Conversa usuario:Xosé/Arquivo0

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Benvido á Galipedia Xosé, toda a axuda nova e moi apreciada pola comunidade da wikipedia galega. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia galega en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nós necesites aí nos tes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:25, 6 Xan 2005 (UTC)

  • Conta tamen coa miña benvida, se seguimos asi isto medrará pouco a pouco, pero con bos artigos. un saudo e colabora cando poidas.--Xelo2004 19:28, 7 Xan 2005 (UTC)
  • Amigo Xosé, a pesar da mensaxe que che deixei na Taberna/técnica. Deixoche inxeria aquí o consello que --Prevert(talk) ten na súa paxina, é o seguinte: Por favor: engada a súa mensaxe na parte inferior da páxina e non se esqueza de asinar (co segundo botón pola dereita da caixa de edición http://gl.wikipedia.org/style/images/button_sig.png, ou con catro ~~~~, ou na parte inferior co primeiro signo pola dereita dos caracteres especiais).. haber se damos resolto o teu. Un saudo--Xelo2004 20:01, 3 Mar 2005 (UTC)

hexexese?[editar a fonte]

seica che pareceu moi estrepitosa a foto do Basilio o Grande, pois se che son claro, outra non ma poideron aportar mellor unhas monxas, tamen interesadas neste poxecto. metinlle escarner a estampiña e ahi vola pego. Non podo dcicir de quen é a pintura pois o ser da estampa, dise que é o basilio o grandes (sen contar outras estampas que teño xa escaneadas) e só da unha referencia cunhas letras e numeros (para que a imprenta as pida pos catálogo). Vin que te adicas as correccións, adezocho, pois un esta acostumado a ir moi deprisa nas cousas (cando pode) en non pararse moito a mirar. Pero tanto correxir pode confundir (e senón que llo pregunten a Confucio, que asi andaba de confundiu, je je); teño unha curiosidade, a palabra "hexexese" ¿saiuche por dicir algo ou trabucaches cunha palabra similar?. un saudo--Xelo2004 20:49, 7 Mar 2005 (UTC)

Ui, perdón, colóuseme un h- inicial. Dixen exéxese (carai que difícil é de escreber!) querendo dicer "interpretación bíblica/relixiosa". Máis ben seria "apoloxía", tes razón. No texto, que aparentemente era traducido, había un monte de opinións, louvanzas e xuízos históricos que algún día haberá que reexaminar. O da foto non era iso; o único, que creo que todas as fotos deberían levar un rodapé, sen excepción. E se se trata de reproducións de obras pois o autor, se é un fragmento, se cadra onde están expostas, etc. Xosé 22:03, 7 Mar 2005 (UTC)

  • Sego sen ter claro esa "exéxese", non te volverias a trabucar e querías decir "exérese". en cuanto o texto, nun principio estaba traducido (soio que na maioria das cousas difiere dunhas zonas a outras; pois no é o mesmo escribir cadarmo que cabicornar -aunque ámbalas dúas referense o mesmo-). De todolos xeitos sempre ha de haber que vaia a darlle máis a volta a tortilla (eu traduncin o artigo inicial mentres o copiaba dun libro -un martirioloxico romano-; tras de min veu outro e traduciu facendolle correcións e ortografía; agora ti; veremos quen é o seguinte). Tomas de conta sobor dos xuizos e louvanzas, tampouco teño nada que dicir salvo que na fonte donde foi tomada a información tampouco se reseñaba o autor, polo que nun principio haberá que abogar que sairon de alguén que estaba cercano a Basilio. Para o tema do rodapés, houba a sorte que Rocastelo (coido que seria simple casualidade) atinuou co autor e a obra. Eu só fixen un escaneo se puxen a foto pero non mirei en internet se habia a mesma e maila súa procedencia. un saudo--Xelo2004 23:09, 7 Mar 2005 (UTC)

Como responder ás mensaxes[editar a fonte]

Ola Xosé é costume na wikipedia responder ás mensaxes na páxina do usuario correspondente, iso permite que vexa un aviso de mensaxes novas. Séguese a ligazón da sinatura e logo prémese na lapela discusión, ou en sinaturas como a miña podes ir directamente premendo en talk. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:14, 8 Mar 2005 (UTC)

  • Non te preocupes todos temos cousas que aprender incluso os que levamos algún tempo aquí. Sobre a portada dicir que probablemente teñas razón. Creo que no noso caso (en comparación con outras wikipedias) poda ser por non ter artigos suficientes para enlazar ás categorías dispoñibles. Hai dous tipos de usuarios das wikipedias: os colaboradores e os lectores, a orientación da enciclopedia vai maís na liña dos primeiros e na Galipedia está claro que o número de lectores aínda é moi limitado. No futuro haberá que traballar nelo. Sería estupendo ter 10.000 artigos (con punto) no verán pero me temo que é unha cifra demasiado optimista. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:00, 9 Mar 2005 (UTC)

Firma[editar a fonte]

  • Imos ver. cando te rexistras (e che da o rexistro exitoso) daquela apareceche na parte superior da paxina do teu navegador un equeño icono (con forma de busto dunha persoa) e o caron o teu nome (alias); seguelle o apartado "as miñas discusións" e logo "preferencias". Pois ven, neste apartado "preferencias" as de ver un recadro da "información do usuario" e dentro del os seguintes apartados: "O seu correo-e*:" (o que teñas inxerido, e podes cambia-lo por outro); por abaixo tes un pequeno cadradiño e o seu carón "Deshabilitar o envio de correo-e doutros usuarios" (que por defecto non esta marcada); a seguinte abaixo apareceche "O seu alcume para sinaturas" (cambias o que hai e meteslle esto que che deixo preparado (sen as comillas, só o de dentro) "Xosé(talk)" e na seguinte de abaixo, onde pon "Raw signatures (without automatic link) deixalla marcada. Outra forma de asinar é engadindo dous guions (–) seguidos de 4 (~) ou no seu defecto marcando a tecla alt+126 catro veces. un saudo e haber se resolvemo-lo problema.--Xelo2004(talk) 16:07, 11 Mar 2005 (UTC)

