Conversa:Normativa oficial do galego

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Conversa Wikipedia:Galego»)

Untitled[editar a fonte]

Nas normas o nome da letra h aparece hache non agá.--Rocastelo 16:36, 1 maio 2005 (UTC)


ala una preguntica, no existe una norma intermedia que no acerque ni a españa ni a portugal? una norma que haga del gallego un idioma que se sienta autentico de si mismo?

    • Não porque o galego e o português são uma mesma língua e por isso todas as opções são ou galego-castelhano (como a norma oficialista é) ou galego-português. O galego é um idioma autêntico de si mesmo sem deixar de ser o que sempre foi: língua portuguesa.


ejemplo nosotros en macheneco usamos: masmu = mismo en neutro, masmua = mismo en femenino, masmuo, que es mismo en masculino, y creo que con esto le estamos dando bastante diferencia a nuestro idioma, por que se hablan cosas algunas en tres estados, y oteras que normalmente en español usarian en tres estados nosotros la usamos unificadamante

no sera uds podria crear algo asi tambien

ejemplo en lugar se mesmo y de mismo usar Nuosne, bueno es solo un ejemplo, no pretendo legislarle solo darles algunas ideas para separar de manera neutral el gallego de ambas lenguas ibericas.

suerte

bueno y el anterior era solo un ejemplo, no es que yo diga que sea el unico tewrmino a variar, suerte

att: DGDIC

  • Siento tener que decirle que lo que nos propone no está de nuestra mano; el proyecto ahí donde lo ve se atiene a las normativas liguisticas especificadas por la Real Academia Gallega. Se bien es cierto que una inmensa mayoría da las palabras que se utilizan en Galicia (ya sea en escrito, lectura y hablado) proceden del español (o castellano, llámese como más apropiado sea), existe no obstante otras de origen ciertamente gallego (eso sin contar algunas cuya raiz pueden proceder del portugues, el bable, el latín y otras afines). De hecho el Gallego es un idioma oficial para un reducto de habitantes (sin contar aquellos que por unas u otras causas se vieron avocados a la emigración a otros paises). En la actualidad aún se siguen apreciando el descubrimiento de nuevas palabras de origen celta, pero ello no impide de que la población popular las utilice hasta que la citada Academia las aprueve y pasen a ser de uso general al pueblo en sí. No se puede tener en cuenta, los dialectos de una misma zona (aquellas variaciones de una misma palabra cuyo significado es unitario) en un idioma base, que es lo que se emplea para trabajo de este proyecto. Espero que esta mediana respuesta le satisfaga. A/A: --Xelo2004(Se non estás dacordo dimo) 23:30, 5 outubro 2005 (UTC)

Mover a Galilibros[editar a fonte]

  • Talvez deba estar ali porque tampouco é un artigo ortográfico. Quedaria a introdución (que, por certo, hai que ampliar coa historia das diversas normativas). Xosé (✉) 13:47, 8 febreiro 2006 (UTC)
  • Aínda que non estea no espazo de nomes Wikipedia está páxina e todas as relacionadas son páxinas de axuda e deben seguir aquí, outra cousa é que en Galilibros haxa unha copia do libro completo. Este caso é diferente ao curso de galego que está proposto para refacer alí. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:42, 8 febreiro 2006 (UTC)
  • Quero retomar esta proposta: Ou se bloquean permanentemente estas páxinas ou sempre vai haber quen as vaia tocar e entón deixan de ser o que son. O seu sitio non é este: son textos que non poden mudar. Podemos perfectamente crear páxinas de axuda novas, mesmo máis adaptadas aos erros e dúvidas que vemos, e mover estas a Galilibros, que é onde, no meu parecer, lles corresponde estar. --Xosé (✉) 21:39, 25 novembro 2007 (UTC)

Quixera plantexar unha dúbida, non sei se isto é realmente un erro ou é correcto. Na sección relativa aos pronomes dise o seguinte: "existen tamén as formas plenas, que son as únicas posibles para o neutro: estes outros, aquilo outro". A forma estes outros non é incorrecta? É dicir, o pronome isto, non ten plural, así que en pura teoría, non debería ser posible formar "estes outros"? Polo demáis, felicitacións aos wikipedistas polo excelente traballo feito...


