Conversa usuario:Txabiwiki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Ola, benvido á Galipedia, pódeste poñer en contacto cos outros colaboradores na Taberna ou nas páxinas de discusión dos usuarios. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade.
Ás imaxes hai que lles poñer a licenza e a táboa [[1]] que identifique a imaxe, para calquera dúbida non dubides en preguntar, saúdos.--Rocastelo(fálame aquí) 18:47, 14 novembro 2005 (UTC)

Benvido[editar a fonte]

Benvido(a) á Galipedia, Txabiwiki!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app korganizer.png Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Crystal Clear app amor.png Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.Un cordial saúdo --Alyssalover(fálame) 15:04, 23 novembro 2005 (UTC)

  • Únome ó saúdo de benvida, para calquera cousa que necesites podes contar comigo. Un comenatrio sobre o artigo de CGAC, as fotos deben incluir algún tipo de información sobre o autor da imaxe e a súa licenza, en caso de non ter os dereitos non se pode publicar na Galipedia, en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe e en Wikipedia:Política de uso de imaxes tes información sobre o tema. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:35, 24 novembro 2005 (UTC)
  • Non podemos usar imaxes das que non teñamos permiso expreso, teñen que ser imaxes libres de dereitos ou feitas polo propio colaborador. Que a imaxe estea publicada nunha páxina web non quere dicir que se poida usar, na páxina do CGAC non hai indicación (alo menos non a vin) do estatus do copyright pero iso non quere dicir que non o teña. O que tería que verse é algín tipo de mensaxe coma as das licenzas Creative Commons que sinalan o que se pode facer coa imaxe e o que non. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 17:00, 25 novembro 2005 (UTC)
  • Ola, o que di Prevert é o certo, se unha páxina web non pon expresamente que se poden utilizar libremente (ou con calquera outra licenza válida na wikipedia) enténdese que as imaxes non se poden cargar na wikipedia (hai excepcións como por exemplo as fotos non artísticas de pinturas non contemporáneas), o mesmo pasa co resto do contido desa web. Iso si, podes escribir ao CGAC pedindo permiso para utilizar calquera imaxe que apareza na súa web, nese caso habería que agardar a contestación por escrito e indicalo na páxina da imaxe. Outra solución se es ou vives en Santiago é que tires ti mesmo a foto, ou se tes algún amigo que resida ou viva alí é pedirlle que che tire unha foto e che ceda os dereitos. A razón destas medidas é garantir a existencia dunha enciclopedia libre accesible a todo o mundo, de utilizarmos material con dereitos poriamos en perigo a propia existencia da Wikipedia.--Rocastelo(fálame aquí) 17:44, 25 novembro 2005 (UTC)

RE:Uso do artigo cos paises[editar a fonte]

En primeiro lugar, quero expresarche que se algo fixen, non o fixen por mal. Algún criterio usaría. Non me expresaches con exactitude que foi o que te incomodou, polo que non podo reflexionar sobre o mesmo.

En segundo lugar, aquí na Galipedia estamos todos no mesmo barco, e eu estou encantado de colaborar contigo. Ás veces fareiche correccións (máis ou menos afortunadas) e outras veces mas farás ti a min.

Agradézoche que calquera cousa coa que non esteas de acordo directamente ma comuniques, e expresamente. En conxunto, polo que dis, sei a que te refires, pero, en concreto, non.

Certamente o uso do artigo non é o mesmo en galego e en portugués, pero ó mellor, nese caso concreto, tes razón e eu paseime: ¿cal é o caso concreto?

Hai nomes de países cos que en galego non se emprega o artigo; e, en portugués si (Francia,...). Tería que localizar bibliografía, pero, a verdade, seríame custoso. Hai outros usuarios que poderían dar, polos seus coñecementos e medios, unha opinión especializada. Se me dis o artigo concreto e o que fixen, recorro a preguntarlle a eles e mesmo lles solicito que che comenten o que pensan.

Iso si, espero que unha pequena controversia por un artigo (pouca cousa, creo) non vaia facer que desmereza o ambiente de traballo que en xeral, para min, reina na Galipedia. Desculpa se che incomoda que non contactase contigo á hora de facer a variación, pero fago tantas que resulta case imposible.