PD: esto mesmo tamen aparece noutro lugar ondo deixaches a pregunta. --Xelo2004(talk) 16:07, 11 Mar 2005 (UTC)

  • Tamén no Portal da comunidade hai unha pequena explicación sobre como facelo. (Escribe na caixa alí indicada: [[User:Xosé|Xosé]]<sup>[[User talk:Xosé|(talk)]]</sup>) Saúdos. --Prevert(talk) 17:05, 11 Mar 2005 (UTC)

Trastornos da linguaxe[editar a fonte]

Tes razón faise como escribes na páxina de discusión do artigo. Cando atopes algunha ligazón escrita dese xeito é que aínda non foi corrixida, se a corrixes moito mellor. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 19:05, 18 Mar 2005 (UTC)

galipedia e galizionario[editar a fonte]

  • Sintoo, pensei que o artigo era así e que non terias pensado amplia-lo. Dende logo xa plantexei a postura de aunar a definicións básicas do galizionario cos artigo completos da galipedia, pero polo que estiven a ver aun ninguén se decantou por apoiar ou discuti-lo tema. saudo en sigue a colaborar coma os estas a facer--Xelo2004(talk) 21:10, 23 Mar 2005 (UTC)
  • grazas xa esta borrado o Chachachá, este tipo de artigos frustrados o unico que fan e crea-lo malestar entre os colaboradores da galipedia, coido que abonda que nonche diga mais. un saudo e ser ves algo por ahi sospeitoso fainolo saber--Xelo2004(talk) 14:11, 25 Mar 2005 (UTC)

Mondoñedo[editar a fonte]

Compañeiro estiven a ver un pouco o traballo que estar a realizar co concello de Mondoñedo, felicitote, e agradezoche que se podes, sigas a estructura que esta predifinida no concello de Abadín, tamén poderás comprobar que os concellos de Alfoz e Baleira seguen a mesma estructura. --Xelo2004(talk) 23:53, 25 Mar 2005 (UTC)

  • Tes razón no que me estas a explicar, de momento estaba correndo eu con ese estilo de información, pero debido a uns problemas familiares e o traballo non poco adicar todo o tempo que eu quixera este proxecto coma podes ollar na miña paxina persoal Anxo, podes se queres deixar os campos coa estructura do Concello de Abadín, en canto a entrelo de información xa se ira facendo, pois non é cuestión de que te rompas a texta, levao tranquilo. En canto o da Cova do rei Cintolo deixas a ligazón coma tes posto pero eu agregariao o apartado de historia Alfoz coma podes aprezar no deste concello e reseñado coma "vestixios arqueolóxicos", xa nos encargaremos de introduci-lo o nome dentro da parroquia que corresponda. En canto os mapas non os busques pois é unha creación cun programa de deseño e moita pacencia pero en internet no existen por nengures.--Xelo2004(talk) 00:32, 26 Mar 2005 (UTC)

Cadros[editar a fonte]

grazas Xose, a verdade tomei a outra alternativa pois a penas teño tempo e se che ei de dici-la verdade nen sequera me fixara nese detalle. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 22:52, 26 Mar 2005 (UTC)

Xudeu ou Francés[editar a fonte]

Consultei varias fontes a traves de internet, tanto a nacional coma a nivel internacional, e a conclusión que cheguei e reface-lo cambio que fixeches, se os autores e biógrafos, non se amosan dacordo ¿Quénes somos nós para dicir que é francés, xudeu, cristián ou pagán?.

Xornaleo[editar a fonte]

Tratarei de ver a ver que pasa con xornaleo. Xa me ocupo.--Agremon(contacto) 08:29, 29 Mar 2005 (UTC)

Deixeite na páxina de discusión unha posible ligazón. Un saúdo --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 11:49, 29 Mar 2005 (UTC)

Marc Chagall[editar a fonte]

A cuestión aparentemente insignificante da nacionalidade de Marc Chagall, encubre un problema de maior calado, que se presenta cando os datos poden parecer dubidosos. Con frecuencia as fontes de internet non son del todo fiables, nin a mesma wikipedia (véxase, por exemplo, o caso dos países que forman parte de Europa na wikipedia inglesa). É Marc Chagall francés, xudeo e/ou ruso?, penso que a redacción que máis se achega a realidade é: Marc Chagall, pintor francés, xudeo de orixe rusa.

Recoñezo que cando escribín a liña que reseñaba a morte de Marc Chagall non verifiquei que efectivamente tiña a nacionalidade francesa (pero digamos que hai un punto entre as licenzas que se toman os medios de comunicación continuamente, e a rigurosidade de verificar todos e cada un dos datos cando se creen certos -ollo, non digo que non se verifiquen-). Se nós poñemos o dato do nacimento dunha persoa nun artigo é porque é relativamente fácil de comprobar, e porque comunica unha información sobre esa persoa. Non é mesmo que sexa ruso que francés, se é francés intuímos uns rasgos definitorios distintos a ser ruso ou de Grenlandia. Os galegos sabemos moito diso, milleiros de galegos non naceron en Galicia.

En resumo, cada vez me gusta máis esta wikipedia!! porque por unha palabra pode abrirse un debate profundo. E dese xeito chegar ao dato certo. O museo Guggenheim na biografía de Chagall adopta a estratexia de evitar calquer dato que poida comprometer a reseña (esa é unha posible solución técnica, semella escasa na miña opinión http://www.guggenheimcollection.org/site/artist_bio_28.html ). Outros lugares como dicía Xelo2004 non se poñen de acordo. Para resolver o tema só queda buscar os medios para verificar se Marc Chagall era francés ou non. Sí era francés, nacionalízouse francés en 1937, por iso, creo que a redacción máis correcta é: Marc Chagall, pintor francés, xudeo de orixe rusa. Inclúe todos os datos relevantes en poucas palabras. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:38, 29 Mar 2005 (UTC)

Wikisource[editar a fonte]

