Conversa usuario:Newsou

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Newsou!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 19:24, 18 de febreiro de 2011 (UTC)

Conflito de intereses[editar a fonte]

Por favor, ten en conta o expresado en Wikipedia:Conflito de intereses.

Grazas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 12 de abril de 2013 ás 07:11 (UTC)[responder]

Insisto no anterior. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15 de outubro de 2013 ás 00:26 (UTC)[responder]

Imaxes na Galipedia[editar a fonte]

Boas, tiven que borrar a imaxe de Fernando Rodríguez Méndez porque ten dereitos de autor e na Galipedia só se poden usar fotos que teñan licenzas libres que permitan uso comercial e obras derivadas. Tes máis infomación sobre o tema en Wikipedia:Política de uso de imaxes e se tes calquera dúbida sobre o tema podes preguntarma na miña páxina de conversa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2013 ás 11:12 (UTC)[responder]

Boas, outra vez tiven que borrar outra imaxe subida por ti por ter dereitos de autor. Recoméndoche que antes de subir máis imaxes revises a páxina que che indiquei e se tes algunha dúbida podes consultarma na miña páxina de usuario. Como norma-resumo xeral: as imaxes que atopes en Internet non son válidas agás que especifiquen claramente que teñen unha licenza libre que sexa compatible coa da Galipedia, é dicir que permitan obras derivadas e uso comercial. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 15 de outubro de 2013 ás 07:46 (UTC)[responder]

Non sei se este é o lugar onde teño que responder. Quero comunicarche que as dúas fotos que subín son miñas, non entendo o do conflicto de intereses.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Newsou (conversacontribucións) 15 de outubro de 2013 ás 09:43‎

Ola, veño de subir novamente unha foto, da miña autoría, de uso libre. Apertas!—o anterior comentario sen asinar foi feito por Newsou (conversacontribucións) 15 d e outubro de 2013 ás 20:05‎

Boas Newsou, volvín a quitar a imaxe que puxeches no artigo de Fernando Méndez porque viola os seus dereitos de autor. De novo teño que comentarche que non podes usar na Galipedia imaxes de Internet que non indiquen explicitamente polo seu autor que teñen unha licenza libre que permita obras derivadas e uso comercial. En resumo non podes subir ningunha das imaxes desta páxina porque os autores das mesmas non indicaron a licenza co cal hai que asumir que teñen copyright. E unha cousa, Fernando Méndez non é o propietario dos dereitos de autor desas imaxes aínda que sexa el o que aparece nelas, os dereitos de autor son dos fotógrafos que fixeron esas imaxes, e son eles os únicos que poden liberar eses dereitos.

Se tes calquera dúbida podes contactar comigo na miña páxina de usuario ou consultar na taberna. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de outubro de 2013 ás 23:43 (UTC)[responder]

Ola de novo. Sobre este tema quería comentarche un par de cousas para ver se che axudan. A forma máis sinxela de engadir unha imaxe á Galipedia é facela un mesmo e poñerlle unha licenza libre. Tamén podes dicirlle a un familiar ou a un coñecido que faga a foto e logo que faga un usuario en Commons e a suba cunha licenza libre (el ten que facer isto porque é o autor e é o que ten que liberar os seus dereitos). A forma complicada sería falar cun fotógrafo que lle fixera unha foto a Fernando Méndez e convencelo de que liberara os seus dereitos de autor sobre a foto e que lle mandara un correo indicando unha licenza libre que permitira o uso comercial e facer obras derivadas ó proxecto de Commons, as instruccións están en aquí. O sistema OTRS é un sistema que ten a wikipedia para gardar as autorizacións das fotos que non son dos seus usuarios, pero para que acepten ese correo os revisores do OTRS teñen que poder comprobar dalgunha forma que o correo pertence realmente ó fotógrafo que fixo a foto (normalmente chega con que envíen un correo dende un dominio que teña o seu nome). Outra forma sería atopar unha foto que tivera unha licenza libre nunha páxina de Internet, por exemplo, si un dos fotógrafos de Méndez ten unha páxina web podería publicar alí unha foto del e indicar que ten licenza libre CC-BY-SA (por exemplo) e así podería copiarse en Commons poñendo o nome do fotógrafo e a ligazón da páxina orixinal da foto. Se tes algunha dúbida sobre estos temas podes poñerte en contacto comigo na miña páxina de usuario. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de outubro de 2013 ás 14:48 (UTC)[responder]