Gustaríame saber a quen respondo, porque non asinou e téño que darlle a razón e quitarlla. É moi certo que a forma neutra do pronome demostrativo non ten plural. Non existe *istos. Pero non é certo que "estes outros" sexa o plural de "isto": en realidade é o plural de "este outro" (que eu sempre usei na forma contracta estoutro). E este, que é masculino, si que admite plural. Por outra banda, o texto é unha copia literal do punto 15.3.2 na páxina 96 das NOMIG sacadas pola RAG. Deste fragmento (Aínda que estas son as formas habituais para o masculino e o feminino, existen tamén as formas plenas, que son as únicas posibles para o neutro: estes outros, aquilo outro), aínda que non o deixa nada claro, deduciríase o seguinte, que contextualiza e explica todo o parágrafo:

  • que o primeiro (estes outros) é un exemplo dunha forma plena para o masculino. Outro neste caso é unha forma masculina (en tódalas NOMIG só se fala de xénero neutro aquí e para elo na páxina 90 -tan abusivamente usada por algúns por castelanismo, pois en galego existe prácticamente só para a expresión estar a elo, doadamente substituíble por estar ó choio ou andar no traballo-), e polo tanto pódese concordar cun masculino este.
  • que o segundo é un exemplo (aquilo outro) dunha forma plena para o neutro. Aquilo si que é neutro, e polo tanto (surprise!) este novo caso de outro debe ser neutro para concordar. Quen marca o xénero é o primeiro demostrativo. Abreviando (os exemplos que dan as NOMIG en vermello, e como se ve son de columnas distintas):
número masculino feminino neutro
singular contracto estoutro, aqueloutro estoutra, aqueloutra NON EXISTE PORQUE NON HAI FORMA CONTRACTA CO NEUTRO
singular pleno este outro, aquelo outro esta outro, aquela outra isto outro, aquilo outro
plural contracto estoutros, aqueloutros estoutras, aqueloutras NON EXISTE PORQUE NON HAI FORMA CONTRACTA CO NEUTRO
plural pleno estes outros, aqueles outros estas outras, aquelas outras NON EXISTE PORQUE NON HAI PLURAL DO NEUTRO

Iso de que NON EXISTE PORQUE NON HAI FORMA CONTRACTA CO NEUTRO é unha dedución directa do que di a norma de que hai tamén formas plenas, que son as únicas posibles para o neutro. Tén razón quen diga que o punto 15.3.2. está mal nun aspecto: na columna onde están estoutra(s), esoutra(s) e aqueloutra(s) aparece o epígrafe NEUTRO, lóxicamente trabucado porque debería ter FEMININO. Isto é o que eu entendo e espero que isto aclare a dúbida. --Sobreira (parlez) 15:21, 18 setembro 2006 (UTC)

Olá, xa nom se utiliza «unha» em normativo pero sim «umha». Tal como «Galicia» que é «Galiza». Todavia todo-los galegos teran que ser mas agressivos, o digo porque a língua foi eliminada por Franco do Ferrol. Creio que a Xunta co-as entidades camiñan um pouco lentas. Há-que mostrar-lhes que o galego é umha língua culta, bela e erudita. Outro exemplo: a desinência -ion xa nom se usa. Colaboración = colaboraçom, nacion = naçom, etc. Non sou galego mas posso dice-lo vivan toda-las línguas que o terror político de outros tempos e que continua com o de agora, cresçam, vivam como entidade de um patrimóio cultiral único. E isto nom tem a ver com nacionalismo ó tampouco com provincionalismo. vivam as línguas antigas e cultas que fixerom a orixen de dois países; Portugal e Espanha. A todos vós; obigado

título erróneo[editar a fonte]

o nome correcto é: normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego--Sock puppet 17:35, 4 abril 2006 (UTC)

  • Para iso está NOMIG. Pero si é certo que habería que delimitar ben a separación --Sobreira (parlez) 15:21, 18 setembro 2006 (UTC)

Non hai normativa oficial do galego[editar a fonte]

Existen as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do galego, pero non son legais. A única lei ao respecto é a Lei 3/1983 de Normalización Lingüística, a cal só di QUEN é o criterio de corrección (ILG e RAG), pero non CAL é o modelo de corrección (isto é, a norma). Por outra parte, di que ILG e RAG son criterios de corrección, pero non sinala explicitamente que sexan os ÚNICOS criterios de corrección:

Nas cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, estimarase como criterio de autoridade o establecido pola Real Academia Galega. Esta normativa será revisada en función do proceso de normalización do uso do galego.

Para ser oficial, atendendo ao Código Civil, literalmente a lei debería dicir que a norma elaborada polo ILG e a RAG ten rango de oficial. Dáse a circunstancia de que ningunha das linguas faladas no Estado español ten unha norma oficial no senso estrito do termo, contrariamente ao que acontece nalgún outro país.

