Conversa usuario:Dani.pazos
Benvido(a) á Galipedia, Dani.pazos!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Primeiros pasos
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente. Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
Recomendacións
Cometiches un erro?
|
Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 2 de setembro de 2017 ás 04:43 (UTC)
David Ortiz[editar a fonte]
Ola, Dani! No artigo de David Ortiz sería interesante usar as ligazóns que aparecen como bibliografía como referencias específicas no corpo de texto. Así, poderíase referenciar o do cóctel Grelo Soul, a creación do seu bar etc. O formato é sinxelo: abonda con poñer a nota no lugar que queiras, poñendo <ref> ao comezo e </ref> despois das explicacións (por exemplo, quedaría <ref>"Hacemos gastronomía bebible", La Voz de Galicia, 13 de febreiro de 2012.</ref>).
Prefiro explicarcho así e non facelo eu para que aprendas como vai, sería interesante que seguises creando artigos sobre xente relevante. Se tes algunha dúbida non teñas medo a preguntar. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de setembro de 2017 ás 09:39 (UTC) Grazas pola axuda e pola rapidez na resposta. Borrei a nota de prensa porque non creo que aporte gran cousa ao artigo, e engadín unha referencia no texto. Non sei cal é a politica para borrar a mensaxe de "Artigo baixo sospeita". Podo quitala eu? Ten que ser un administrador? Grazas!
Axudas ortográficas[editar a fonte]
Ola Dani.pazos. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O corrector ortográfico de Firefox do Proxecto Trasno.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir! -- . HombreDHojalata.conversa 21 de setembro de 2017 ás 10:43 (UTC)
Grazas a ti pola axuda e a recomendación. --Dani.pazos (conversa) 21 de setembro de 2017 ás 10:50 (UTC)