Conversa usuario:Pablo Grandio
Benvido, Pablo! A Galipedia necesita de todos. --Agremon 20:50, 26 Nov 2004 (UTC)
Benvido á Galipedia Pablo Grandio, dicirche que temos unha zona chamada Wikipedia:A Taberna que ten seis seccións: Wikipedia:A Taberna (novas), Wikipedia:A Taberna (políticas), Wikipedia:A Taberna (técnica), Wikipedia:A Taberna (propostas), Wikipedia:A Taberna (axuda) e Wikipedia:A Taberna (xeral), para tratar os temas relacionados coa comunidade e sobre o funcionamento da Galipedia. Para aquelo que nos necesites alí estamos. Un cordial saúdo. --Prevert 23:37, 26 Nov 2004 (UTC)
- Esta mensaxe só é para dicirche que a páxina Heptarquía anglosaxona tiñala co nome correcto como estaba ao principio, e non co cambio que fixeches despois para Heptarquía Anglosaxona. As convencións de nomes que seguimos para os títulos fan que a segunda e seguintes palabras estexan en minúsculas (salvo nomes, cidades e outros casos especiais). Non temos publicada aínda a páxina coas convencións pero nuns días xa o estará. Saúdos. --Prevert 22:07, 27 Nov 2004 (UTC)
Vilas galegas.
[editar a fonte]Na clasificación de xeografía hai unha categoría de primeiro nivel que se chama Xeografía -> Galicia, todas as categorías sobre xeografía galega entran dentro de Galicia e alí hai unha categoría chamada Vilas galegas que inclúe a todos os concellos de Galicia (pobos e cidades). Non está previsto facer unha subdivisión menor como a que propós aínda que se podería falar en A Taberna (propostas). O sentido de ter clasificado así a información de Galicia é que isto permítenos ter todo agrupado dun xeito fácil de atopar, e a un nivel superior que a información de cidades. Ten un pouco que ver co sentido de ser desta Galipedia. Por suposto, todo se pode falar. Un cordial saúdo. --Prevert 22:36, 27 Nov 2004 (UTC)
(P.D.: É preferible deixar as mensaxes novas na parte de abaixo permite seguir os avances do debate mellor.--Prevert 22:36, 27 Nov 2004 (UTC))
Sobre categorías
[editar a fonte]Ola Pablo, non hai problema por crear novas categorías se están dentro das que xa están establecidas. Por exemplo, en Xeografía que é a que está máis definida crear Cidades de Bulgaria -poñamos por caso- non supón ningún problema porque o que se leva feito ata agora vai nese camiño.
No caso de Etnoloxía ou calquera outra sobre a que non se teña falado a cuestión é maís complexa, compre que o falemos de antemán para atopar un mellor modo de clasificación. Para ver en que categoría debe estar incluída e que categorías posibles colgan dela. Se botamos unha ollada as wikipedias inglesa, portuguesa, española e francesa: a única opción que aparece clara é que hai a categoría Antropoloxía e dela tería que colgar a posible categoría Etnoloxía. Outra cousa sería considerar cal debería ser o nome (non estou dicindo que non sexa ese senón que hai que consideralo previamente para evitar no futuro ter que traballar en moitos cambios). Neses wikis teñen como opcións: Antropoloxía -> Pobos -> Grupos Étnicos, Antropoloxía -> Pobos -> Pobos da anigüedade; Antropoloxía -> Grupos étnicos, Antropoloxía -> Etnografía; Antropoloxía -> Razas, etnias e pobos, Antropoloxía -> Usos e costumes; Antropoloxía -> Etnias.
O dito antes non quere dicir que nós teñamos que seguir o que eles fan, senón que cando comezamos unha nova via de categorías vai ser mellor comentalo na Taberna (propostas) para ter unha idea clara sobre por onde van ir o conxunto de categorías dunha materia. Máis que nada para evitar erros que ocorren noutras wikipedias máis avanzadas en cantidade de artigos.
Outra cuestión que nos surxiu coa páxina sobre os Países Baixos é falamos na Taberna: é preferible mentres non teñamos máis material que os artigos sobre un país ou lugar estexan dentro do artigo principal e non fora del, no caso de Inglaterra e Historia de Inglaterra é mellor que o texto da segunda páxina estexa na primeira sobre todo porque na primeira non hai case nada escrito.
Antes de que se me esqueza nas categorías aínda que se pensen coincienzudamente surxen moitas cuestións sobre a marcha que sempre se poden mellorar, pasounos coa orde en que se poñian as categorías nunha páxina que se clasificaba en varias por exemplo: Sao Paulo, clasificada en Brasil | Cidades do Brasil ou Brasil clasificada en Países | América do sur | Brasil de xeito que vai da categoría máis xeral a máis particular.
