Conversa Wikipedia:Transliteracións

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amhárico[editar a fonte]

Básicamente existen dous sistemas:

  • BGN/PCGN, 1967, anglo-orientado.
  • ONU, 1967, desarrollado en Etiopía e tamén anglo-orientado.

A escolla é pouca, mais penso que é mellor empregar o primeiro, que é de uso internacional amplo. O segundo non ten uso en Etiopía. --Norrin (Fálame) 20 de marzo de 2014 ás 11:32 (UTC)[responder]

Bielorruso[editar a fonte]

(De en:Romanization of Belarusian.) Para o bielorruso existen os seguintes sistemas:

  • BGN/PCGN, 1979, predominante en EEUU e RU.
  • Estándar británico de 1958.
  • Transliteración científica.
  • Biblioteca del Congreso, 1997.
  • ISO 9 de 1995.
  • Nacional (2007), recomendado por la ONU.
  • Alfabeto latino bielorruso (Lacinka)

--Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 09:00 (UTC)[responder]

O bielorruso ten tradicionalmente unha escrita latina (lacinka), aínda que sen oficialidade si que tivo un uso tradicional. O problema é que, ao non ser oficial, houbo varias versións da mesma e non é doado cinguirse a unha ao non estar estandarizadas. Do resto de sistemas, o nacional de 2000 (revisado en 2007) semella o mais axeitado, xa que é o recomendado pola ONU e é bastante semellante ás escritas latinas tradicionais (lacinka). O problema dos outros é que están orientados de xeito espefícico para anglófonos. --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 09:04 (UTC)[responder]

Búlgaro[editar a fonte]

Para o búlgaro existen varios sistemas de transliteración propostos, que preséntanse deseguido en orde cronolóxica:

  • ISO/R 9:1968 / Científica: Con diacríticos. Adoptado por Bulgaria en 1973, mais sen uso actual.
  • ISO 9 (1995): Con diacríticos. Sen uso actual.
  • ALA/LC: Usado pola Biblioteca do Congreso dos EEUU. Marcas diacríticas complicadas (t͡s, ĭ). Sen uso oficial.
  • BGN/PCGN: Británico/americano. Case sen diacríticos. Uso extenso, non oficial.
  • Oficial (nacional). Sen diacríticos. Uso extenso, oficial.

(Para máis información, ver en:Romanization of Bulgarian).

Tendo en conta que os tres primeiros teñen cada vez menor uso, habería que adoptar o estadounidense-británico (BGN/OPCGN) ou o nacional. As diferencias son mínimas: <x> por <kh> ou <h>, <ь> por <'> ou <y> e <ъ> por <ŭ> ou <a>.

Propoño adoptar o nacional. --Norrin (Fálame) 13 de marzo de 2014 ás 13:34 (UTC)[responder]

Para o grego cómpre distinguir o grego antigo do moderno.

  • Para o grego antigo, existen dúas romanizacións: clásica e científica.
  • Para o grego moderno, existen as seguintes: ISO, ONU e BGN (centrada no inglés).

Por sinxeleza, para o grego antigo creo que e mellor a romanización clásica. No caso do grego moderno, rexeitando a versión orientada ao inglés, eu quedaría coa proposta da ONU, xa que é amplamente empregada en Grecia e Chipre. --Norrin (Fálame) 19 de marzo de 2014 ás 16:43 (UTC)[responder]

Casaco e cambios 2017-2025[editar a fonte]

Copio aquí arriba a táboa que está actualmente na política para que sexa máis doado traballar nun único sitio.

Maria zaos (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 08:23 (UTC)[responder]

