos en Wikidata ]

Cornelis Benjamin Biezeno, nado o 2 de marzo de 1888 na vila surholandesa de Delft e finado o 5 de setembro de 1975 en Wageninngue, provincia de Güeldres, foi un matemático holandés, destacado profesor da Universidade de Tecnoloxía de Delft.[1]

Destacou principalmente polos seus estudos dedicados á teoría da estabilidade das estruturas elásticas.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Biezeno estudou matemática aplicada e teoría da elasticidade na Universidade de Tecnoloxía de Delft (TU Delft) entre 1904 e 1909, onde resultou graduado cum laude. Ao pouco tempo, comezou a exercer nesta mesma institución como profesor titular, primeiro da materia de Resistencia dos Materiais e despos de Matemáticas, e en 1914 obtivo a cátedra de Enxeñaría mecánica. Fointamén reitor da devandita universidades, en dous períodos, entre 1937 e 1938 e, posteriormente, de 1949 a 1951.[2]

Biezeno dedicouse primeiro á resolución por métodos xeométricos de problemas de mecánica estática, deixando ao lado os principios de enerxía (e, particularmente, o principio dos traballos virtuais) que era algo  demasiado abstracto. O tratado que escribiu con Richard Grammel, Technische Dynamik (1939), que foi unha referencia no ámbito xermano posterior á segunda guerra mundial, é unha testemuña desa dedicación.

A lectura do tratado de elasticidade de Love e o continuo perfeccionamento das máquinas calculadoras convencérono, no entanto, do maior interese do enfoque analítico que do xeométrico.[3]

A partir de aí, dedicouse ao estudo da estabilidade das estruturas elásticas, continuando as investigacións iniciadas neste campo por Richard Vynne Southwellen 1913.[4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Biezeno foi un dos organizadores do I Congreso Internacional de Mecánica Aplicada (Delft, 1924). Foi nomeado doutor honoris causa polas universidades de Gante, de Ámsterdam e a Libre de Bruxelas. En 1939 entro a formar parte do Real Instituto de Ciencias dos Países Baixos e en 1960 foi galardoado coa Medalla Timoshenko, xunto co seu estreito colaborador Richard Grammel.[5]

A Real Sociedade Neerlandesa de Enxeñeiros (KIVI) instituíu o Premio Biezeno de Mecánica Sólida (Biezeno Solid Mechanics Award) como recoñecemento ao labor deste científico pioneiro nas investigacións en mecánica sólida nos Países Baixos.[6]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Technische Dynamik. Springer Verlag, 1939 (en colaboración con Richard Grammel).
  • Engineering Dynamics (catro volumes). Glasgow: Blackie, 1955-1956 (en colaboración con Richard Grammel).
  • Editor de: Proceedings of the First International Congress for Applied Mechanics. Delft, 1924.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cornelis Benjamin Biezeno (1888-1975)". En KNAW Past Members (en inglés)
  2. Bruggemans, J.S. Inventaris van de archieven van de Technische Hogeschool te Delft. Nationaal Archief Den Haag, 1983. Overzicht van de rectores magnifici tussen 1905 en 1959. Páxinas 139-141 (en neerlandés)
  3. Augustus Edward Hough Love. A Treatise on the Mathematical Theory of Elasticity. 1892 (en inglés)
  4. "Professor Cornelis Benjamin Biezeno (1888-1975)". En ShellBuckling.com (en inglés)
  5. "Timoshenko Medal". No sitio web da Sociedade Norteamericana de Enxeñeiros Mecánicos (ASME) (en inglés)
  6. "Biezeno Award for Solid Mechanics 2017". No sitio web oficial da Real Sociedade Neerlandesa de Enxeñeiros (KIVI) (en inglés)
  7. "Proceedings of the First International Congress for Applied Mechanics, edited by C. B. Biezeno and J. M. Burgers". Delft, 1924 (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Anniversary volume on applied mechanics, dedicated to C.B. Biezeno by some of his friends and former students on the occasion of his sixty-fifth birthday, March 2, 1953. Stam, 1953 (en inglés)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]