Liga de Campións da EHF 2010-11

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lenxass Arena de Colonia.
Interior do Lenxass Arena.

A tempada 2010-11 da Liga de Campións da EHF foi a 51ª edición da máxima competición continental de balonmán a nivel de clubs en Europa. O campionato arrancou en setembro de 2010 e rematou o 29 de maio de 2011 no Lanxess Arena de Colonia, onde tivo lugar a final a 4. A final enfrontou ó FC Barcelona Borges e ó BM Ciudad Real, co resultado final de 27 tantos a 24 a prol do conxunto catalán.

Formato[editar | editar a fonte]

O formato do torneo contou con 4 fases:

  • A primeira fase foi a Rolda de Clasificación, con 12 equipos divididos en 3 grupos, nos que só o primeiro equipo de cada grupo acadou o pase para a seguinte fase.
  • A segunda fase foi a Fase de Grupos. Os 24 equipos clasificados para esta fase divídense en 4 grupos, quedando cada grupo composto por 6 equipos. Dispútase unha liguiña, pasando os 4 mellores equipos de cada grupo á seguinte fase.
  • A terceira fase foi a chamada Segunda Fase ou Rolda de Eliminatorias. Esta fase comeza cos oitavos de final, e remata cos cuartos de final. Os 4 equipos gañadores pasan á seguinte fase.
  • A cuarta e última fase foi a final a 4, disputada no pavillón Lanxess Arena da cidade de Colonia. O sábado día 28 de maio leváronse a cabo as dúas semifinais, sendo a final e o encontro polo 3º e 4º posto o domingo día 29 de maio.

Rolda de Clasificación[editar | editar a fonte]

Nesta rolda participaron os equipos clasificados para a competición en última posición. Os encontros do grupo 1 disputáronse na cidade austríaca de Bregenz. Os encontros do grupo 2 disputáronse na cidade portuguesa de Porto. Os encontros do grupo 3 disputáronse na cidade alemá de Karlsruhe. Tódolos encontros leváronse a cabo entre os días 3 e 5 de setembro de 2010.

Fase de grupos[editar | editar a fonte]

Na fase de grupos comezou propiamente o campionato, cos 24 mellores equipos do continente, divididos en 4 grupos. Despois de que cada equipo disputase 10 encontros, os 4 primeiros equipos de cada grupo acadaron a clasificación para a seguinte rolda do campionato.

Segunda fase[editar | editar a fonte]

Oitavos de final[editar | editar a fonte]

Equipo local ida Resultado Equipo visitante ida Ida Volta
Kadetten Schaffhausen Suíza 58 - 61 Francia Montpellier HB 31 - 26 27 - 35
RK Zagreb Croacia 55 - 58 Alemaña Rhein-Neckar Löwen 28 - 31 27 - 27
FC Barcelona Borges España 54 - 51 Hungría MKB Veszprém KC 28 - 21 26 - 30
KIF Kolding Dinamarca 53 - 72 Alemaña THW Kiel 29 - 36 24 - 36
HSV Hamburg Alemaña 63 - 55 España Cuatro Rayas Valladolid 28 - 22 35 - 33
Rukometni Klub Bosna Bosnia e Hercegovina 39 - 61 Flag of Russia.svg Chejovskie Medvedi 22 - 31 17 - 30
SC Pick Szeged Hungría 46 - 60 Alemaña SG Flensburg-Handewitt 26 - 27 20 - 33
Chambéry Savoie Handball Francia 43 - 63 España Renovalia Ciudad Real 24 - 27 19 - 36

Cuartos de final[editar | editar a fonte]

Equipo local ida Resultado Equipo visitante ida Ida Volta
Montpellier HB Francia 55 - 62 Alemaña Rhein-Neckar Löwen 29 - 27 26 - 35
FC Barcelona Borges España 63 - 58 Alemaña THW Kiel 27 - 25 36 - 33
HSV Hamburg Alemaña 75 - 61 Flag of Russia.svg Chejovskie Medvedi 38 - 24 37 - 37
SG Flensburg-Handewitt Alemaña 46 - 59 España Renovalia Ciudad Real 24 - 38 22 - 21

Final a 4[editar | editar a fonte]

Final
Competición Liga de Campións da EHF
Tempada 2010-11
Estadio Lenxass Arena (Colonia)
Capacidade 19.250
Campión FC Barcelona Borges
Finalista Renovalia Ciudad Real
Resultado 27 - 24
Campión


Finalista


  Semifinais Final
             
28 de maio
 Rhein-Neckar Löwen 28  
 FC Barcelona Borges 30  
 
29 de maio
     FC Barcelona Borges 27
   Renovalia Ciudad Real 24
 
 
Terceiro e cuarto posto
28 de maio 29 de maio
 Renovalia Ciudad Real 28  Rhein-Neckar Löwen  31
 HSV Hamburg 23    HSV Hamburg  33


A final enfrontou a dous clubs españois por 5ª ocasión na historia da máxima competición europea de balonmán. Foi a 11ª final para o FC Barcelona, e a 5ª para o Ciudad Real.

A vitoria do FC Barcelona Borges na final desta edición 2010-11 da Liga de Campións da EHF supuxo o 8º máximo título continental para o club catalán, o cal redundou no seu liderato no palmarés histórico das competicións europeas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outras competicións continentais[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]