O que desexo que non poñas en dúbida é que estou ó teu servizo para todo aquilo que desexes. Non dubides en recorrer a min. Agradézoche que me digas que foi, en concreto, o que che pareceu mal. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 00:12, 19 xullo 2006 (UTC)

Xornal da Galipedia[editar a fonte]

Ola Txabiwiki, en primeiro lugar queremos agradecerche as túas colaboracións na Galipedia, son moi importantes para o bo funcionamento do proxecto galego. Esta mensaxe é para dar conta de certas novidades no wiki. Co constante crecemento da Galipedia fíxose necesario crear un sistema para difundir o que sucede no wiki, de centralizar os debates, unificar criterios e manter un seguimento da actualidade do proxecto. Por todo iso nace o Xornal da Galipedia. Co Xornal pretendense mellorar a coordinación entre todos os colaboradores e a calidade deste wiki. Esta é a primeira edición do xornal e do modelo de suscripción {{Xornal}}. Incluíndo o modelo na páxina de usuario actualízase automaticamente con cada nova edición do Xornal. Calquera colaboración ou suxerencia que queira aportar pode incluíla na páxina de discusión. Confiamos en que este novo instrumento sexa útil para os colaboradores da Galipedia, por iso as opinións dos usuarios son moi váliosas para conseguilo. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:23, 15 setembro 2006 (UTC)

Problemas con Image:Luis Suarez.jpg[editar a fonte]

Ola Txabiwiki, grazas por subir e compartir con nós esta imaxe. Hai un problema con ela.
Tódalas imaxes que se suban a esta wiki teñen que permitir a realización de obras derivadas e o uso comercial. Ademais tódolos arquivos deben de ter dous datos expresos: a licenza ou copyright e a orixe ou source.

A orixe[editar a fonte]

A orixe ou fonte da imaxe é un dato que indica de onde foi tirada a imaxe e que serve para comprobar que a licenza é correcta. A orixe colocarase ben en forma de ligazón a unha páxina web, ben incluíndo os datos dun libro (dito libro ou dita imaxe ten que estar no dominio público) ou indicando que é unha fotografía tomada por ti.

É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público y permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
A moitos usuarios lles sorprende o celo que procuramos ter coas imaxes para non atentar contra os dereitos de autor. Pensa que é crucial para a estabilidade do proxecto pois hai moitos intereses creados en contra de que todo o que poida ser cultura estea no dominio público.

A licenza[editar a fonte]

Se accedes á túa imaxe, observarás que está marcada para ser eliminada por falta de datos (se incorporas os datos podes eliminar as marcas de borrado). Como che dicía, os datos mínimos que unha imaxe debe ter para que non sexa eliminada -sería eliminada por atentar contra os dereitos de autor- son a licenza ou copyright e a orixe ou source.
A licenza escríbese nos datos da imaxe entre dobres parénteses (por exemplo {{GFDL}}). Tes unha relación de licencias en Wikipedia:Marcadores de licenza de imaxe. Nesa páxina, verás unha táboa con tres columnas. A columna do medio indica o xeito de escribirse a licenza na Galipedia. A columna da esquerda ten unha ligazón que serve para ver a licenza que se coloca na imaxe, facendo click sobre unha das ligazóns que aparecen verás o que significa cada licenza.
Non só se poden subir imaxes á Galipedia. Tamén se poden subir a Commons (En commons só se pode subir fotos e material multimedia). A terceira columna indica a denominación das licenzas en Commons. As imaxes subidas a Commons incorpóranse ós artigos do mesmo xeito cás subidas á Galipedia, pero poden empregarse tamén nas wikipedias noutras linguas.
En Commons (hai unhas 800.000 fotos) poderás encontrar imaxes que están no dominio libre (permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial) para colocar nos artigos da Galipedia ou nos teus traballos. Levamos xa un tempo traballando na Categoría Galicia, pero por desgraza aínda temos poucas fotos dos concellos galegos.

¿Como incorporar os datos ás imaxes?[editar a fonte]

¿Cómo incluír eses datos cuando vas subir unha imaxe?
No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Summary. Podes poñer aí os datos e así no tes que editar despois a foto.

¿Como indicalo cando unha imaxe xa foi subida?

