Fenda de xénero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ausencia de mulleres nas negociacións para un acordo de pesca entre Mauritania e a Unión Europea.

A fenda de xénero[1][2] (en inglés gender gap) é unha construción analítica e empírica que xorde da diferenza entre as categorías dunha variábel en relación coas taxas masculinas e femininas.[3] Destaca as desigualdades existentes entre homes e mulleres en calquera ámbito, en relación co nivel de participación, acceso a oportunidades, dereitos, poder e influencia, remuneración e beneficios, control e uso dos recursos, que lles permiten garantir o seu benestar e desenvolvemento humano.[4] As fendas de xénero exprésanse en todas as áreas do desempeño, como a económica, social, laboral, cultural, sanitaria etc. Fúndanse na xerarquización das diferenzas entre homes e mulleres e exprésanse de distinta maneira segundo a área de que se trate.

Historia[editar | editar a fonte]

Foi a feminista estadounidense Eleanor Smeal quen utilizou por primeira vez o concepto "gender gap" en 1980 aplicado na política, para explicar as diferenzas no voto de homes e mulleres na política dos Estados Unidos, e sinalando que a fenda de xénero sería decisiva na elección do novo presidente do país.[5] En 1984, Eleanor Smeal escribiu un libro sobre a fenda de xénero: Why and How Women Will Elect the Next President (Harper & Row).[6][7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]