Conversa usuario:Ommrianxo
Benvido(a) á Galipedia, Ommrianxo!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores. |
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. ☣Banjo tell me 23 de marzo de 2017 ás 12:49 (UTC)
Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]
Ola, Ommrianxo. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.
Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso segue os seguintes pasos:
Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! ☣Banjo tell me 23 de marzo de 2017 ás 12:49 (UTC)
Persoeiros[editar a fonte]
Boas Ommrianxo, desfixen a túa edición en Isorna, Rianxo porque non se permite engadir seccións de persoeiros nos artigos xa que se considera que son seccións subxectivas e incompletas, os persoeiros xa están nas categorías axeitadas. Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de marzo de 2017 ás 15:41 (UTC)
De/En/Por+ A Coruña[editar a fonte]
Ola, Ommrianxo. Cómpre unir a preposición ao artigos dos toponónimos. Escríbese, por exemplo, provincia da Coruña e non *de A Coruña. Se cadra viches ese erro nalgúns sinais de tráfico; pois que saibas que é iso, un erro. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22 de outubro de 2017 ás 09:58 (UTC)
Reposta[editar a fonte]
OlA Atobar. A min ensináranme que o artigo e a preposición non se contraían nos topónimos nos que o artigo forma parte do nome, por iso o facía así.
Atopeino na páxina 84[1]:
- Estas contraccións realízanse tamén cando o artigo dos topónimos vai precedido dunha destas preposicións:
- veño da Coruña, estou na Pobra do Caramiñal, vou ao/ó Carballiño.
- Mais non se realizan cando a preposición non rexe o substantivo determinado polo artigo:
- antes de os galos cantaren
Sempre se aprende algo novo. Saúdos. --Ommrianxo (conversa) 8 de abril de 2018 ás 07:49 (UTC)
- ↑ Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, na web da Real Academia Galega.