HSV Hamburg
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2017.) |
| HSV Hamburg | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Handball Sport Verein Hamburg e.V. | ||
| Cidade | Hamburgo, | ||
| Historia | 1999 | ||
| Fundado | 1999 | ||
| Pavillón | O2 World Hamburg (13.296) Sporthalle Hamburg (4.144) | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Competición | Handball-Bundesliga | ||
| Títulos | |||
| Champions League | 1 (2013) | ||
| Recopa | 1 (2007) | ||
| Handball-Bundesliga | 1 (2011) | ||
| DHB-Pokal | 2 (2006, 2010) | ||
| DHB-Supercup | 4 (2004, 2006, 2009, 2010) | ||
| Cores | Azul, negro e branco | ||
| Na rede | |||
| http://www.hsvhandball.com/ | |||
| Sitio web Sitio web oficial | |||
O HSV Hamburg é un equipo de balonmán da cidade de Hamburgo, Alemaña. Actualmente compite na máxima categoría do balonmán alemán, a Handball-Bundesliga.
O HSV Hamburgo non é unha sección do Hamburger Sportverein; só ten dereito de empregar o seu logo e as súas siglas para obter máis publicidade. Dende 2008 uniron os seus equipos de categorías inferiores no SG HSV Handball.
Historia
[editar | editar a fonte]O HSV Hamburg é a antiga sección de balonmán do VfL Bad Schwartau e o HSV Lübeck, fusionados en 1999 dando lugar ao SG VfL Bad Schwartau-Lübeck. En 2002 foron realoxados en Hamburgo para medrar e acadar un maior renome. Logo da resituación sufriron problemas financeiros e case perderon a licenza para competir na Primeira Liga de Balonmán de Alemaña.[1] Iso cambiou coa chegada de Andreas Rudolph como propietario e coa súa axuda financeira. En 2004 chegou o primeiro título da súa historia ao gañar a Supercopa de Alemaña tras derrotar o SG Flensburg-Handewitt por 24 a 25, sendo subcampión da Copa de Alemaña. En 2008 participou por primeira vez na Liga de Campións e acadou as semifinais, nas que caeu fronte ao BM Ciudad Real na eliminatoria disputada a dobre partido por 27-34 e 32-26. En 2013 o equipo logrou a súa primeira e única Liga de Campións até o momento logo de vencer o FC Barcelona por 20 a 29 no Lanxess Arena de Colonia.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1 Bundesliga: 2011
- 2 Copa de Alemaña: 2006 e 2010
- 1 Recopa: 2007
- 4 Supercopa de Alemaña: 2004, 2006, 2009 e 2010
- 1 Copa de Europa: 2013
Cadro de xogadores da tempada 2015-2016
[editar | editar a fonte]

| Nº | Nome | Nacionalidade | Posición |
|---|---|---|---|
| 1 | Johannes Bitter | Porteiro | |
| 2 | Kevin Schmidt | Extremo esquerdo | |
| 3 | Stefan Schröder | Extremo dereito | |
| 5 | Draško Nenadić | Lateral esquerdo | |
| 6 | Casper Ulrich Mortensen | Extremo esquerdo | |
| 7 | Matthias Flohr | Extremo esquerdo | |
| 9 | Piotr Grabarczyk | Pivote | |
| 11 | Allan Damgaard | Central | |
| 12 | Jens Vortmann | Porteiro | |
| 14 | Ilija Brozović | Pivote | |
| 16 | Justin Rundt | Porteiro | |
| 18 | Hans Lindberg | Extremo dereito | |
| 19 | Tom Wetzel | Lateral esquerdo | |
| 20 | Maciej Majdziński | Central | |
| 21 | Tim-Oliver Brauer | Pivote | |
| 23 | Pascal Hens | Lateral esquerdo | |
| 24 | Dener Jaanimaa | Lateral dereito | |
| 25 | Davor Dominiković | Lateral esquerdo | |
| 26 | Adrian Pfahl | Lateral dereito | |
| 28 | Felix Mehrkens | Extremo esquerdo | |
| 43 | Alexander Feld | Central |