Usuario:Seragius/Brecha dixital

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A brecha dixital é calqueira distribución desigual no acceso, uso, ou no impacto das tecnoloxías da información e da comunicación entre os distintos grupos sociais.[1] Ditos grupos poden identificarse con base a criterios de xénero, xeográficos ou xeopolíticos, culturais... Coma consecuencia do alto custo das TIC, a súa utilización e adopción é moi desigual en todo o mundo.[2]

O termo brecha dixital describe unha brecha en termos de acceso e uso das tecnoloxías da información e da comunicación. Antigamente considerábase unha cuestión sóamente de acceso.[3] Actuálmente, coa penetración global de teléfonos móbiles de máis do 95%, a desigualdade relativa exponse entre aqueles que teñen máis ou menos ancho de banda[4], e maiores ou menores habilidades asociadas.[5][6]

América Latina convertiuse nunha das rexións máis proactivas do mundo en base á inclusión da tecnoloxía nos seus sistemas educativos. Estas políticas públicas apuntan a mellorar a inclusión social, un coñecemento non censurado e á reducción da brecha dixital.[7][8]

Concepto[editar | editar a fonte]

O concepto de brecha dixital encontra o seu precedente no chamado informe “El eslabón perdido”, que se publicou en 1982 pola comisión Maitland.[9] Neste informe poñíase de manifesto as conclusións sobre as carencias das infraestruturas das telecomunicacións nos países en vías de desenvolvemento, expoñendo coma exemplo o teléfono. O termo procede do inglés "digital divide", utilizado durante a Administración Clinton ( inda que a súa autoría non pode situarse con total precisión). Mentres que nalgunhas referencias menciónase a Simon Moores como acuñador do termo, Hoffman, Novak e Schlosser refírense a Lloyd Morrisett como os pris publicados baixo o título Falling through the Net, no que se deixaba evidencia do estado que este fenómeno gardaba na sociedade estadounidense a finais da década de 1990.[10]A partir desta orixe, algúns autores prefiren en galego, o termo fractura dixital[11] ou estratificación dixital, por ser moito máis expresivos sobre o que realmente significa.[12] A traducción a outras linguas latinas, como o francés, que tamen optaron polo termo de fractura. Non obstante, a maioría dos autores hispanos decántase polo de brecha, máis suave e políticamente correcto. Algunhas outras expresións que foron usadas para referirse á brecha dixital son divisoria dixital, brecha infocomunicacional[13] e abismo dixital.[14][15]

Outros autores amplían o alcance da brecha dixital para explicala tamén en función do que se apodou coma analfabetismo dixital, que se basa na escasa habilidade ou competencia dun gran sector da poboación, facendo máis incapié entre aqueles nados antes da década de 1960, para manexar as ferramentas tecnolóxicas de computación cuxo acceso aos servizos de Internet é polo tanto moi escaso.

Tomando coma referencia os estudos realizados por Eurostat, a brecha dixital fai incapié na “distinción entre os que teñen e poden facer uso da Internet e dos novos servizos ofrecidos pola World Wide Web, e aqueles que no poden optar a estes servizos”. Trátase dunha división entre as persoas segundo a súa capacidade para a utilización das Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TIC) de forma eficaz, e aquelas que non teñen acceso as mesmas, ou téndoo, non saben utilizalas.[16] miniatura|brecha dixital, brecha de xénero, unha mirada dende outra perspectiva. Diferenciamos entre dous aspectos, os que son habitualmente denominados coma brecha dixital de primeira e segunda orde (ou primeira e segunda brecha dixital).

No primeiro caso, referenciase as desigualdades no acceso, mentras que a segunda brecha se lle vincula ó coñecemento e os usos en relación coas Tics (Gómez e Ospina 2002; Proenza, F. 2012; Finkelievich e Prince, 2007, Rivoir 2010). Inda que a variable xeracional impacta notablemente na brecha dixital, múltiples causas explican estas desigualdades. Variables coma o xénero, localización territorial, nivel de ingresos e etnia, entre outras, contribúen de maneira relevante á existencia e profundización de ámbalas dúas brechas.

A brecha dixital non se refire soamente ó acceso as TIC, senón que tamén o acceso a ela, neste sentido implica:

-Infraestrutura: Debe existir una infraestrutura de telecomunicacións e redes.

-Accesibilidade: Debe garantirse a posibilidade de acceder os servizos que ofrece a tecnoloxía.