Aínda que coloquialmente si se rexistra o uso (e abuso) da expresión "normativa oficial do galego", mesmo no Diario Oficial de Galicia, unha enciclopedia debe ser rigorosa e precisa.

Finalizo este extenso comentario suxerindo o cambio do título ou redireccionamento deste artigo. --Rosamf 12:28, 26 febreiro 2010 (UTC)

  • Si é oficial. Está aprobada nas cortes. E non só a inicial senón tamén as dúas reformas. Meses despois de ser modificada pola RAG e mais o ILG, a Xunta aprobouna oficialmente no parlamento. Esta é única normativa oficial, Rosa. --Atobar (conversa comigo) 12:54, 26 febreiro 2010 (UTC)
    • Creo que estás nun erro, pero en calquera caso agradecereiche referencias. --Rosamf 19:46, 26 febreiro 2010 (UTC)
    • Agora, fedellando pola rede, non dou visto se en efecto a reforma ultima finalmente foi refrendada ou non polo goberno, pero en calquera caso, segundo o equipo lingüística de Cumio (entre outros) tal circunstancia é absolutamente prescindíbel, porque a autoridade en materia de lingua e a encargada de velar por ela é a RAG, e non de igual xeito pero tamén o ILG. Por non copiar o que trae o papel dos libros que teño pola casa, remito directamente a esta ligazón en rede, que é da propia Xunta e na que vén todo ben clariño [1]. Espero que con esta resposta rápida se peche o debate e poidamos seguir traballando no importante. --Atobar (conversa comigo) 13:26, 26 febreiro 2010 (UTC)
      • En absoluto é oficial. De feito, Bieito Lobeira, voceiro parlamentario do BNG en materia de lingua, lembrou recentemente na Cámara autonómica que non existe ningunha norma oficial porque o Parlamento de Galiza nunca aprobou tal cousa. Por iso, as afirmacións de "normativa oficial" ou "a efectos legais" e similares que aparecen neste artigo son erróneas. E, ao meu ver, si é algo importante e non se pode pechar o debate porque si. Se localizar o texto íntegro do argumentario de Lobeira reproducireino aquí. --Rosamf 19:45, 26 febreiro 2010 (UTC)
Rosa, Bieito Lobeira pode pedir o que queira, e moitas veces ten razón, pero aquí arriba tes a resposta. --Atobar (conversa comigo) 23:21, 26 febreiro 2010 (UTC)
    • Creo que Lobeira ben saberá o que aprobou o Parlamento, non só pola súa veteranía na Cámara, senón pola súa alta responsabilidade como voceiro en materia lingüística, e tampouco vexo referencias ao que apuntas: para ser LEGAL ou OFICIAL, tal e como se fala no artigo, debe estar aprobada como tal polo poder LEXISLATIVO (o Parlamento), algo que está claro que non sucedeu xamais, polo que cómpre modificar o artigo.--Rosamf 00:33, 27 febreiro 2010 (UTC)
  • Moi ben, Rosa. Empecemos de cero. Le isto, pertence ás disposicións adicionais da LNL (páx 7)[2]: Nas cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, estimarase como criterio de autoridade o establecido pola Real Academia Galega. Xa? Asunto pechado? --Atobar (conversa comigo) 00:50, 27 febreiro 2010 (UTC)
    • E lembra tamén que a palabra "oficial" non implica obrigatoriamente a publicación no BOE, DOG, DOUE, etc. Abonda con que emane dunha autoridade recoñecida. E a RAG éo, como sabemos. O que non entendo é a que vén darlle tantas voltas porque sobreentendo que non insinúas que veña ser, a Normativa oficial, papel mollado. Pedro --Lameiro (conversa) 00:55, 27 febreiro 2010 (UTC)
      • Estimarase "como criterio de autoridade", pero non "como o criterio de autoridade". Polo tanto, deixa a porta aberta a outros criterios de autoridade. Por outra parte, e insisto, a LNL só fala dos criterios de autoridade, pero non di que a norma emanada do ILG e do RAG sexa a norma oficial do galego. Ao que quero chegar é, entre outras cousas, a que o título do artigo é errado, e que debería ser só "Normas ortográficas e morfolólxicas do galego". Non se trata de darlle voltas ao tema, senón a non caer en erros terminolóxicos inaceptábeis nunha enciclopedia. Hoxe por hoxe, o ILG e a RAG son "un" criterio de autoridade recoñecido e explicitado, pero pode haber outros, como por exemplo dos departamentos universitarios de Lingua Galega, que non son explicitados pero aos que moitas veces se recorre noutros ámbitos. Porén, é ao ILG e á RAG a quen se lles encomenda a elaboración dunha norma para o galego, pero tampouco se di, non se sancionou no Parlamento, que esa norma sexa a vixente. Quero dicir, hai outras institucións con mandatos do Parlamento e mesmo do Estatuto de Autonomía, como o Consello da Cultura galega, pero o que tales institucións elaboren (informes, ditames, etc.) non pasan de recomendacións ou convencións se non hai unha lei que as sancione como tal. Isto é, as NOMIG son unha convención para escribir a lingua galega porque as elaboraron unhas institucións cun determinado papel, pero ninguén está obrigado a cumprir coa súa escrita. De feito, moitos edictos, convenios colectivos, ditames, etc., non cumpren escrupulosamente co indicato nas NOMIG, e non por iso perden o seu valor. Nouras linguas, porén, ao contaren cunha norma escrita OFICIAL, o non cumprimento das mesmas nun texto legal podería levar á invalidez dese texto. Explícome?--Rosamf 15:00, 27 febreiro 2010 (UTC)

