Conversa usuario:Seragius

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Seragius!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Maria zaos (conversa) 28 de abril de 2022 ás 18:06 (UTC)[responder]

Fenda dixital[editar a fonte]

Ola! Benvid@! Moitas grazas por animarte a traballar neste artigo, tan necesario e que aínda non existía aquí. Vexo que xa comezaras a traballar nunha tradución en marzo aquí. Igual dá algo de susto o marcador que che apareceu ao inicio do artigo. Serve para poder facer un seguimento das traducións, xa que se se usa a ferramenta de tradución, moitas veces introdúcese inintencionadamente codigo lixo polo medio ou aparecen erros nas referencias. O marcador non pretende en todo caso desanimar, (aínda que poida acabar facendoo, se foi así, sentímolo) senón que se usa para poder estar máis pendentes de determinados artigos, especialmente cando traballan neles persoas que se inician na ferramenta de tradución ou na edición en Galipedia. Son moitos os artigos que se crean ao mes e estas son as ferramentas que polo momento nos permiten como mínimo computar os traballos a facer. Podes seguir traballando na subpáxina que creaches hoxe sen problema, alí non han aparecer marcadores terribles e non existe o prazo de 30 días para rematar. O que si que se non vas a seguir nesta páxina porque prefires traballar na túa subpáxina, sería adecuado borrar esta para evitar confusións futuras. Podes facelo ti inserindo o modelo "lixo" ao inicio do artigo.

Bueno, eu a verdade é que viña para falarche doutra cousiña: o termo fenda prefírese a "brecha"; así aparece recomendado no Buscatermos e no dicionario da RAG, que é o que seguimos prioritariamente na Galipedia. Por esta razón fenda coincide con outras denominacións deste tipo de "gaps" como por exemplo a Fenda de xénero, que ten artigo aquí e que tamén recolle outros artigos necesarios como por exemplo o artigo Fenda dixital de xénero. Por favor, ten en conta esta terminoloxía especialmente cando remates o teu traballo, xa que o título definitivo debería ser Fenda dixital. Calquera cousiña en que poidamos axudar, non dubides en consultar, escribindo na taberna ou se premes en "Conversa" na sinatura que verás a continuación na miña páxina de conversa. (Máis información acó). Un saúdo e a seguir!.--Maria zaos (conversa) 28 de abril de 2022 ás 18:34 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Seragius. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 10 de maio de 2022 ás 20:15 (UTC)[responder]