-Formación: Posuír habilidades e coñecementos para poder utilizar tecnoloxía.

Aspectos teóricos[editar | editar a fonte]

Algúns dos primeiros autores que abordaron o problema da brecha dixital dende unha aproximación sistemática e socialmente profunda foron Herbert Schiller e William Wresch.[17][18] De maneira xeral, estes autores expoñían a necesidade de proporcionar a tódolos sectores da poboación o acceso a información dispoñible a través da internet, da información e a comunicación, así coma das posibles vantaxes derivadas de tal acceso.

Para Pippa Norris, básase nun fenómeno que consta de tres aspectos principais: a brecha global (que preséntase entre distintos países), a brecha social (que ocorre no interior dunha nación) e a brecha democrática (que se refire á que existe entre quenes si participan e quenes non participan dos asuntos públicos en liña).[19]

Tamén houbo outra corrente de investigadores que ficaron en aspectos cuantitativos da brecha dixital, destacando as diferenzas estadísticas no acceso ás tecnoloxías da información e da comunicación, basado nun extenso abanico de variables socio-demográficas entre as que destacan o sexo, a idade, o nivel de ingresos, a escolaridade, a raza e o lugar de residencia.[20]

Un dos aspectos máis recentes que foi analizado sobre a brecha dixital, non ten que ver sóamente co acceso a Internet, senón que tamén coa calidade de dito acceso e a dispoñibilidade de conexións de banda ancha que permiten o acceso ó contido multimedia en tempos e custos adecuados ó contexto dos usuarios.[21]

[22]

De forma concreta, o investigador neerlandés José van Dijck identifica catro dimensións no acceso: a motivación para acceder; o acceso material; as competencias para o acceso; e o acceso para usos máis sofisticados. Expón que a brecha dixital está en constante evolución, dado o rexurxir de novos usos tecnolóxicos, que son apropiados máis rapidamente por aqueles que teñen o acceso de forma máis permanente e de mellor calidade, determinado polo ancho de banda.[23]

A brecha dixital basada en Serrano e Martínez (2003) citado pola OEI (2014) defínese como: "A separación que existe entre as persoas (comunidades, estados, países ...) que fan uso das Tecnoloxías da Información e a comunicación (TIC) coma unha parte rutinaria da súa vida diaria e aquelas que non teñen acceso ás mesmas e que, índa cas teñan non saben coma utilizalas".[24]

Dacordo con Eurostat, a brecha dixital fai referencia á "distinción entre aqueles que posúen acceso a Internet e poden dispoñer dos novos servizos ofrecidos pola World Wide Web, e aqueles que están excluídos destes servizos".[25]

Editatón de xénero e brecha dixital realizada en IIPE UNESCO (2015).

Contexto da sociedade da información[editar | editar a fonte]

Coa celebración da Cume Mundial sobre a Sociedade da Información (CMSI), os principais grupos da sociedade civil deron vida á campaña CRIS (Communication Rights in the Information Society – Dereitos de Comunicación na Sociedade da Información), co obxectivo de dar visibilidade, promulgar e de incluir na axenda da Cume con cuestións basadas nos medios de goberno e dereitos á comunicación.[26]

Na CRIS destacouse a función do uso coma ferramenta de comunicación das novas tecnoloxías; de valores comúns entre grupos, individuos e organizacións sociais, criticando unha xustificación instrumental das tecnoloxías vistas principalmente coma un fin máis que coma un medio para impulsar un cambio social, unha visión instrumental que non ten en conta nin as barreiras culturais e lingüísticas, nin as relacións de dependencia e subordinación técnica, económica e política entre o Norte e do Sur do Mundo.

A inclusión dixital, mantén este sector da sociedade civil, que hai que pensala coma un asunto colectivo, non individual, onde os beneficios sociais deberíanse ver en relación ós que se xeran para as comunidades, organizacións, familias e grupos que sacan proveito das tecnoloxías, índa que non teñan acceso a estas. A eficacia das políticas de inclusión dixital variará sungundo as posibilidades de integración do coñecemento nos propios obxectivos dos seus beneficiarios, tendo en conta que non sóamente existe un único modelo, senón que hay moitas posibles sociedades da información e da comunicación adaptadas segundo as diferentes necesidades e obxectivos individuais e comúns dun mundo que inda se está desarrollando que no ten nada de homoxéneo.