Comparacións[editar a fonte]

Entendo que sería mellor ou ben non facer comparacións RAG-RAE ou ben que estas fosen entre a RAG e as principais linguas latinas. Está de máis falar sobre o que une ou separa o galego do castelán, dúas linguas perfectamente autónomas. Digo o que digo sobre todo tendo en conta que o artigo non é demasiado elaborado nin extenso, se fose un artigo longo e completo, daquela igual a relevancia destes contidos podía atopar o seu lugar. En fin, é unha consideración en voz alta. --Atobar (conversa comigo) 21:34, 9 de maio de 2010 (UTC)

Refírome a isto: A conceptualización da norma galega é moi diferente da española:
  • mentres a galega é aínda fundamentalmente morfolóxica e ortográfica, a prescritiva española é ademais léxica, fónica e sintáctica, debido ó seu maior percorrido histórico;
  • mentres que a española varía cada ano do dicionario da RAE sen ser posta en cuestión, a galega modificouse unha vez en 20 anos e existe un sentimento de ela ser cambiada con frecuencia (probabelmente froito de que a tradición filolóxica hispánica segue a ser unha ideoloxía dominante);
  • mentres que a española é máis rexa e estrita, a galega permite en moitas máis ocasións unha escolla entre variantes alternativas (Galiza/Galicia, -ao/án e -á/-án, -ble/-bel, ao/ó, pór/poñer, oír/ouvir, pósteres/pósters, gorecer/guarecer, -ería/-aría), aínda que moitas veces dando unha como preferente;
  • mentres a galega pretende ser máis fiel á etimoloxía, a española é máis variable por non ser tan moderna.

--Atobar (conversa comigo) 21:35, 9 de maio de 2010 (UTC)

A maioría dos contraexemplos non son válidos (sendo o único verdadeiramnente válido España que debería levar un <h> etimolóxico pero non o leva por influencia do castelán), pois son palabras que seguen a etimoloxía (que o castelán non o fai). Explícome:

  • Mobil vén do latín MOBILIS polo que o "b" é etimolóxico.
  • covarde do francés couard.
  • Ovo do latín OVUM, en castelán ten un 2h" antietimolóxico para marcar na escrita antiga que a primeira letra era un "u" e non un "v".
  • Horta vén do latín HORTA.
  • Ermida vén de eremita.
  • Paradoxo vén do latín PARADOXUS, sendo o <x> pronuncia /ks/.

Ademais destas palabras, mesturan nese apartado cambios de norma como en dición-dicción, influenza-influencia ou estable-estábel (sendo ademais esta segunda a evolución lóxica denro do sistema galego pero que por influenza do castelán evolucionou a estable) que non serven de contraexemplos dos principios da norma. Pido por favor ou ben que se redacte correctamente este apartado ou ben se non existen contraexemplos (o cal non sei con seguridade, o que si sei é que a maioría presentados non o son) bórrese o apartado. —o anterior comentario sen asinar foi feito por 83.53.167.253 (conversacontribucións)

Cambiar un dos apartados por un cadro máis dinámico e visual[editar a fonte]

Penso que sería unha mellora eliminar o apartado 3 Normativa do galego, e substituílo, incluíndo no artigo o Modelo:Normativa oficial do galego

--. HombreDHojalata.conversa 22:06, 9 de maio de 2010 (UTC)

Sería mellor. Xoacas(unha palabriña doçe) 22:15, 9 de maio de 2010 (UTC)

traballo pendente[editar a fonte]

--Estevo(aei)pa o que queiras... 12 de decembro de 2012 ás 10:25 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Normativa oficial do galego. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 07:10 (UTC)[responder]