Conversa usuario:Rei Momo/Arquivo 2014

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Rei Momo. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de maio de 2014 ás 20:29 (UTC)[responder]

Maurizio Malvestiti[editar a fonte]

Non hai de qué. Un saudo. --Castelao (conversa) 13 de novembro de 2014 ás 14:57 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Un saudo!!! --Castelao (conversa) 17 de novembro de 2014 ás 20:29 (UTC)[responder]

Ola Rei Momo. Vexo que Servando2 e Estevoaei xa fixeron unhas modificacións, polo que chego algo tarde ao arranxo. Sonche moi rápidos e manexan moito mellor ca eu as ferramentas da wiki. Espero que na próxima ocasión poda axudarte. Un saudo! --Castelao (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 12:19 (UTC)[responder]

--Feito! Feito! o de Roberto Ferruzzi. Fixen algúns cambios na redacción, sobre todo nun par de aspectos para deixalos máis claros (v.gr. en "onde deu comezo aos seus estudos" porque entendo que con 4 anos tivo alí os seus primeiros estudos; e en "realmente unha representación da maternidade", porque entendo que inicialmente o cadro tiña a pretensión de ser unha "maternidade" e non exactamente un cadro de "Madonna", segundo entendín do teu relato). Se non esta ben, dimoo e cambiocho. Espero que non che pareza mal.

--Por certo, quanto ao português, faloo melhor que o escrevo, e prefiro fazê-lo em galego, se nâo te importa, mais podes te expressar como te seja mais comfortável. Un saudo!!! --Castelao (conversa) 12 de decembro de 2014 ás 14:50 (UTC)[responder]