Estou de acordo contigo en que os pregóns deberían estar na Wikisource, de feito non é moito pero si hai algo: o himno galego, esta é a páxina en galego da wikisource esta é a páxina en galego da wikisource , na categoría galego, saúdos.--Rocastelo 17:28, 29 Mar 2005 (UTC)


Pregóns[editar a fonte]

Ola Xosé! Pois sobre o estatuto legal non teño nin idea, eu só movín os pregóns de sitio. Os que os subiu foi Agremon, será mellor que fales con el do asunto. --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 17:33, 29 Mar 2005 (UTC)

Onde facer as propostas, onde debatir, onde ....?[editar a fonte]

Contesto aquí porque considero que é o lugar apropiado. Comezo por Wikisource, a explicación está aquí sobre wikisource. Polo tanto, ata que haxa máis material non ten sentido que apareza unha ligazón ao galego na portada de Wikisources. Con respecto ao nome, esas decisións son da comunidade, como non hai comunidade alí e ata agora non houbo ningunha proposta non se debatiu.
Sobre as discusións: hai lugares que están marcados para iso como Wikipedia:A Taberna, na parte superior indica en que lugar deben ir os temas, logo está Wikipedia:Mantemento onde van cuestións como a de mover a wikisource. Moitos dos debates transcurren nas páxinas dos usuarios, resulta máis fácil seguilos (polas mensaxes de aviso. Normalmente os colaboradores consultan as páxinas de discusión doutros usuarios. Cada wikipedia ten unhas características propias e nesta é así). Hai temas moi concretos que se poden seguir nas discusións dos artigos pero se abren outras posibilidades é normal que salten dun sitio a outro. O problema das páxinas de discusión dos artigos é que algunhas mensaxes pódense "perder" ao quedar camufladas no listado de cambios recentes. (Está na natureza do proxecto que aparezan mensaxes en lugares que non lle corresponden, non todos interpretamos as cousas do mesmo xeito e iso hai que comprendelo. Ese grado de comprensión é necesario senon acabaríamos en "guerras" coma noutros lados).
Non creo que falte organización, ao contrario, a medida que a enciclopedia medra todo está mellor organizado. E ir dunha parte a outra da Galipedia é normal, neste momento no que estamos a wikipedia galega aínda resulta "manexable". Cando pasen uns días xa terás unha visión de conxunto de como está todo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:49, 29 Mar 2005 (UTC)

- Comezo da mensaxe:

Penso que Galifontes non é apropiado porque recorda imediatamente a "galifantes" (a non ser que ninguén se lembre daquel programa de TVE con Sardá, claro). Xosé(Falarlle)

- Fin da mensaxe.

  • Entón corrixín varias edicións feitas por tí. Pregunteiche o da sinatura porque non encaixaba co teu xeito de editar. Se cadra é como na película de Jerry Lewis (O profesor chiflado, 1963) tes dobre personalidade (desculpa a licenza, só quería darlle un toque de humor). A explicación de todo isto é que cando se ven edicións feitas desde IP's hai que comprobalas sempre, porque os casos de vandalismos soen vir dese tipo de enderezos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 13:51, 30 Mar 2005 (UTC)


  • Ao final, parece que non me trabucara. Era raro que unha persoa que se preocupa pola precisión nun matiz fixera unha edición coma A Mezquita. Con respecto ás conversas, esta é unha wikipedia pequena e nuns días coñecemonos todos, así que xa verás como dun xeito natural hai unha división do traballo e das zonas da Galipedia polas que imos editando. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:35, 30 Mar 2005 (UTC)


de User talk:Sobreira[editar a fonte]

  • Corroboro o que lle dis a User talk:Alyssalover, tamen no subcampo F. ARTICULATORIA. Tamen me sorprende "iotizacion", eu nunca o vin, pero podo supoñer que resulte ser un sinonimo de "palatalizacion". Por iso mesmo non creo que sexa sinonimo de "iotacismo". As duas palabras parecen estar formadas con "iota" (letra grega), pero o segundo termo parece ter o mesmo mecanismo de formacion que "rotacismo" ou "betacismo": "ro"/"iota" (letras gregas) + "-tacismo" (proceso de tendencia a un punto de articulacion fonetico). O caso de "iotizacion" dame a impresion de que sera un fenomeno mais ben psicolinguistico e individual: parece refirirse a alguen cun "defecto" cando fala, que palataliza moitas palabras e que "fala co i". En Galicia estase dando o fenomeno contrario: "despalatalizacion" do "X".
  • Visitei Fonoloxía: Alófono non leva H;
  • Noraboa polo traballo neses dous artigos. Xa me porei en contacto contigo mais adiante (agora teño que centrarme en "Historia da lingua" e "Terminoloxia"), que parece que tes idea de linguistica, por se resulta posible e/ou util organizarnos entre nos. Pregunto: ¿que che parece a categorizacion (xa votada pero imoslle facendo parches provisionais)? ¿achas algo en falta (cando rematou a votacion, decateime de que faltaba a categoria "NORMALIZACION LINGUISTICA", e iso que xusto viña dun congreso do tema en febreiro?
  • Perdon por escribir sen tiles, pero o meu PC onde estou agora non pode. Saudos.

--Sobreira 18:43, 1 Abr 2005 (UTC)

Iotización[editar a fonte]

Segundo a wiki inglesa a Iotation é un tipo de palatización dada nas línguas eslavas. Agora que o penso, unha traducción mellor podería ser iotificación ou cecais iotación, eu son da rama tecnolóxica así que non sabería dicir cal é a correcta ¿ti que pensas? --Alyssalover(fálame) 20:57, 1 Abr 2005 (UTC)

  • Comenteino cun profesor. Lembroume que en galego se diría iodización, xa que se interpreta coma baseado no iode. Iodización e palatalización non son iguais, nin tampouco un está contido dentro do outro

--Sobreira 13:30, 4 Abr 2005 (UTC)

GRAZAS XOSÉ[editar a fonte]

Vexo que coincidimos en varias cousas, mesmo no apelido--Osk 11:29, 15 Abr 2005 (UTC)

Asteroides[editar a fonte]