Segundo a Organización Mundial do Comercio (OMC), as novas oportunidades tecnolóxicas (e do libre comercio a escala global) van ser o motor dunha "terceira revolución industrial". Isto débese as TIC, poderanse anular as brechas de pobreza e a brecha da falta de recursos existentes, confrontándose no campo da economía, dos cambios nas políticas e na sociedade, da identidade, da cultura e no poder, adaptando novas relacións a escala mundial.

A través do uso do comerzo electrónico e dos e-servizos, da redución dos custos de conexión, mellorando a eficiencia dos gobernos e servizos públicos e favorecendo o rol do sector privado, farase un "entorno favorable" para conseguir a redución das desigualdades entre fora e dentro dos Estados, sempre segundo a OMC.

Algúns autores críticos han sinalado que, se nas grandes axendas internacionais enfatízanse os grandes benefizos cas Novas Tecnoloxías poden ter para os países do Sur, o que ata agora se identifica coa Sociedade da Información dase a coñecer coma unha invención das necesidades da globalización, vista coma un fenómeno neoliberal; un desenvolvemento que non ten en conta as necesidades dun Sur, que atópase na parte equivocada da brecha dixital.[27][28]

Segundo esta visión, son os países do Norte os principais propietarios e beneficiarios da World Wide Web, así coma da industria do hardware, do software e da produción dos contidos, o 70% en inglés. O Sur permanece excluído, o que ten coma resultado o aumento das diferenzas sociais rexionais, e a imposición dun modelo de desenvolvemento "dende o Norte", ao seu xeito.

As voces críticas manteñen que novamente se propoñen vellas lóxicas que nunca promoveron cambios significativos e que, o contrario, crearon novas relacións de dependencia e intensificaron as desigualdades existentes: o hardware, por exemplo, está pensado en Occidente, o que supón para o Sur novas formas de traballo, moitas veces femininas e infantís, nas industrias de ensamblaxe, reforzando a eliminación dos lazos sociais e da economía de explotación e aumentando exponencialmente a polución tecnolóxica.

Dende outros contextos, expúxose equiparar a existencia das brechas dixitáis con aspectos pedagóxicos da formación en tódolos ámbitos. A cada brecha dixital deberíalle corresponder una similar dende a didáctica. A este concepto en construción denominóuselle directamente "brecha didáctica"[29]

Dimensións[editar | editar a fonte]

brecha dixital de xénero[editar | editar a fonte]

A páxina «Brecha digital de género» non se puido atopar

A brecha dixital de xénero é unha das variantes máis notorias en relación co atraso da incorporación da muller ó mundo das novas tecnoloxías e do uso da internet. As diferenzas de acceso entre homes e mulleres encóntranse en tódalas sociedades da actualidade, basándose en contextos de economías avanzadas coma de economias en vías de desarrollo. Ramiro fai incapié en que "As desigualdades de xénero existentes entre homes e mulleres nas novas tecnoloxías e no uso da internet, faise manifésto de diferentes formas, inda que estas non son recoñecidas por selectos grupos da poboación, que van dende o acceso ás tecnoloxías , pasando pola instensidade de uso, ata o tipo de uso que se lles da, sen olvidar, os factores económicos e socioculturáis que os rodean".

Na actualidade as mulleres aproveitan cada vez máis as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) en tódalas esferas da vida. Pero tamén se produce unha brecha de xénero que toma manifesto non so nun menor numero de mulleres usuarias das TIC, senon que tamén na persistencia das desigualdades estructuráis específicas de xénero que son as constituyentes das barreras para o seu acceso e uso. Ó principio da aparición das TIC, partíase da hipótese de que non existía unha brecha dixital, senon que o atraso dalgúns sectores, colectivos e paises, era soamente un estadio transistorio que superaríase co crecemento económico(bastaría coa introducción de ordenadores á poboación para o seu uso) e co paso do tempo. Actualmente se verifica, polo contrario de que hay varios tipos de brecha dixital e que esta e persistente e se manifesta de formas distintas. Ademáis da brecha de acceso, hay tres novas brechas, de uso, de contidos e de habilidades tecnolóxicas.

brecha dixital xeográfica[editar | editar a fonte]

A brecha dixital xeográfica segundo a OEI abarca os grupos sociais que atopanse tanto nas zonas rurais coma urbanas.[30] Con todo, a infraestrutura dispoñible para asistir a ámbolos dous grupos é moi diferente. Particularmente, a illación xeográfica das zonas ruráis expón un acceso total e diferente ó urbano, pois no rural escasamente contan polo menos en México coas escolas de baixo nivel que teñan antena, iso se a situación xeográfica o permite, non sendo así nas zoas urbanas onde inda que non hai Wi-Fi gratuíto, existen cyber cafés, parques, bibliotecas, etc. que poden dar o servizo, así coma moitos fogares que xa teñen internet.