Bueno saíume unha mensaxe un pouco larga, non a vaias a tomar como un "rapapolvo" -digoo porque cando se escribe un texto é díficil transmitir certos matices-, trátase só dunha reflexión dos problemas que presenta estar facendo unha enciclopedia en cousas tan, aparentemente, sinxelas como clasificalas nunha categoría. Un cordial saúdo. --Prevert 19:04, 28 Nov 2004 (UTC)
- Pablo quería lembrarche que para comezar toda unha nova rama de categorías primeiro hai que expoñelo en A Taberna (propostas) e alí decidir entre todos cal é o mellor xeito de resolver esas categorías. Unha aperta. --Moderador 23:11, 1 Dec 2004 (UTC)
Vin que creaches ese artigo e quería dicirche que o tema de como chamar ós anos anteriores á nosa era está sendo discutido en Wikipedia: A Taberna (axuda). Por favor pasa por alí e da a túa opinión sobre o asunto. Un saúdo --Alyssalover 14:35, 2 Dec 2004 (UTC)
Debate sobre categorías de Historia
[editar a fonte]Pablo acabo de abrir o debate sobre categorías relacionadas coa Historia en A Taberna (propostas), invítote a unirte ao debate e alí expoñer o teu punto de vista. Resultaría moi valioso contar coa túa opinión. Un cordial saúdo. --Prevert 23:00, 2 Dec 2004 (UTC)
Sobre Gran Bretaña - Great Britain
[editar a fonte]Polo que teño entendido as normas de toponimia refírense a tódolos nomes de lugares e incruso ós nomes de persoas (coma por exemplo Isaac Asimov - Айзек Азимов) e non só os paises, alomenos así é coma o estou a facer eu dende o principio. De todas formas iso deberíaselle consultar a User:Prevert que foi quen redactou as normas ;-) Un saúdo --Alyssalover 22:45, 4 Dec 2004 (UTC)
Alemaña (RFA e RDA)
[editar a fonte]Ola Pablo, quería facer algunhas precisións sobre as páxinas da RDA e RFA. As redireccións dobres están consideradas un problema na Wikipedia, de feito hai unha opción do software onde se poden consultar para logo eliminar. A solución sería dirixir desde as distintas páxinas a redirección directamente á páxina de destino, pero un exceso de redireccións tamén pode supor un problema (sería preferible quedarse cos nomes oficiais e como moito coas siglas tal como vimos facendo). Outra cuestión referida aos homónimos: neste caso a República Federal Alemana non lle sería aplicable que sexa un homónimo, tería que ser Alemaña no caso de utilizar algún. Para situacións como esa a solución aprobada é que o usuario entre na páxina principal (Alemaña) e desde alí poñer un enlace á páxina de homónimos co modelo {{Outroshomónimos}}. Un cordial saúdo. --Prevert (talk) 18:35, 14 Dec 2004 (UTC)
Países de Europa
[editar a fonte]Felicítote, un bo traballo o que están facendo completando cos modelos esas páxinas. Saúdos. --Prevert (talk) 11:04, 22 Dec 2004 (UTC)
20.000 artigos
[editar a fonte]Ola Pablo Grandio. A Galipedia acadou a cifra de 20.000 artigos.
Por mor de teres colaborado connosco, e porque calquera contribución é importante e insubstituíble inda que sexa un feito puntual, ademais de agradecerche o teu labor, invitámoste aos diferentes espazos que na Galipedia celebran a consecución dos 20.000 artigos:
Agradeceriamos que te unises a esta celebración expresando a túa opinión en Wikipedia talk:20.000 artigos. Sabemos que isto non sempre será posible, pois algúns dos usuarios editores da Galipedia non han conectar estes días.
Grazas de novo por ser un máis entre nós.--Prevert(talk) --Lmbuga Commons - Galipedia 00:46, 6 decembro 2006 (UTC)
Imaxe con orixe en Commons
[editar a fonte]Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Image:250px-Winston Churchill.jpg, localizouse a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Winston Churchill.jpg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.
Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Image:250px-Winston Churchill.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), póñase en contacto co usuario que envía a mensaxe para que a imaxe sexa restaurada. .
Grazas pola súa colaboración. Non dubide en contactar comigo se ten algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo
Lmbuga Commons - Galipedia 18:50, 30 decembro 2007 (UTC)
Imaxe con orixe en Commons
[editar a fonte]Ola Pablo Grandio. Grazas por contribuíres a mellorar a Galipedia cargando imaxes. No caso de Imaxe:Reagan.jpg, localizamos a orixe da imaxe en Commons (Commons:Image:Official Portrait of President Reagan 1981.jpg), sendo a orixe unha imaxe idéntica ou de mellor calidade.
Posto que as imaxes de Commons poden empregarse na Wikipedia galega sen previamente teren que ser subidas, a imaxe Imaxe:Reagan.jpg foi borrada. En caso de que dita imaxe non sexa idéntica á de Commons (unha tradución, por exemplo), ponte en contacto comigo para e restaurar a imaxe.
Un cordial saúdo.
--Lmbuga Commons - Galipedia 19:36, 31 decembro 2007 (UTC)
Douglas MacArthur
[editar a fonte]Boas, o artigo Douglas MacArthur, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 5 de maio de 2020 ás 22:15 (UTC)
Don Rodrigo
[editar a fonte]Boas, o artigo Don Rodrigo, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, . HombreDHojalata.conversa 13 de setembro de 2022 ás 21:06 (UTC)
Witizianos
[editar a fonte]Boas, o artigo Witizianos, que creaches ti, ten o marcador de curto de máis, a ver se podes amplialo un pouco máis. Saúdos, MAGHOI (conversa) 24 de setembro de 2022 ás 16:39 (UTC)