Ola, Xosé. ata a próxima semana non estarei dispoñble. se queres, arranxa o que me dis dos asteroides. Ata pronto.--Agremon(contacto) 00:49, 20 Abr 2005 (UTC)

Conflitos de edición[editar a fonte]

Cando hai un conflito de edición non tes porque perder o traballo que fixeches, coa opción back/atrás/retroceder do navegador podes recuperar a caixa de edición anterior ao conflito (e copiar e pegar o texto escrito). Saúdos. --Prevert(talk) 20:26, 22 Abr 2005 (UTC)

  • Cando son pequenas cousas como as que citas si hai que refacelas. Non soe ser problemático, iso non quere dicir que non se poida facer o modelo que propós. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:06, 22 Abr 2005 (UTC)

Vesta[editar a fonte]

Xa tes Vesta (deusa) en Vesta. Penso que no tema dos asteroides hai que seguir a proposta de Rocastelo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:01, 23 Abr 2005 (UTC) Xa vexo que o es arranxado. Un saúdo.--Agremon(contacto) 19:30, 27 Abr 2005 (UTC)

Fusións[editar a fonte]

Dentro do mantemento iso chámase Wikipedia:Artigos duplicados e séguese o proceso exposto en mantemento - fusións. En primeiro lugar decídese cal dos artigos queda e despois combínase o texto de ambos, logo a páxina de historial do artigo que se vaia a eliminar copíase e pégase na páxina de discusión do artigo que queda (Exemplo: Talk:Noruega - Noreg, neste caso están pegados os historiais de dúas páxinas). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:07, 24 Abr 2005 (UTC)

Cornide Saavedra[editar a fonte]

Mira a ver se así queda ó teu gusto: Fixen unha redirección den Cornide Saavedra para José Andrés Cornide Saavedra despois de adoitar o que poñia esa páxina na outra. Un saúdo.--Agremon(contacto) 19:38, 30 Abr 2005 (UTC)

De acordo. Deixareino así.--Agremon(contacto) 19:54, 30 Abr 2005 (UTC)

5000[editar a fonte]

Aínda nos queda moito por mellorar, pero estamos conseguindo que isto vaia por bo camiño. Hai zonas da Galipedia onde temos moito que facer. Confio en que poidamos chegar aos 10.000 e que teñan a calidade suficiente. A este ritmo (que é o máis rápido acadado na Galipedia: 41 días para pasar de 2000 a 3000 artigos, e o mesmo tempo para pasar de 4000 a 5000) necesitamos 205 días para duplicar as entradas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:23, 1 maio 2005 (UTC)

Bots[editar a fonte]

O que puxeches na túa páxina de bot sobre como funcionaba está ben (penso que agora deberías eliminala), pero creo que esa información debe circular polo correo electrónico (coa opción da esquerda 'Envíar un correo-e a este usuario') en lugar de estar nas páxinas, como ocorre noutros wikis. É unha medida para evitar o vandalismo dos robots. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:33, 1 maio 2005 (UTC)

  • Estou de acordo co que di Prevert. Como podedes comprobar neste momento estou empregando o bot Interwiki.py para por automáticamente enlaces interwiki. Se vos interesa explícovos por correo como funciona, aínda que non ten demasiada ciencia :) Por certo, vou a escribir a un dos Stewards para solicitarlle o cambio na conta do meu bot, se non vos importa, solicitarei tamén os vosos e así aforramos tempo ;) Saúdos --Alybot 14:51, 1 maio 2005 (UTC)
  • Noutros wikis houbo problemas co vandalismo dos bots, digamos que unha medida de prudencia. Os danos que poden producir operados maliciosamente son potencialmente moi grandes. Con respecto ao outro comentario supoño que te refires a que noutras wikipedias teñen unha política de bots, en principio non creo que haxa problemas para rexistrar os bots se a petición a fai un administrador. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:13, 1 maio 2005 (UTC)

Talk:Galego movida a Talk:Galego/O alfabeto[editar a fonte]

Non entendo este cambio de enderezo. Galego está no espazo de nomes principal (Main, aínda que non apareza escrito nos enderezos das páxinas) e nese espazo non se permiten subpáxinas (salvo casos especiais, é en realidade non funcionan como subpáxinas). En cambio en Wikipedia: , User:,..., son posibles subpáxinas, iso nótase porque aparecen uns pequenos vínculos á páxina principal na parte superior. Exemplo: Wikipedia:Galego/O alfabeto apunta a Wikipedia:Galego. (Os espazos de nomes permiten tratamentos especiais en MediaWiki). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 16:47, 1 maio 2005 (UTC) Continuación: a páxina de discusión sí está nun espazo de nomes que permite subpáxinas (Talk:) pero tal como está implicaría que tería que haber a páxina Galego/O alfabeto que é a que fai referencia o meu razonamento anterior. Saúdos. --Prevert(talk) 16:54, 1 maio 2005 (UTC)

  • O espazos de nomes diferencian as páxinas polo prefixo, non é o mesmo Galego/O alfabeto que Wikipedia:Galego/O alfabeto. Tí estás traballando en Wikipedia: onde se poden crear subpáxinas, mentres que en Main: -o espazo onde se xeneran os artigos- non se debe (os artigos non aprecen escritos como Main:Galego, o sistema asume que se escribes Galego sen prefixo estás en Main:). En m:Help:Namespace tes máis información sobre o tema. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:03, 1 maio 2005 (UTC)
  • Creo que xa entendo o que pasou. Falas do que se rexistrou así:
(undo) (hist) . . Talk:Galego movida a Talk:Galego/O alfabeto; 18:36 . . Xosé (Talk)

Se te fixas, ten a mesma hora que o movimento de Wikipedia:Galego a Wikipedia:Galego/O alfabeto. Penso que se pode tratar dun fallo de software, pois eu non o fixen manualmente. Supoño que estaba seleccionado que se movese a páxina de talk de Wikipedia talk:Galego para Wikipedia talk:Galego/O alfabeto pero que por un fallo o que sucedeu foi que se moveu a páxina talk:Galego e daí ven esta confusión. Pode ser?

