Saltar ao contido

ABC Braga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
ABC Braga
Equipo do ABC Braga no Trofeo Concello do Rosal 2013
Nome completoAcadémico Basket Clube Braga
CidadeBraga, Portugal
Fundado1933
PavillónPavilhão Flávio Sá Leite
PresidentePortugal Luís Teles
AdestradorPortugal Jorge Rito
CompeticiónLPA
Na rede
http://www.abcdebraga.com/
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Local
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Visitante

O Académico Basket Clube Braga é un equipo de balonmán da cidade de Braga (Portugal). Actualmente compite na Liga Portuguesa de Andebol (LPA).

O club foi fundado o 29 de decembro de 1933, tendo ao longo da súa vida diversas modalidades deportivas coma o hóckey a patíns, baloncesto, atletismo, hóckey herba, voleibol, xadrez e patinaxe artística. O 6 de novembro de 1958 recibiu a Medalla de Ouro da cidade polo servizo prestado polo club á xuventude no ano das súas vodas de prata.

1960 foi un ano rico para o ABC. E non só en hockey a patíns ou no atletismo. O voleibol reapareceu tanto na categoría masculina como na feminina.

Hái pouco máis de dúas décadas, o hóckey a patíns era a modalidade raíña, chegando a ceder algúns atletas ás seleccións nacionais. En 1979 o ABC facíase representar en varias modalidades: balonmán, hóckey a patíns, baloncesto, voleibol, ténis de mesa, atletismo e ximnásia. Na tempada 1982-83 o ABC camiñaba cara a unha bipolarización en termos de modalidades practicadas: hóckey a patíns e balonmán.

Co ascenso á primeira división do equipo de balonmán, António Cunha foi o mentor do ABC tal cal o coñecemos. O troco da cor do equipamento de negro a amarelo provocou unha división no club, de xeito que algúns dos socios máis antigos abandonaron o club.

Ese foi posiblemente o prezo a pagar pola gloria. Apenas tres tempadas despois de ter acadado o título da segunda división, o ABC completou un ascenso meteórico coa conquista do primeiro dos doce campionatos nacionais de primeira división (1986-87).

En 1994 disputou a final da Liga de Campións da EHF co Teka Santander, na que perdeu en dobre partido, empatando a 22 na ida en Portugal, e perdendo a volta por 23-21.

Estes éxitos continúan a día de hoxe a converter ao ABC coma o mellor equipo de formación de xogadores de balonmán en Portugal, e unha referencia para o balonmán en Europa.

En xaneiro do 2009 o club recibiu a Medalha de Mérito Desportivo da Secretaría de Estado da Juventude e Desporto polo seut traballo deportivo e social na Gala do Club na que se conmemoraban as vodas de diamante.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]