Conversa usuario:Acostasfer

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dámosche a benvida á Galipedia, Acostasfer!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros, citar as fontes e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto das persoas que editamos na Galipedia na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe doutra persoa tes que facelo na súa páxina de conversa, se non, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outra persoa. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo..Maria zaos (conversa) 3 de decembro de 2020 ás 18:18 (UTC)[responder]

Carmela Silva[editar a fonte]

Benvid@á Galipedia, Acostasfer! Grazas polas túas achegas no artigo de Carmela Silva. Lamentablemente as túas edicións foron revertidas por non axustarse ás políticas vixentes na Galipedia. No cadriño por riba desta mensaxe tes varias ligazóns que son importantes: ás políticas, que son as normas consensuadas pola comunidade para rexir o traballo wiki; ao libro de estilo e ás páxinas de axuda nas que atoparás todo o necesario para crear e mellorar artigos con calidade e o máis importante: os piares da wikipedia. Recoméndoche que lles botes unha ollada e que se tes algunha pregunta non dubides en preguntar.
Comentarei agora un pouco as razóns da reversión das túas edicións no devandito artigo:

  1. Segundo o primeiro piar da Wikipedia, os contidos que se engadan deben estar apoiados por fontes de calidade, de xeito que cumpran o criterio de verificabilidade. Nas túas achegas non acompañaches ou citaches a fonte de onde procedían estes datos, polo que podería chegar a interpretarse como un texto propio ou investigación orixinal. Wikipedia non é unha fonte primaria, senón secundaria, é dicir, todo o que nela se recolle debe ter sido publicado anteriormente fóra dela. Como é posible que non incorporases as fontes dende as que tomaches esta información por non saber como editar esas citas, nunha mensaxe máis abaixo indicareiche como facelo.
  2. O segundo piar é o punto de vista neutral á hora de dar forma a un artigo. É dicir, non deben pesar uns aspectos sobre outros, debe haber un equilibrio. Sobre todo se debe evitar recoller só os aspectos máis favorables. Esta última tendencia achegaría un artigo á promoción, que non ten cabida na wikipedia segundo as políticas que a rexen.
  3. Relacionado co punto de vista neutral están os criterios de relevancia e de proporcionalidade. Axustándonos ao caso da biografía que nos ocupa, se ben pode ser interesante a creación de artigos como "Escola de Igualdade María Vinyals" ou "Cátedra Feminismos 4.0" ( de feito xa existe Sociedade dixital e xénero. Hackeando o patriarcado) o volume de texto que ocupaban dentro da biografía os logros en materia de igualdade acadados na Deputación no tempo que durou o seu mandato non semellaba moi proporcionado. Nas biografías de profesionais da política non se adoita nomear todos os logros conseguidos no tempo que estiveron no cargo, senón o cargo en si mesmo. (Podes comprobalo en Carme Chacón, María Teresa Fernández de la Vega ou Felipe González). Podería ser interesante, nalgún artigo que trate sobre a evolución do traballo institucional para a igualdade entre homes e mulleres en Galicia, por exemplo, recoller algún dos aspectos que apuntaches no artigo. Non hai que esquecer que a biografiada formou parte dun equipo humano e dun contexto concreto.

Se tes algunha dúbida sobre estes puntos ou sobre como mellorar este ou outros artigos non dubides en consultarme. Saúdos.--Maria zaos (conversa) 3 de decembro de 2020 ás 22:35 (UTC)[responder]

Referencias en contribucións recentes[editar a fonte]

Ola, Acostasfer. Algunhas das contribucións que realizaches non teñen fontes ou referencias, necesarias para cumprir coa política de verificabilidade da Galipedia. Debido a isto, incluíronse os marcadores {{Sen referencias}} e/ou {{Cómpre referencia}} ou ben foron modificadas ou retiradas dos artigos.

Para engadir referencias nun artigo, tes que incluír <ref>referencia</ref> despois da información, poñendo no lugar de referencia a cita da fonte ou ligazón de onde sacaches a información, cos parámetros de modelos como {{Cita libro}} ou {{Cita web}}. Tamén podes utilizar a ferramenta para citar dispoñíbel na Galipedia; para iso sigue os seguintes pasos:

Na barra de ferramentas hai un botón que pon "Citar". E ao premer nel aparece un menú despregábel onde pon "Modelos".
Ao premer en "Modelos" desprega estas opcións; hai que escoller unha segundo o tipo de cita.
Despois de escoller unha, sae un formulario; unha vez completado, hai que darlle a "Inserir" (non é necesario encher todos os campos).

Antes de retirar o marcador, asegúrate de incluír as referencias no artigo ou artigos.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!.--Maria zaos (conversa) 3 de decembro de 2020 ás 22:37 (UTC)[responder]