Conversa usuario:Urco65
Benvido(a) á Galipedia, Urco65!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Chairego apc (conversa) 25 de marzo de 2020 ás 21:46 (UTC)
Probas de edición[editar a fonte]
Benvido/a e grazas por experimentar na Wikipedia. A túa proba funcionou, pero foi revertida ou eliminada. Por favor, bótalle unha ollada á páxina de benvida para aprender máis sobre como colaborar nesta enciclopedia. Se o que queres é seguir a experimentar, usa a zona de probas. Grazas. ☣Banjo tell me 30 de marzo de 2020 ás 10:33 (UTC)
Dialnet[editar a fonte]
Ola, Urco!
As ligazóns a páxinas de autoridades, como Dialnet, IMDb, AELG ou BNE, aparecen xa no marcador de seu do Control de autoridades. Engádense no elemento correspondente de Wikidata, e xa aparecen de forma automática. Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de marzo de 2020 ás 12:31 (UTC)
Ola, Urco! Mira por exemplo no artigo de José Lois Estévez; á esquerda aparece unha columna onde pon "Ferramentas"; se clicas en "Elemento de Wikidata" lévache a d:Q89029890, que é a ficha de Wikidata correspondente a dita persoa. Alí aparecen os datos relativos a el, así como os enlaces a diferentes autoridades (Dialnet, BNE, VIAF, BNF...). Proba a editar sen medo. Non sei se che aparece en galego, quizais tes que axustar as preferencias (arriba de todo á dereita). Un saúdo! --Estevo(aei)fálame aquí 30 de marzo de 2020 ás 14:25 (UTC)
Control de autoridades[editar a fonte]
Ola Urco.
Quizais che resulte de utilidade a páxina: Axuda:Control de autoridades.
Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 30 de marzo de 2020 ás 22:20 (UTC)
Boas Urco65. Recoméndolle botar unha ollada á páxina Axuda:Como editar unha páxina, para coñecer máis información sobre como editar na Galipedia.
Un saúdo cordial,.--Maria zaos (conversa) 1 de abril de 2020 ás 10:14 (UTC)
- Boas, Urco. O último artigo que editaches non sigue o libro de estilo da Galipedia, ao que podes entrar seguindo as ligazóns de "Como editar unha páxina" ou directamente aquí. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 1 de abril de 2020 ás 10:31 (UTC)
Dúbida sobre Fernández Arruti[editar a fonte]
Ola, Urco65. Teño unha serie de preguntiñas sobre Fernández Arruti. Pola redacción do artigo semella que fose fillo de solteira de Josefina Arruti. É isto certo? Despois, sabes onde naceu? E finalmente, ten algunha obra publicada? Moitas grazas! Estou aquí para axudarte, así que se tes calquera dúbida só tes que preguntar. Un saudiño --Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de abril de 2020 ás 11:05 (UTC)
- @Xabier Cid:: xa puxen unha referencia; non era fillo de solteira, naceu en Pontevedra (non atopo o día concreto), e non ten ficha en BNE nin en Dialnet, creo que non ten nada publicado. --Estevo(aei)fálame aquí 3 de abril de 2020 ás 11:33 (UTC)
- oquei, maquei. :) moitas grazas!--Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de abril de 2020 ás 11:37 (UTC)
Ola Xabier! Se cadra non redactei ben, pero pensei que quedaba claro. É fillo de Josefina e Bibiano. Non, non atopei ningunha información que indique o lugar de nacemento. Non, tampouco atopei ningunha obra publicada por el, si pola súa irmá, pero del nada de nada. Un sáudo e grazas --Urco65 (conversa) 3 de abril de 2020 ás 12:30 (UTC)Urco65
formato dos artigos[editar a fonte]
Ola, Urco!
Grazas polas túas chegas sobre xuristas da Universidade de Santiago de Compostela. Sería bo que seguises o libro de estilo usado na Wikipedia. Por exemplo: en vez de poñer as noticias coa defunción como ligazón externa, é útil metelas como referencia para a propia data da morte. Anímote tamén a asignarlles ás personalidades as correspondentes categorías.
Se tes calquera dúbida, escríbeme na miña páxina de conversa ou na de calquera outra usuario/a. Un saúdo!! --Estevo(aei)fálame aquí 14 de abril de 2020 ás 10:53 (UTC)