A outra opción é que volvin a meter a pata :¬\ Xosé(Contacto) 17:19, 1 maio 2005 (UTC)

  • Sí era iso o que eu dicía, entón vou desfacer ese movimento. É curioso que o software fixera ese cambio, haberá que estar atentos se se produce outra vez. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:23, 1 maio 2005 (UTC)
  • Esta mensaxe é para anular a mensaxe anterior, xa fixen unha proba de mover de sitio a páxina do alfabeto e segue sen contabilizala nas estatísticas. Fai a normativa como estaba pensado ao principio. Estou pensando noutra solución con outros nomes de páxina sen estar no espazo de nomes wikipedia pero aínda non sei se paga a pena o cambio. (Por certo, o software fallou outra vez no mesmo de onte, moveu talk:galego outra vez. Fixenche unha solución para os epígrafes das cabeceiras pero xa vín que non chegaches a úsala). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:00, 2 maio 2005 (UTC)

adminaracion[editar a fonte]

ola, Xosé. ¿É realmente adminaración ou admiración? Ó mellor tes que revisa-la ligazón. Un saúdo --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 21:50, 1 maio 2005 (UTC)

Galego e Editor[editar a fonte]

Tes razón creo que o problema do arquivo .py ten que ver coa codificación dos caracteres, aínda non o probei pero penso que vai por aí. Sobre as páxinas de galego, creo que unha vez que acabes hai que pensar en restruturar esa zona, porque hai un curso de galego incompleto, e dentro de ese curso hai un artigo que se titula breve historia do idioma galego que está mellor -na miña oipinión- que o actual galego. Penso que sí, que habería que enlazar coa normativa desde él. Agora non teño tempo para facer a proposta de debate que suxires na taberna, en canto teña un oco poño unha mensaxe. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:18, 3 maio 2005 (UTC)

  • Outra vez tes razón, aínda queda moito por facer. Non somos moitos e hai lagoas por cubrir, supoño que pouco a pouco conseguiremos ir quitando algo de vermello desa páxina. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:33, 3 maio 2005 (UTC)

bots[editar a fonte]

Acábanme de comunicar que as nosas contas User:Alybot User:Prebot e User:XoseBot xa teñen status de bots ;) --Alyssalover(fálame) 12:48, 5 maio 2005 (UTC)


Galego/Verbo[editar a fonte]

¡Ola, Xosé! Gustaríame saber de onde sacaches os nomes dos tempos verbais... Nos meus dicionarios (xerais e galaxia) empregan os seguintes (en orde coma os tes ti). Indicativo: presente, imperfecto, perfecto, pluscuamperfecto, futuro, futuro hipotético. Subxuntivo: presente, imperfecto, futuro. Agradecería que lle botases unha ollada. Un saúdo, --Luisinho(✍ ir á miña discusión) 18:21, 7 maio 2005 (UTC)

CASOTA DE FREÁNS[editar a fonte]

O de Lema supoño que será unha errata de imprenta. O nome é Casota de Freáns, anque os outros que apuntas como Casota dos Mouros ou Casa dos Mouros poden tamén corresponderlle. O da imaxe xa é máis complicado, a ver si lle boto un vistazo a Lema para ver que lle pasou, pode tratarse doutro erro. Subirei unha imáxe da Casota para ilustrar o artigo DOLMEN e comproba se son similares, coido que non. A imaxe que ti subiches non sei se será doutro dolmen que está preto? (25 km) do de Berdoias, en Aprazadoiro (Laxe) Moitas grazas polo teu interese--Hispanitas 21:17, 7 maio 2005 (UTC)

Imaxe[editar a fonte]

Da foto tenme bastante desconcertado o entorno, sobre todo o corte de terra da parte dereita. Canto tenpo fai que sacache-la foto? Hai un ano ou ano e pico que abriron unha pista por diante do dolmen (podese ver na miña foto) e iso pode ser o que me confundiu. Perdoa. en canto ó nome consultei algunhas fontes e é Freáns ou casa/casota dos mouros. A edición que tes de lema está en galego ou en castelán?

Fotos en táboas[editar a fonte]

O texto que mencionas tomado de Wikipedia:Como facer táboas#Disposición das imaxes penso que se refire a unha situación anterior, na que para poñer a un lado ou a outro usábase a táboa, non ao caso de varias imaxes. Iso está evolucionando e apareceu a etiqueta gallery que por agora non permite moitas modificacións, en versións novas de MediaWiki terá máis funcións. De todos os xeitos sí pode escribirse un código css para colocar as imaxes. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 10:09, 8 maio 2005 (UTC)

  • Fixen unhas cantas probas con código css e o resultado é que non se consigue un código suficientemente sinxelo para que sexa manexable. Nas probas atopeime con outras posibilidades que teñen que ver con novidades de MediaWiki que poden ser moi útiles no futuro, cando estean completamente desenvolvidas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 11:29, 8 maio 2005 (UTC)

CASOTA DE FREÁNS[editar a fonte]

A pista non está asfaltada, é de zahorra e por sorte non se pode acceder con coche. a sinalización continúa coma cando ti fuches, hai unha sinal en Berdoias , logo o cancelo no camiño e para adiante á boa de Dios. Polo menos sí cortaron as silvas que rodeaban ó dolmen. o libro de Lema coñezoo, e moi bo, sacando algúns erros de impresión, non atribuibles ó autor senón ós encargados da edición. Con todo dos da serie de Neria e dos mellor editados, o que sacaron o ano pasado dos cruceiros da pena velo (fotografías que non se correspondes cos pes, e outros erros graves coma encabezamentos e pes precedentes de outros libros...) Sabes que cerca da Casota apareceron dous paneias de petroglifos impresionantes?