Grazas, Maria, por poñerme sobre aviso desta páxina. Basicamente, o presidente de Casaquistán ordenou a derrogación oficial do alfabeto cirílico que viñan utilizando e substituíuno por un novo, baseado no latino. Isto implica que deixarán de ser necesarias as transliteracións como tais. Aínda debo actualizar o artigo da lingua para mencionar todo isto, pero xa está todo documentado desde o ano pasado no artigo de enwiki. Isto implicará cambiar as transliteracións dos títulos dos artigos para migrar á nova grafía latina, como se mostra na columna «Latin (2018)» da táboa no artigo inglés. (Agora que o penso, quizais aínda non faga falta apresurarse en cambiar a grafía de toda a enciclopedia, dado que na mesma Wikipedia en casaco aínda teñen a transliteración latina antiga en lugar do alfabeto novo…) —Born2bgratis (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 01:17 (UTC)[responder]
Non entendo nada de casaco nin de transliteracións do cascao.--Miguelferig (conversa) 4 de xullo de 2019 ás 09:58 (UTC)[responder]
Teño que velo con calma; porén, o que vexo a primeira vista é que é un cambio que se fará efectivo en 2025... --Norrin (Fálame) 5 de xullo de 2019 ás 07:17 (UTC)[responder]
@Norrin strange:, é efectivo desde 2018; a data límite do prazo de transición é 2025. É diferente. —Born2bgratis (conversa) 5 de xullo de 2019 ás 12:33 (UTC)[responder]

Macedonio[editar a fonte]

Ucraíno[editar a fonte]

Proposta engadida por Xoio.


Este é o sistema técnico internacional de transcrición, sistema de transcrición científica de ISO-9 e a versión de transcrició en galego suxerido por este wikipedista.

  • Para ver unha táboa que mostra a transcrición, os sistemas ISO-9 e transcrición ou romanización do ucraíno para o inglés no sistema oficial de Ucraína, no sistema británico, no sistema francés e no alemán, véxase Romanización do ucraíno (en inglés).


Letras e símbolos do alfabeto ucraíno
Redonda Cursiva Transliteración
científica
Transliteración
ISO-9
Nome Pronunciación
(AFI)
Transcrción (proposta)
para o galego
А а А а a a а /ɑ/ [ɑ] a
Б б Б б b b бе /bɛ/ [b] b
В в В в v v ве /wɛ/ [w] ou [v] v
Г г Г г h g ге /ɦɛ/ [ɦ] h
Ґ ґ Ґ ґ g ґе /ɡɛ/ [ɡ] g, gue, gui
Д д Д д d d де /dɛ/ [d], [dʲ] d
Е е Е е e e е /ɛ/ [ɛ] e
Є є Є є je ê є /jɛ/ [jɛ] ie
Ж ж Ж ж ž ž же /ʐɛ/ [ʐ] x
З з З з z z зе /zɛ/ [z], [zʲ] z
И и И и y i и /ɪ/ [ɪ] i
І і І і i ì і /i/ [i] i
Ї ї Ї ї ï (ji) ï ї /ji/ [ji] ii
Й й Й й j j йот /jɔt/, й /ɪj/ [j] i
К к К к k k ка /kɑ/ [k] k
Л л Л л l l ел /ɛl/ [l], [lʲ] l
M м М м m m ем /ɛm/ [m] m
Н н Н н n n ен /ɛn/ [n], [nʲ] n
О о О о o o о /ɔ/ [ɔ] o
П п П п p p пе /pɛ/ [p] p
Р р Р р r r ер /ɛr/ [r], [rʲ] r
С с С с s s ес /ɛs/ [s], [sʲ] s
Т т Т т t t те /tɛ/ [t], [tʲ] t
У у У у u u у /u/ [u] u
Ф ф Ф ф f f еф /ɛf/ [f] f
Х х Х х x h ха /xɑ/ [x] kh
Ц ц Ц ц c c це /tsɛ/ [ts], [tsʲ] ts
Ч ч Ч ч č č че /tʂɛ/ [tʂ] ch
Ш ш Ш ш š š ша /ʂɑ/ [ʂ] x
Щ щ Щ щ šč ŝ ща /ʂtʂɑ/ [ʂtʂ] xch
Ь ь Ь ь м’який знак /mjɑˈkɪj ˈznɑk/
(signo suave ou débil)
[◌ʲ] non indicar (ou usar ’)
Ю ю Ю ю ju û ю /ju/ [ʲu], [ju] iu
Я я Я я ja â я /jɑ/ [ʲɑ], [jɑ] ia
- (″) ' апостроф /ɑˈpɔstrɔf/
(apóstrofo)
[j] apóstrofo (ou ″ ) apóstrofo
(signo duro)

Proposta suxerida polo wikipedista Xoio. Espéranse críticas, opinións, suxestións. --XoioÉche o que hai 14 de marzo de 2014 ás 05:33 (UTC)[responder]


