Conversa usuario:Creepin galego16
Benvido(a) á Galipedia, Creepin galego16!
Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc. | ||
Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
|
|
Boa estadía e bo traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2014 ás 01:14 (UTC)
Datos dos ficheiros
[editar a fonte]Ola Creepin galego16, grazas por subires ficheiros á Galipedia.
Porén, tódolos ficheiros subidos deben expresar a información específica suficiente para que poidan ser empregados nos artigos e as licenzas poidan ser comprobadas.
Esa información débese incorporar copiando e cumprimentando debidamente os datos expostos a continuación (substitúase o que está en cor verde):
{{Information |Description= Descrición do ficheiro (que é?, onde foi feito?...) que facilite o seu emprego na Galipedia. |
En Permission indíquese a {{licenza}} entre dobres chaves.
- Como incorporar os datos que son precisos aos ficheiros?
-
- Como incluír os datos que se che requiren cando vas subir un ficheiro?
- No momento da subida hai unha caixa na que podes escribir que pon Descrición:. Podes poñer aí os datos e así non tes que editar despois a ficha do ficheiro.
- Como incluílos cando un ficheiro xa foi subido?
- Accede á túa lista de imaxes. Fai clic sobre o ficheiro que desexes editar para lle variar a información que contén.
- Xa estás na páxina da ficha do ficheiro, fai clic na pestana Editar que está na parte superior.
- Engade os datos precisos escribindo na páxina que aparece. Lembra que os datos precisos son a orixe da foto e a licenza. A licenza hai que poñela entre dobres chaves.
- Garda a páxina
Se tes algunha dificultade, non dubides en pórte en contacto comigo (para iso, segue as indicacións expresadas en como contactar con outros usuarios).
Graciñas, un saúdo e a seguir.--. HombreDHojalata.conversa 14 de marzo de 2014 ás 12:41 (UTC)
Axudas ortográficas
[editar a fonte]Ola Creepin galego16. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.
Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:
- O corrector ortográfico en liña de galego do Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo.
- O revisor ortográfico da Galipedia: activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 19 de marzo de 2014 ás 21:42 (UTC)
Evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos
[editar a fonte]Ola Creepin galego16.
É mellor evitar as ligazóns internas cara a páxinas de homónimos. Se queres, podes axudarte da ferramenta de detección da Galipedia, activándoa en:
Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos (para empregalo é imprescindible acceder ao sistema como usuario rexistrado).
Tes máis información en: Wikiproxecto mantemento#Ligazóns a páxinas de homónimos.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 22 de marzo de 2014 ás 09:53 (UTC)
Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia
[editar a fonte]Ola Creepin galego16.
Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.
Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.
Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:
- A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
- →
- → Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
- → Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
- → A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
- → Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
- Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.
Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 22 de marzo de 2014 ás 19:04 (UTC)
- Moitas grazas pola información, estoume iniciando nisto e non sabía que fose tan difícil o de meter códigos e todo iso, espero ir mellorando co paso do tempo. Metín a referencia na páxina de conversa, está correcto así?
- Saúdos! —o anterior comentario sen asinar foi feito por Creepin galego16 (conversa • contribucións)
- Correcto. Non te preocupes, ninguén de nós naceu aprendido. Vai pouco a pouco. Vendo como están os artigos que xa hai. --. HombreDHojalata.conversa 22 de marzo de 2014 ás 22:11 (UTC)
Asina as mensaxes nas páxinas de conversa
[editar a fonte]Ola Creepin galego16. Por favor, asina as túas mensaxes nas páxinas de conversa.
Graciñas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 23 de marzo de 2014 ás 16:26 (UTC)
Aviso na taberna de axuda
[editar a fonte]Boas, fixen unha petición na taberna que ó mellor podería ser do teu interese. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de febreiro de 2015 ás 21:09 (UTC)