Osvobodilna fronta[editar a fonte]

Eu sei un pouquiño de alemán. Se me dis onde atopar eses textos podería tentar traducir algúns anacos ;) --Alyssalover(fálame) 16:26, 13 maio 2005 (UTC)

Thank you for adding OF to your WP! Regards, --Klemen Kocjancic 16:32, 13 maio 2005 (UTC)

  • Fixen unha pequena ampliación pero pouca cousa, dado que as páxinas en alemán que atopei contiñan unha información escasa e pouco precisa sobre a OF e outras simplemente eran páxinas anunciando unha serie de conferencias nas que interviña algún ex-membro do grupo. Un saúdo --Alyssalover(fálame) 18:20, 13 maio 2005 (UTC)

ion vs ión[editar a fonte]

Xose, dacordo 100%, mais eu referia-me á terminación -ión (por iso lle puxen o guion ao comezo), non a calquer ocorrencia dese texto. Un saudo --Xosel 17:38, 13 maio 2005 (UTC)

Lira[editar a fonte]

Se é o lugar o nome fórmase do seguinte xeito: lugar, parroquia, concello, se á a parroquia: parroquia, concello . Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:40, 20 maio 2005 (UTC)


Universais lingüísticos[editar a fonte]

  • Non seria mellor en singular? Non só se fala deles en singular.
  • É hierarquia?

--Sobreira 18:09, 20 maio 2005 (UTC)

--Sobreira 17:07, 21 maio 2005 (UTC)

Lic. As Catedrais[editar a fonte]

Para nada, non me habia esquecido, so que andaba a recaba-la información sobre do tema; no he nada doado, nin moito menos sinxelo, pero entre o traballo, es o pouco tempo que estou a adicar a este proxecto, fan que me retrase nos artigos. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:39, 25 maio 2005 (UTC)

Saúdos Xosé[editar a fonte]

Gracias por a túa axuda; vou seguir adiante coa traducción tal como te entendín (espero terte entendido ben), por se acaso penso que non viría mal que se me supervisarades un pouco por que non teño moitos coñecementos deste medio. Andamos ahí, por que como estamos a ter moita axuda vosa, parécenos de ben nacido o ser agradecido e ademáis eu estou pola democratización da cultura e pola cultura democrática GaliciaWiki pretende ir nesta última liña, pero vai tan lento coma nos aprendemos. Gracias e un bico.Rañolas(talk) 09:43, 26 maio 2005 (UTC)

  • Andiven a poñer os enlaces tal como estaban na páxina es. e seguro que fixen algo mal porque quería que o enlace planeta fose a Terra (planeta) e debín cear outra páxina co mesmo nome ou duplicala ou algo así. Pido perdón polos meus erros, ¿podes comprobar a ver que fixen e darme un toque? Dime se axudo ou máis ben estorbo.Rañolas(talk) 10:46, 26 maio 2005 (UTC)

Un bico.

  • Hola outra vez Xosé:

Que bonito é que se perdoen os erros. Eu cando falaba do enlace non me refería a o enlace onde pon terra, senón a onde pon planeta por que pensei que se cadra era mellor que se dirixira a http://gl.wikipedia.org/wiki/Terra_%28planeta%29. Non sei, ocorreuseme.Rañolas(talk) 13:57, 26 maio 2005 (UTC)No primeiro caso o de terra eu diría que se refire a terra material pero non o pensara ata que ti mo dixeches. ¡Que maravilla!. Pero... ¿¿teño que decidilo eu??

Outro bico.

Grazas[editar a fonte]

Xa esta arranxado o artigo Vilasobroso, Mondariz; recuperi o traballo que tiña feito Prevert; en canto o gracioso/a esta bloqueado por 7 días, haber se pensa mellor as cousas e consulta onde o facemos a maioría antes de des/facer un traballo. un saudo--Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 00:31, 29 maio 2005 (UTC)

Filmes e cancións[editar a fonte]

En realidade copieino da wiki francesa, eliminando as parénteses- nas wikis alemán e inglesa tamén veñen así (cando o seu nome coincide con outra referencia). Supoño que cando se fagan os artigos terá que haber un debate na Taberna sobre como o debemos facer nós, por certo coas presas púxeno mal, é filme (penso que é mellor empregar filme que película, entre outras cousas por ser máis corto, saúdos.--Rocastelo 19:45, 29 maio 2005 (UTC)

Quítasme un peso de enriba[editar a fonte]

Gracias por liberarme de responsabilidade. Saber que calquera pode modificar dame algo máis de seguridade, para elixir xa que así ningunha decisión miña será determinante. Mándoche saúdos e un bico.Rañolas(talk) 15:05, 31 maio 2005 (UTC)

Correo-e[editar a fonte]

xa che respondin. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 21:14, 6 Xuñ 2005 (UTC)

Cocer deuses gregos con fariña[editar a fonte]

Moitas gracias pola túa axuda Xosé. Parece que alguén se preocupou de facer unha páxina de desambiguación, e o problema xa non existe. Gústoume moito o teu sentido do humor. Eu non sei facer emotións pero que sepas que me fixeches sorrir.

Un bico. Rañolas(talk) 16:23, 13 Xuñ 2005 (UTC)

  • Gracias por a aclaración, todos os meus erros son produto da ignorancia. Se podes ocuparte ti de borrar a duplicación, ou dicirme como o fago eu o meu agradecemento dupricaríase.

De aquí en diante terei máis coidadiño con eso de subir fotiños. Ademáis resulta que hainas moi boas. Un biquiño.Rañolas(talk) 16:25, 17 Xuñ 2005 (UTC)

Eleccións pasadas[editar a fonte]

Non comprendo o por que quedou eso así. Estes días non teño moito tempo, pero correxireino en breve se antes non o fai alguén :-) --Agremon(contacto) 20:23, 21 Xuñ 2005 (UTC)

Ó final, resulta que fixen a traducción do das eleccións na wikimedia cnado ti xa a tiñas feita na Galipedia. Como non vin unha ligazón na primeira parte da páxina de wiimedia, púxenme a elo, e foi só despois cando notei que había unha ligazón na segunda parte.

En fin, por non mirar todo antes.