Xoio, a túa proposta, cal é a súa fonte? Lembra que non podemos inventar nada! Nonh podes facer unha "proposta de Xoio". Podes propor adoptar unha das transliteracións existentes. Por outra parte, prégoche que non fagas edicións sen comentalo aquí, e non retires o marcador de {{En uso}}. --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 07:36 (UTC)[responder]

Para o Ucraíno exiten, básicamente, os seguintes sistemas de transliteración. Cómpre elixir un deles:
  • Científico.
  • Biblioteca do Congreso dos EEUU.
  • Estándar británico.
  • BGN/PCGN.
  • ISO 9.
  • Sistema nacional ucraíno.
  • Estándar francés.
  • Estándar alemán.

--Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 07:46 (UTC)[responder]

Propoño tomar o estándar ucraíno. --Norrin (Fálame) 18 de marzo de 2014 ás 08:57 (UTC)[responder]

Xeorxiano[editar a fonte]

Existen os seguintes sistemas:

  • Nacional (2002): Deixa fora ás letras arcaicas.
  • BGN/PCGN (1981): Centrado no inglés.
  • ISO 9984 (1996):
  • ALA-LC (1997): Centrado no inglés.

Penso que a elección estaría entre o nacional e o iso 9984. Aínda que deixe fora ás letras arcaicas, propoño tomar o nacional. Á hora de escribir sobre xeografía ou sobre persoas non imos atopar estas letras arcaicas; e no caso de atopalas podemos fixarnos na wiki en xeorxiano para ver qué letra empregan para substituilas. O nacional é máis moderno, é de uso oficial. --Norrin (Fálame) 17 de marzo de 2014 ás 09:00 (UTC)[responder]

Como consideración xeral, temos que elixir ir pola vía dos sistemas nacionais ou pola vía dos sistemas anglófonos. Considero mellor a primeira, aínda que leve a cambios. --Norrin (Fálame) 19 de marzo de 2014 ás 11:45 (UTC)[responder]

Mais para traballo. [1] [2]
Mais referencias 1

Referencias[editar a fonte]

Sei que o artigo está en construción, pero a medida que se achegan cada unha das transliteracións creo que sería convinte que se fosen engadindo as referencias onde se poden consultar. Dígoo porque para o común dos mortais coma min, este campo é totalmente descoñecido e sería de moita axuda saber o sitio orixinal de onde ven todo para non perdernos no intento de comprobar algo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 09:04 (UTC)[responder]

Ok. Engado referencias dos sistemas elixidos, e explico na páxina de conversa os motivos, qué che parece? Supoño que te refires a iso, Elisardojm. Por certo, grazas por participar. --Norrin (Fálame) 14 de marzo de 2014 ás 09:06 (UTC)[responder]
Si, xustamente iso, é que para os que non estamos metidos no tema se non se pon claramente o que hai que mirar, e se explica un pouco a cousa vainos ser imposible participar e así malamente imos poder votar... Grazas a ti polo choio! :)--Elisardojm (conversa) 14 de marzo de 2014 ás 10:10 (UTC)[responder]

Linguas[editar a fonte]

Nesta política inicial só engádense linguas oficiais a nivel nacional, por delimitar un pouco o seu alcance. Iso non significa que, nun futuro, non se poda ampliar con outras linguas.

Noutras wikis[editar a fonte]

Páxinas semellantes noutras wikis: en:Wikipedia:Romanization.

Transliteracións de alfabetos latinos[editar a fonte]

Desta política entendo que aqueles alfabetos latinos con formas inusuais non se transliteran parcialmente en ningún caso. E penso por exemplo no azarí que ten certas formas especiais que aparecen en moitas páxinas da Galipedia modificados. Estou nun erro?--HacheDous=0 (conversa) 2 de maio de 2020 ás 11:26 (UTC)[responder]

As formas en alfabeto latino, cos dígrafos e letras adicionais que precisen, non se modifican (cf. İlham Əliyev), mais pode ser recomendable crear redireccións que axuden ás buscas e á navegación (Ilham Aliyev). Está recollido para nomes propios aquí: WP:NPP. --Norrin (Fálame) 4 de maio de 2020 ás 08:57 (UTC)[responder]