Basado neste enfoque, o “pobre dixital” é una persoa que carece, sexa por falta de acceso –consideración de oferta— ou pola falta de coñecemento de como se utiliza ou pola falta de ingresos –consideracións de demanda—, da información e da comunicación que se accede a través das tecnoloxías dixitais. Poden considerarse pobres dixitáis a quenes non utilizan o TIC, sexa por falta de oferta ou de capacidades para a sua utilización. A isto pódeselle sumar a falta de información sobre as vantaxes da sua utilización. Identificar as principais causas da brecha dixital utilizando este esquema conceptual, permite definir dende alineamientos de política pública a implementacións que permitan achicar as brechas dixitais –ou dito en termos de Barrantes, reducir a pobreza dixital- de maneira máis eficiente.[31]

Estas diferenzas podense apreciar entre homes e mulleres, idades, estatus social, paralelamente ás "brechas" de sempre: o acceso á sanidade, á educación, á mortalidade infantil, ó fame e a pobreza.[32]Modelo:Usuarios Internet mundo

Estratexias paira diminuír a brecha dixital[editar | editar a fonte]

Plantéase a necesidade de promulgar non só o acceso, senón tamén o uso e o empoderamiento das novas tecnoloxías, xa que estas poden e incidir efectivamente nos procesos de desenvolvemento, facendo fronte as demáis brechas que subxacen á dixital.[33]

A pesar disto, moitos traballos concluíron en que moitas destas iniciativas corresponden a visións optimistas sobre o impacto das tecnoloxías da información e da comunicación no desenvolvemento, e conciben que o problema da brecha dixital resolverase mediante a introducción de computadores persoais con acceso a Internet.[34] Aspectos coma a capacidade dos usuarios e a creación de contido adecuado a cada contexto, son frecuentemente deixados de lado. De forma similar, as comunidades receptoras nestes procesos de equipamento tecnolóxico, en escasas ocasións son tomadas en conta, o que afecta a sustentabilidade a longo prazo de proxectos de dita natureza.

Neste sentido, algúns autores expoñen que as TIC deberían proporcionar un espazo dunha nova esfera pública, onde a sociedade civil poida expresarse libremente e onde a política esté suxeita ó debate público e sexan evaluadas polas súas accións, garantindo a participación de toda a sociedade.

Exclusión dixital[editar | editar a fonte]

A exclusión dixital vén producida na maior parte dos casos non so pola falta de acceso, senón tamén debido a falta de accesibilidade polas barreiras no acceso universal, isto é, para tódalas idades e (dis)capacidades. Tamén se prodúce en situacións de peche e prisión.[35] A Declaración Universal de Dereitos Emerxentes (DUDHE) aprobada en 2007 definíu o dereito á tecnoloxía en relación co dereito á comunicación no seu artigo 5.8., recoñecendo «o dereito de tódalas persoas e de tódalas comunidades a comunicarse cos seus semellantes por calqueir medio da súa elección. Para ese efecto, toda persoa ten dereito ó acceso e o uso das tecnoloxías da información e da comunicación, en particular ó internet». A exclusión dixital implica así una situación de violación de dereitos humanos.

Consecuencias da brecha dixital[editar | editar a fonte]

Unha das consecuencias da brecha dixital é o atraso, así como a dificultade que enfrontan as persoas para saír de condicións de pobreza por ter problemas na toma de información debido á falta de acceso os novos coñecementos, o que produce que esta parte da sociedade sexa sometida á ignorancia e falta de comunicación social pola limitación de información, que ademáis os limita a actividades primarias. Resáltase que a implementación da dixitalización debe realizarse con moita responsabilidade, e educar no seu uso á poboación.

