Conversa usuario:Piterleik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Benvido(a) á Galipedia, Piterleik!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Crystal Clear app kedit green-pencil.svg Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Icon apps query.svg Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Crystal ksmiletris.svg Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.   Para asinar usa este botón.png
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegaciónCheck mark.png Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Nuvola gnome-fs-trash-full.svg Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. Banjo tell me 21 de abril de 2017 ás 20:40 (UTC)

Votacións[editar a fonte]

Ola Piterleik. Risquei o teu voto en Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Georges Bizet xa que aínda non cumpres os requisitos mínimos para participar nas votacións da Galipedia indicados en Wikipedia:Votacións. Banjo tell me 21 de abril de 2017 ás 20:40 (UTC)

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Piterleik.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente ou complementariamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)fálame aquí 15 de marzo de 2020 ás 18:42 (UTC)

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Piterleik. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! Banjo tell me 15 de marzo de 2020 ás 18:44 (UTC)

Desculpa, mais eu teño o C2 acreditado na nosa lingua, o que pasa é que ó traducir directamente do castelán facendo copiapega pois a un pásanselle pequenos erros como *el en lugar de o, etcétera. Vou revisar os artigos porque seguro que aínda me quedaron algúns por aí.

Ligazóns interlingüísticas[editar a fonte]

Ola Piterleik.

Cando inicies un artigo, lembra engadir a ligazón interlingüística no Wikidata.

Para iso, vai a ese mesmo artigo noutra lingua.

Preme na ligazón "Editar as ligazóns" para ir ó elemento do Wikidata que contén as ligazóns interlingüísticas.
Logo, preme no botón "engadir".
No campo "sitio", pon o código da Wikipedia en lingua galega (gl) e en "artigo" introduce o título do artigo.
Para finalizar, preme en "gardar".

Un saúdo e a seguir! --Chairego apc (conversa) 17 de marzo de 2020 ás 10:27 (UTC)