Un saúdo.--Agremon(contacto) 18:07, 29 Xuñ 2005 (UTC)

Non quedou moi ben, pero xa está amañado.--Agremon(contacto) 4 xullo 2005 20:43 (UTC)

Datas nas fotos da Coruña[editar a fonte]

Penso que sempre que se teña a data en que foi feita a fotografía é importante, axuda aos que non coñecen o lugar a facerse unha idea do aspecto do lugar en relación ao seu tempo, e que pode ter cambiado co paso do tempo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 3 xullo 2005 21:27 (UTC)

  • Evidentemente esa información é para os usuarios internacionais, non para os galegos. Afortunadamente desde hai un tempo a Galipedia comeza a ser fonte de información nalgúns artigos para outras wikipedias e outros sitios web. Por min, pode quedar como o deixaches pero a mensaxe era para explicar o criterio utilizado. Saúdos. --Prevert(talk) 3 xullo 2005 21:33 (UTC)

Normativa oficial do galego[editar a fonte]

  • Non me lembro se te felicitei polo traballo nesas páxinas, se non foi así aproveito esta ocasión para facelo. Máis tarde crearei unha categoría chamada Category:Normativa ofical do galego para agrupalas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:25, 22 agosto 2005 (UTC)
  • O resultado é moi valioso para a Galipedia, este tipo de traballo é o que permite que isto vaia adiante, en menos dun ano os artigos multiplicaronse por 4,5 aproxidamente. Ata vai a ser certo a túa previsión de que academos os 10.000 artigos axiña. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:41, 22 agosto 2005 (UTC)

Islam[editar a fonte]

Ola, Xosé. Islam non se acentúa porque é aguda e acaba en -m (eme). Acenturíase se acabase en -n (ene). Un saúdo, cóidate.--Xoán Carlos Fraga 16:46, 25 agosto 2005 (UTC)

aló vai Katrina[editar a fonte]

Saudos, Xose, Viches que puxen o Katrina. Traducinno da edicion portuguesa. Como lle estou a comentar a mais xente, utilizo un tradutor caseiro, especializado na wiki, e que non necesita nada mais que usar un ficheiro "word". É de balde(podes ver a miña paxina de usuario onde comento mais). Un saúdo e ánimo coa wikipedia.--XoseL 16:51, 3 setembro 2005 (UTC)

Correo[editar a fonte]

tes resposta o teu correo. --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 17:34, 8 setembro 2005 (UTC)

  • Desfixen a túa edición do ano 1, pero é posible que me precipitase, queres dicir que os cálculos de Dionisio son do ano 1 a.C., se é así pídoche disculpas.--Rocastelo 20:30, 10 setembro 2005 (UTC)
  • Xa corrixín o meu erro, disculpas de novo. Por certo no ano 1 parte dos interlinks remitían aos números non ao ano, supoño que será cousa dos bots e seguramente pasará no resto dos anos desa centuria.--Rocastelo 20:39, 10 setembro 2005 (UTC)
  • En realidade o dato puxérao eu, aínda que efectivamente está errado, para Dionisio ano 1 o que é o anno Domini, por marcar o comezo da era cristiá, pero non o ano do nacemento de Xesús.--Rocastelo 20:47, 10 setembro 2005 (UTC)

diérese[editar a fonte]

Ben sei o de que non é un asunto so da lingua grega, o que pasa é que ao estar eu traballando nun artigo sobre lingua grega no que aparecía ese concepto e non estar o artigo pertinente aínda feito, optei por ligalo ao do grego. Máis adiante, se alguén non o fai antes, crearei o da diérese ne xeral, onde poñerei un enlace ao do grego. Graciñas en todo caso polo aviso. Un saúdo.

encoro[editar a fonte]

Antes ca cousa ningunha, graciñas por a corrección,que por certo terias que darlle outro repaso. Unha cousa que nón teño clara e se acequia estaría correcto. Outra que tampouco teño clara e porqué despois de facer a correción nón lle retiras o cartel de "atención",pero doutores ten a Igrexa. Sen outra cousa,un saudo do Pelos--Pelos 21:49, 14 setembro 2005 (UTC)

Apertura de diafragma[editar a fonte]

  • Xa o sei, quedou en maiúsculas por erro. Os cambios feitos en exif non foron feitos como unha tradución senon para incluir os termos adecuados referidos a fotografía. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 20:20, 3 outubro 2005 (UTC)

Zócolo[editar a fonte]

No dicionario que uso (Cumio) aparece zócalo como castelanismo remitindo a zócolo, pero o problema é que non aparece unha definición informática específica, aínda que se pode deducir. Soquete non aparece.--Rocastelo 21:22, 5 outubro 2005 (UTC)

  • Teño que recoñecer que a min tamén me soou raro, o Cumio ás veces ofrece solucións que non aparecen noutros dicionarios e que poderían ser cuestionables, pero se noutros tamén aparece non haberá dúbidas--Rocastelo 21:52, 5 outubro 2005 (UTC)

Patafísica[editar a fonte]

Parabens, polo movemento do artigo; si é certo que as wiki's inglesa e francesa observan ese aspecto. Pero coido que tamén saberás que o resto das wiki's non o observan e mesmamente a RAE tampouco o contempla. Que che fai supoñer que leva apóstrofe?. --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 21:50, 17 outubro 2005 (UTC)

  • Concordo contigo na esposición, e máis aun en creares a redirección (xa que na wiki inglesa tamén o teñen arranxado nese sentido), parabens de novo; e como se di: "Home prevenido vale por dous". --Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:07, 17 outubro 2005 (UTC)


¡dIFICILES DE TRADUCIR![editar a fonte]

NO ,no son dificiles de traducir, solo es cosa de asimilar los nombres de manera adecuado, bueno salvo: Bambuco,Guabina, y Shiru{u, pero de resto Sajuanero creo que se diria Sanxuanero, Rajaleña pues traduzca Raja del verbo rajar o partir y leña que es lo mismo que palo de madera que no va a ser comercilizada sino metida al fogon, por ende si tienen traduccion, asimismo como Caña, este nombre deriva del nombre de la caña de azucar, asi que asi como se escriba caña en gallego asi se escribira el nombre de este ritmo musical y etc

ytodo es cuestion de astucia

atentamente

DGDIC

O poder do anel é moi forte[editar a fonte]

E ás veces caemos na tentación dos 10K. Estiven pondo algunha data neses anos. ¿Crees que será suficiente ou hai que enchelos moito máis? Saudos --Wikitom | Falar 09:53, 27 outubro 2005 (UTC)