Por rexións[editar | editar a fonte]

En España[editar | editar a fonte]

España ocupa o posto #34 no World Economic Forum Networked Readiness Index (índice que encárgase de medir como os países fan uso das distintas oportunidades ofrecidas polo uso dasTIC), bastante distante de países da súa contorna coma Finlandia, Suíza, Alemaña, Francia ou EE. UU.[36] Nestes países a porcentaxe de fogares con acceso a algún tipo de conexión de banda ancha sitúase apenas entre o 50-60%, cunha incidencia bastante distante das outras grandes economías da UE.[25]

Tanto a falta de conexión á internet coma a facilidade a esta, ten graves consecuencias basados mo punto de vista da exclusión social. Primeiramente, a brecha dixital xera un tipo de exclusión xeográfica, facendo das zoas as ruráis e as zoas suburbanas as máis afectadas, que se enfrontan a posibles fallos do mercado e á falta de investimento en TIC nas súas infraestruturas. En segundo lugar, encontrámonos cun tipo de exclusión catalogado coma xeracional: os maiores teñen un nivel de penetración e unha tasa de uso moi inferior aos demás grupos de idades. Finalmente, e observando que a economía dixital supón xa un 5,7% do PIB do país, as persoas de baixos recursos económicos non poden acceder á información e as ferramentas que esta ofrece, sufrindo así mesmo unha descapitalización que ten un alto prezo en termos educativos e de acceso e mantemento no mercado.[37] En termos económicos, a brecha dixital ten un custo social de 1300 millóns de euros en España.[38]

Non obstante, a brecha dixital increméntase polos prezos ofrecidos polas operadoras. No caso de España, a Comisión Europea advertíu de que os prezos do ADSL están por encima da media da UE. De feito, España sitúase entre os países OCDE coa banda ancha máis cara.[39]