Ola Elisardo, veño de subir novamente unha imaxe da miña autoría, libre, en Commons. Trátase de: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Fernando_M%C3%A9ndez..jpg. Dime, por favor, se a podo utilizar na miña páxina de wikipedia. Grazas. E tamén subín esta outra: https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Escritor_Fernando_M%C3%A9ndez.png. Ámbalas dúas son libres. Dime, por favor, como fago para poder utilizalas.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Newsou (conversacontribucións) 21 de outubro de 2013 ás 18:09‎

Non, esas imaxes non valen porque non son da túa autoría. Primeiro aclaremos unha cousa e despois seguimos, ti es Fernando Méndez ou alguén relacionado directamente con el (familiar ou empregado...)? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2013 ás 00:15 (UTC)[responder]

Si, son Fernando Méndez. E a intención é completar a información que figura sobre min na galipedia cunha foto. Esas dúas fotos son miñas. Grazas!—o anterior comentario sen asinar foi feito por Newsou (conversacontribucións) 22 de outubro de 2013 ás 08:28‎

Estás trabucado nunha cousa, ti saes nas imaxes e tes os teus dereitos de imaxe (que non afectan á licenza do ficheiro, iso é outra cousa), pero esas fotos non son túas porque ti non as fixeches :). As fotos fixéronas dous fotógrafos que son os autores das mesmas e son os que teñen os seus dereitos de autor. Os únicos que poden liberar os dereitos de autor desas imaxes son os fotógrafos desas imaxes. Para xestionar iso habería que utilizar o sistema OTRS que che comentei arriba, pero hai unha forma mil veces máis sinxela de achegar unha imaxe: conseguir unha foto nova dun fotógrafo e que el mesmo suba a imaxe a Commons cunha licenza libre. Non é preciso unha imaxe de calidade profesional, a maioría das imaxes que hai nas wikipedias son imaxes de amateurs. O meu consello é que consigas que algún familiar ou un amigo che faga unha foto e que el a cargue en Commons (coa túa axuda se el non pode, pero co seu usuario e contraseña para que quede claro que é o autor). E isto podes facelo en menos de media hora e rematar con toda esta leria :).
Outra cousa, lembra asinar os teus comentarios nas páxinas de conversa, podes facelo de forma sinxela premendo na icona do lápiz que hai enriba da ventana na que se escribe. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de outubro de 2013 ás 08:53 (UTC)[responder]

OK, entendido. Moitas grazas.—o anterior comentario sen asinar foi feito por Newsou (conversacontribucións) 22 de outubro de 2013 ás 12:11‎

Ola, Newsou;

A imaxe que subiches está copiada do Perfil de Facebook de Fernando R. Méndez; este perfil ten dereitos reservados, polo que as fotos de aí tomadas non poden ser usadas na Wikipedia. Se es ti Fernando, desiste de editar o artigo sobre a túa persoa e non inclúas bibliografía sobre ti no artigo Caso do metílico, pois estás a incorrer en Conflito de intereses. Hai 100.000 artigos na Galipedia nos que se agradece a túa colaboración, non te limites a falar de ti mesmo, por favor.

Para responder unha mensaxe, faino na páxina de conversa do usuario que che escribe (para acceder á miña, pincha onde pon "pa o que queiras..."), porque se non, quen che escribe non sabe cando respondes.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de outubro de 2013 ás 20:37 (UTC)[responder]