Nós[editar a fonte]

Ola, que tal vai todo, engadín ao artigo Revista Nós que comenzaches ti unha sección de Historia (da revista), non sei que che parecerá pero a min dame a sensación que o artigo quedaría mellor de se restruturar, quizais cunha sección de Contidos ou outro nome que abranguera dende Dous eran os ámbitos... e que incluiría tamén o que puxen en Historia sobre as traducións e estaría ben outro apartado de Colaboradores (aínda que primeiro habería que buscar os nomes). Dime se estás de acordo, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 18:56, 7 novembro 2005 (UTC)

  • Si eu tamén teño a mesma impresión, supoño que é inevitable, pero estou contigo en que non hai que esquecer a calidade, non tería sentido medrar para nos dar gusto e esquecer aos lectores, xa modifiquei a estrutura do artigo, verei se atopo unha lista de colaboradores da revista.--Rocastelo(fálame aquí) 21:07, 7 novembro 2005 (UTC)
  • Como non tiven ocasión antes quería agradecerche o traballo que estás facendo, tanto na edición de artigos como na persecución do vandalismo. Tamén dicirche que me parece un estupendo traballo o que comentaches na taberna sobre os usuarios que comezaban por lamas. Supoño que en canto teñamos tempo teríamos que preparar algún material de axuda que servira para que proxectos coma ese se repetiran a longo de Galicia. Como sempre dicimos hai moito que facer e somos poucos colaboradores, pero se comparamos a Galipedia de hai un ano coa de agora nótase que avanzamos moito. Aínda que sexa paseniño seguiremos mellorando. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 00:09, 8 novembro 2005 (UTC)
  • Ola, acabo de mirar o dicionario Cumio e aparece bésta, así con acento, tes ti outras referencias? Vouna reverter, na páxina de discusión podes poñer as túas referencias para que se cambie a besta, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 18:21, 14 novembro 2005 (UTC)
  • Ola, fixen unha en bésta (homónimos), ao ser os dous significados principais armas, pareceume mellor creala así, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 18:38, 14 novembro 2005 (UTC)

Galiza[editar a fonte]

  • As boas, que non che parezca mal, pero o que espuxeches no resumo da "Wikipedia:Sobre Galicia/decembro 2005" como que resulta un tanto desesperanzador. Coidado é so un comentario, nada máis; pero no era mellor expoñe-lo na taberna/propostas?. Coido que a estas altitudes levas visto que a xente case sempre se limitar a copiar/traducir doutras wiki, polo que descuidan a información da nosa terra (quizais porque non teña, saiban, ou queiran poñer); por outras, a maiorías das acepcions expostas coma artigos da galipedia, parecen máis de galizionario que doutra cousas (quizáis o mellor non teñas e mesma opinión que eu). Pero lembro dun proxecto que tiña Prevert sobre artigos 5000 (ou algo semellante) que polo que puide apercebir ía co enfoque de dar máis os temas da casa que os temas de fora; proxecto que, polo de agora, esta aparcado. Eu pola miña parte tentarei rematar a historia de ano en ano (dende 1800 ate 1810; polo de agora estou co 1808, e no que tocarei algo galego como é Baiona), e logo rotarei, un concello, unha biografia, unha efemeride, un ano, e outras cousas que quedan por entremedias. O dito, era so un comentario, que se queres podes expoñe-lo a modo de proposta na taberna. Un saúdo.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 03:06, 24 novembro 2005 (UTC)
  • Tampouco pretendía decir que ti non fixeras artigos bos ou completos, tan só estaba a falar de xeito xeneralizado (aqui tamén me incluio eu). En canto a que volves tras algúns artigos para mellora-los, tampouco non digo nada (tamén eu teño que facelo moitas veces) pero a túa opinión coma a dos demáis usuarios conta para determinar que hai moito que traballar e sempre que moito por facer (mágoa que a xente que moitas veces se rexistra -e podelo olla na actualidade- non sintan a forza interior no vinculo que moitas veces a demanda dos artigos crean sobre da xente); e mesmamente semella que o que ven, parecelle que non ten nada que aportar (cando na realidade si que hai moito) e crea un rexistro coma quen firma nun libro de visitas. Saudos.--Xelo2004(Se non estás dacordo, dimo) 22:58, 24 novembro 2005 (UTC)

Cartes SVG[editar a fonte]

Bonjour. Je peux fournir une version svg de toutes les cartes que j'ai faites pour Wikipédia FR (voir ma page d'utilisateur). Il suffit de demander, mais je n'ai pas trop de temps en ce moment, donc ce ne sera pas pour tout de suite. 83.196.248.1 10:00, 24 novembro 2005 (UTC)

Artigo Destacado e Sobre Galiza[editar a fonte]

Grazas por facelos correspondentes ó mes de decembro. A ver se así a xente se anima a participar nas seccións da portada porque eu cada día teño menos tempo para colaborar. Sobre o que dis de que non hai moitos artigos bos, podes botarlle un ollo a User:Alyssalover/listaportada onde Prevert mais eu fixemos unha pequena lista que pode axudar a "ir tirando" durante un par de meses. Un cordial saúdo --Alyssalover(fálame) 11:43, 24 novembro 2005 (UTC)

  • Non só me parecería ben que fixeses os dos meses seguintes, senón que cho agradecería moito ;) Sobre o do sistema de escolla, podes engadilos na orde que queiras, nesa lista están ordeados alfabéticamente só para ter algo de orde pero iso non significa que se teña que seguir esa mesma orde á hora de engadilos á portada. Un cordial saúdo --Alyssalover(fálame) 14:59, 24 novembro 2005 (UTC)

trombón[editar a fonte]

hola xose son carloscercio pero realmente coñecenme por joe polo cal asinarei con ese nome era polo do artigo sobre o trombón quero preguntarche senon hai problema que amplie o artigo,traballo como profesor de trombon nun conservatorio e gustariame amplialo artigo a informacion collina de diversas fontes libros,revistas e tamén da wiquipedia un saudo joe