Corneira, A Baña
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Corneira | |
---|---|
Igrexa de San Cristovo de Corneira. | |
Concello | A Baña[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°57′11″N 8°48′14″O / 42.953, -8.8038 |
Área | 6,2 km² |
Poboación | 325 hab. (2016) |
Densidade | 52,42 hab./km² |
Entidades de poboación | 16[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Cristovo de Corneira[1] é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés da Baña na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal de 2015 tiña 325 habitantes (181 mulleres e 144 homes) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 496 habitantes.
Historia
[editar | editar a fonte]Os restos prehistóricos están presentes na mámoa e no petróglifo da Lagoa, situados no monte de Ferraces. Hai indicios tamén dun asentamento fortificado castrexo denominado Alto do Souto, pero as últimas prospeccións non foron moi frutíferas.[2]
No ano 1607 era anexo da parroquia de San Xoán da Riba. A igrexa parroquial correspóndese ao terceiro terzo do século XVIII, facéndose a capela maior no século XIX. Ao longo do tempo sufriu varias transformacións.
Arquitectura popular
[editar | editar a fonte]O pazo de Ferraces atópase en estado ruinoso, pero conserva un patín co corredor cuberto e as portas ornamentadas con arcos conopiais e escudo ovalado que evoca aos Romero e aos Moscoso. Conta cun pombal.
Hai barios muíños:[3] Porto Carros (moía todo o ano con auga do río Corneira), Sorubadas, da Braña, Vieiro (con augas do regato Foxá), de Vilar de Cerdeiras (rego de Foxos), do Baiares (rego de Foxos), de Ferraces, do Souto e de Vilanova.
Na parroquia hai un pombal de 12 pares, de Fausto García.[3]
Festas
[editar | editar a fonte]- 1º sábado despois de Corpus: Santísimo Sacramento.
- 3 de outubro: San Cristovo.
- 4 de outubro: San Francisco.
- 5 de outubro: San Roque, San Ramón e As Dores.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Corneira
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Corneira no concello da Baña (A Coruña) | |
---|---|
O Agriño | Agromaior | Os Barreiros | Corneira | O Couto Carballo | Ferraces | As Foxas | A Granxa | O Outeiro | A Piolla | Ponte Corneira | O Requeixo | Vilanova | Vilar de Cerdeiras | Vilar de Cima | Vilariño |
Parroquias da Baña
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "PXOM A Baña".
- ↑ 3,0 3,1 Rodríguez Troncoso, Amador. Os albores de Feiraco.