  1. Cortés Vera, Jesús (2009-08). "¿Qué es la brecha digital?: una introducción al nuevo rostro de la desigualdad" (en castelán) 23 (48): 233–239. ISSN 0187-358X. Consultado o 2021-11-29. 
  2. Caves, R. W. (2004). Encyclopedia of the City. Routledge. p 179.
  3. Compaine, Benjamin M. (2001). The Digital Divide: Facing a Crisis Or Creating a Myth? (en inglés). MIT Press. ISBN 978-0-262-53193-1. Consultado o 26 de diciembre de 2019. 
  4. Hilbert, Martin (2014). "Technological information inequality as an incessantly moving target: The redistribution of information and communication capacities between 1986 and 2010" (en inglés) 65 (4): 821–835. ISSN 2330-1643. doi:10.1002/asi.23020. Consultado o 26 de diciembre de 2019. 
  5. "Percentage of Individuals using the Internet 2000-2012", International Telecommunications Union (Geneva), June 2013, retrieved June 22, 2013
  6. Graham, Mark (1 de enero de 2014). "The Knowledge Based Economy and Digital Divisions of Labour" (en inglés) (ID 2363880). Social Science Research Network. Consultado o 26 de diciembre de 2019. 
  7. "Lugo, T. (2015) Las Políticas TIC en América Latina: prioridad de las agendas educativas. Red Latinoamericana de Portales Educativos". Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2015. Consultado o 23 de marzo de 2015. 
  8. (CEPAL, 2012)
  9. Borja Moreno (1984). "El eslabón perdido" (PDF) (en inglés). Maitland report. Consultado o 24/09/15. 
  10. Hoffman, D.L, Novak, T.P. y Schlosser, A. E. (2001) The evolution of the digital divide: Examining the relationship of race to internet access and usage over time. En Compaine, B. Digital Divide. Cambridge, Massachusetts: The MIT Press
  11. Baigorri, A. (2000), 'La fractura Digital', I Congreso Mundial de Alfabetización Tecnológica, Cáceres; Mattelart, A. (2001). Historia de la Sociedad de la Información. Barcelona: Paidós, p. 163
  12. Carracedo Verde, J.D. (2003). "Jerarquías y desigualdades en el diseño de las Sociedades de la Información: Explorando la estratificación digital", p.1
  13. Ford, A. (2002). La marca de la bestia. Identificación, desigualdades e infoentretenimiento en la sociedad contemporánea. Buenos Aires: Grupo Editorial Norma, p. 115
  14. Castells, M. (2001). La Galaxia Internet. Barcelona: PLaza y Janés, p. 275.
  15. Crovi, D. (2002). "Sociedad de la información y el conocimiento. Entre el optimismo y la desesperanza. En Revista Mexicana de Ciencias Políticas y Sociales, No. 185, p. 13-33
  16. "Brecha Digital: Uso y acceso a las TIC." (en castelán). 5 de mayo de 2016. Consultado o 5 de mayo de 2020. 
  17. Schiller, H. I. (1996). Information inequety. Nueva York: Routledge
  18. Wresh, W. (1996). Disconnected. Haves and have-nots in the information age. New Brunswick, Nueva Jersey: Rutgers University Press
  19. Norris, P. (2001). Digital divide. Civil engagement, information poverty and the Internet world wide. Cambridge, Massachusetts: Cambridge University Press
  20. Arquette, T. (2001). "Assesing the Digital Divide: Epirical analysis of a meta-analytic framework for assesing the current state of information and communication system development". Simposium de la International Association of Mass Communication Research y la International Communication Association Symposium sobre Brecha Digital, 15-17 de noviembre, Austin, Texas.
  21. Serrano, A. y Martínez, E. (2002). La brecha digital. Mitos y realidades. Maxicali: Universidad Autónoma de Baja California, p. 16
  22. Pinto Arboleda, Maria Cristina (enero-junio 2014). "La construcción de la referencia en torno al concepto de brecha digital en España". 
  23. Pinto Arboleda, Maria Cristina (enero-junio 2014). "La construcción de la referencia en torno al concepto de brecha digital en España". 
  24. IIPE-UNESCO-OEI (2014). "POLÍTICAS TIC EN LOS SISTEMAS EDUCATIVOS DE AMÉRICA LATINA." (PDF). Consultado o 16/09/17. 
  25. 25,0 25,1 "European Commission, Eurostat: Information society statistics at regional level". 
  26. "Communication Rights in the Information Society (CRIS) | Association for Progressive Communications" (en inglés). Consultado o 23 de marzo de 2018. 
  27. Crovi, D. (2004). Sociedad de la información y el conocimiento. Entre lo falaz y lo posible. Buenos Aires: Crujía Ediciones.
  28. Islas, O. y Gutiérrez, F. (2005). "Sociedad de la información: ¿utopía o cárcel?". Revista Chasqui, No. 85.
  29. Galindo C., Jairo Alberto, Brechas Didácticas Y Brechas Digitales. Retos Para La Formación Docente (Educational Gaps and Digital Divides: Challenges for Teacher Education) (September 11, 2011). Actualidades Pedagógicas, Nº. 58 julio-diciembre del 2011, páginas 45-64, Universidad de La Salle. Available at SSRN: http://ssrn.com/abstract=2291191
  30. OEI (2013). "Brechas digitales y TIC en Latinoamérica. Los Centros Estatales y Comunitarios1" (PDF). Consultado o 1 de abril de 2018. 
  31. "La brecha digital en América Latina | SITEAL". Consultado o 27 de diciembre de 2019. 
  32. "Measuring digital development: Facts and figures 2019". Consultado o 16 de enero de 2020. 
  33. Experience, World Leaders in Research-Based User. "Digital Divide: The 3 Stages" (en inglés). Consultado o 9 de enero de 2020. 
  34. Santos, M.J., De Gortari, R., Angulo, Y., Rueda, E. y Pérez Salazar, G. (2006). Acceso Tecnológico: Una reinterpretación de la biblioteca pública mexicana. México: Conaculta.
  35. de Andrés, Susana; García-Matilla, Agustín; Merchán, José María (2021-11-30). "Educomunicación, tics y prisión: Testimonios de personas privadas de libertad en torno a la exclusión digital" (en castelán) (23): 275–290. ISSN 2172-9077. doi:10.14201/fjc202123275290. Consultado o 2021-12-04. 
  36. "The Global Information Technology Report 2013" (PDF). 
  37. "El País, El Gobierno pretende que en 2015 media España tenga Internet a 100 megas (15/02/2013)". 
  38. elEconomista.es. "La exclusión digital de los parados cuesta a España 1.300 millones al año - elEconomista.es" (en castelán). Consultado o 2021-06-17. 
  39. Press, Europa (2013-07-12). "España, entre los países más caros de la OCDE en banda ancha". Consultado o 2021-06-17. 

Enlaces externos[editar | editar a fonte]

[[Categoría:Cultura de Internet]] [[Categoría:Wikipedia:Artigos con extractos]]