  • Accede á foto.
  • Una vez que accediches, hai click na pestana editar que está na parte superior.
  • Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres parénteses: {{PD-self}}, {{GFDL-self}}
  • Garda la página

Conta comigo para o que necesites. Un cordial saúdo. --Lmbuga Commons - Galipedia 11:08, 24 setembro 2006 (UTC)

20.000 artigos[editar a fonte]

Ola Txabiwiki. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.

Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:

Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.

Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:50, 6 decembro 2006 (UTC)

Imaxe:Felip V.jpg[editar a fonte]

Ola Txabiwiki. A esta imaxe, que ten o problema de estar invertida verticalmente, fáltalle a orixe. Podería ser borrada por este motivo no prazo de 7 días.

É necesario poñer os datos precisos para que a licenza poida ser comprobada. Neste caso, fai falla saber quen é o pintor e cando morreu. Por outra banda, salvo que sexa unha reelaboración artística túa, a licenza debería ser {{PD-antiga}}. Un cordial saúdo--Lmbuga Commons - Galipedia 21:59, 10 xaneiro 2008 (UTC)

Imaxe Felip.V[editar a fonte]

Hola, esta imaxe está recollida da Wikipedia en catalán, mesmo na páxina de Xàtiva está, de aí baixei o arquivo e a licenza da wikipedia, seguramente con isto non será suficiente, pero eu non sei facelo de mellor maneira. Outra cousa, está invertida adrede, a historia deste cuadro do Museo de L'Álmodí, é a razón de estar dada a volta responde a un interese da cidade de Xátiva en mostrar que o feito de que vencese a Guerra de Sucesión Filipe V tivo nefastas consecuencias na cidade do Reino de Valencia, xa que era partidaria da outra facción, e foi arrasda, mesmo mudado o nome, e así un conservador dese museo decidiu colocalo boca abaixo dende o 1950 aproximadamente.

Xa comprendo o motivo de que estea boca abaixo (lin o artigo, antes non vira a ligazón).
Non te preocupes por non saber, ou por errar. Para revisar e amañar estamos outros. Axiña aprenderás o que non sabes e probablemente saibas moitas cousas que eu teña que aprender.
Localicei a imaxe. Convén que procures sempre poñer unha ligazón ó sitio do que recolles a imaxe. Ademais de facilitárnolo traballo, evitas inconvenientes e molestias como a mensaxe anterior miña.
Pareceuche que a imaxe estaba subida á wikipedia catalá. Pero non é así. A imaxe é de Commons. Tódalas imaxes de Commons poden ser empregadas nas Galipedias coma se fosen subidas a estas. O bo que ten isto é que subindo unha soa vez a imaxe (a Commons), aproveitámonos todos.
¿Como recoñecer se unha imaxe está subida a Commons e non á Galipedia? Moi fácil. Ó abrir a imaxe (por exemplo esa da que falamos en wp.ca ves, baixo ela, o símbolo de Commons e un texto que remite á orixe da imaxe. Neste caso pon: Aquest arxiu és una càrrega compartida, extreta del projecte Wikimedia Commons i pot ser usada per altres projectes. Si voleu disposar de més informació sobre el fitxer, podeu visitar la pàgina original (se fas click en pàgina original, vas á imaxe de Commons).
Posto que a imaxe está subida a Commons, non é preciso mantela na Galipedia (sería duplicala innecesariamente). No artigo Xátiva xa lle cambiei o nome á imaxe e puxen o que ten en Commons.
Decidín non borrar aínda a imaxe que subiches porque lle engadín case tódolos datos que serían precisos para que se puidese manter na Galipedia se realmente fose subida da wikipedia catalá, así a podes ver. Fixen o seguinte
  1. Editei a imaxe na Wikipedia catalá e copiei os seus datos.
  2. Copieinos na imaxe da galega
  3. Na liña que pon Source, puxen a ligazón á páxina da imaxe na Wikipedia catalá.
  4. Só quedaría escribir a licenza. Ó ser unha imaxe realizada polo usuario que a subiu, e ser GFDL, debería ser {{GFDL|ca|Wikipedia catalá|nome de usuario (sen Usuario:)}}

Non dubides en poñerte en contacto comigo previamente a subires unha imaxe ou despois de subila. Cunhas cantas que subamos xuntos sairás de dúbidas--Lmbuga Commons - Galipedia 21:05, 15 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:04, 30 xaneiro 2008 (UTC)