Conversa usuario:Rouge~glwiki

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Rouge!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo.--Fryant 20:16, 5 agosto 2007 (UTC)

Outro saúdo de benvida[editar a fonte]

Benvida á Galipedia Rouge. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:58, 6 agosto 2007 (UTC)

Dúbidas[editar a fonte]

Ola Rouge. Grazas pola túa colaboración e dedicación ó proxecto. Fixeches unhas preguntas na taberna. Respondín alí e escribo aquí o mesmo para que o teñas a man.

As imaxes de http://www.aragob.es/culytur/rcajal/gal-cient.htm non se poden subir. Na páxina non hai ningunha mención ó copyright. É dificilísimo encontrar unha foto nunha páxina web ou nun libro que estea no dominio libre. Isto en parte se debe a que os dereitos de autor caducan o 1 de xaneiro seguinte á data en que se cumpren 70 anos da morte do fotógrafo (non do individuo obxecto da foto) e a que, segundo a legislación internacional (apartado 5.2 do Convenio de Berna), non é preciso ningún requisito para que calquera obra dunha páxina web tenga copyright. Polo tanto, se nunha páxina web non pon nada, ten copyright, e as fotos, en principio, non se poden subir (agás que se dea a condición dos 70 anos expresada antes). Só se poden subir fotos de aqueles lugares que indiquen que as imaxes están no dominio público e permiten a realización de obras derivadas e o uso comercial.
Dado que é dificilísimo que se dean estas condicións, alimentámos a Galipedia (Wikipedia galega) fundamentalmente con fotos feitas por usuarios ou imaxes antigas. Ademais hai que pensar que unha obra derivada (unha foto dunha imaxe con copyright) ten tamén copyright e non se pode subir (Véxase Commons:Commons:Obras derivadas)
Polo que respecta á túa segunda pregunta, entendo que se deben poñer os nomes na lingua orixinal, repara no artigo El País. Non dubides en contactar comigo cando desexes. Un cordial saúdo --Lmbuga Commons - Galipedia 23:52, 6 agosto 2007 (UTC)

desculpas tardías[editar a fonte]

Ola Rouge, quero pedirche desculpas tardías por non ter continuado na discusión talk:1 de xaneiro. Creín que nese caso o erro que cometeran User:Alex e User:Fryant fora o de non razoar porque decían que o contido non era enclopédico, pero que a reacció do administrador User:Xelo2004 non tiña xustificación ningunha xa que faltaban ao repeto aos seus interlocutores. a miña intervención foi branda e conciliadora. O resultado desa conversa acabou con que deixaras de participar e con que Fryant, seguramente perdera bastantes gañas e ilusións.

Por ser partícipe neste caso co meu silencio a que se faltase ao respeto máis mínimo respeto as persoas prégoche as miñas desculpas. Supoño a imaxe que terás dunha comunidade na que os administradores poden actuar ao seu xeito sen dar explicacións e chegando a presumir de que o seu cargo é vitalicio, e na que os demáis usuarios seguen ao seu como senón pasase nada debe ser moi negativa.

Pero pídoche que voltes a este proxecto polo seu propio ben. Creo que eras unha usuaria novata, non o sei, polo que o teu "potencial" ainda estaría por ver, pero como persoa mereces todos os respetos. agradecendo o teu tempo. Lansbricae (Ti dirás) 14:46, 1 setembro 2007 (UTC)



Ola Rouge,súmome á peticion de Lansbricae de que voltes á Galipedia. Seguramente non foches consciente dos acontecimentos que sucederon ás tuas denuncias no caso 1_de_xaneiro , pero o comportamento de certo administrador o 1_de_xaneiro foi o detonante dunha revolta que tivo os seus froitos (talvez momentaneos). Seria moi importante a tua volta para confirmar que a Galipedia, se se corrixen certas cousas, ten un futuro brillante do que nos sentiremos orgullosos nun futuro e disfrutaremos na edicion de artigos. Eu levo tamén pouco tempo, pero conta coa miña axuda para o que necesites na Galipedia. Saúdos++ --Maañón 17:20, 1 setembro 2007 (UTC)

  • Sinto moito o que pasou, alégrome que volvas ter ilusión na Galipedia.--Miñato 18:50, 1 setembro 2007 (UTC)

En canto votedes en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Votos_para_lugares para o lugar da cea, xa vou reservar se aínda hai posibilidade. -- Sobreira (parlez) 01:27, 18 decembro 2007 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:01, 30 xaneiro 2008 (UTC)

Vai cambiar o seu nome de usuario[editar a fonte]

18 de marzo de 2015 ás 01:45 (UTC)

Renomeado[editar a fonte]

19 de abril de 2015 ás 07:39 (UTC)