Conversa:Rela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

Modifiquei notabelmente o artigo, debido ás últimas investigacións, entre elas as dos herpetólogos galegos Pedro Galán, profesor titular da área de Zooloxía da Universidade da Coruña e Miguel Vences, actualmente profesor de Bioloxía Evolutiva, no Instituto Zoolóxico da Univerdidade Técnica de Braunschweig (Alemaña).[1] --XoioÉche o que hai 02:34, 2 de outubro de 2012 (UTC)

Notas[editar a fonte]

Redireccións[editar a fonte]

Non entendo por que Hyla arborea redirixe a este artigo, cando este fala da Hyla molleri, mentres que a Hyla arborea é a estroza europea. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 20:48, 2 de outubro de 2012 (UTC)

A razón, é simple. Até hai poucos anos pensábasae que Hyla molleri non era unha especie independente, senón unha subespecie de Hyla arboresa, denominada H. arborea molleri. E por iso o primeiro editor (ou algún outro), fixo a redirección de Hyla arboera cara Estroza. Pero agora, como se deduce das informacións que introducín, documentadas, na miña última intervención, xa non é así: desde o ano 2008 admítese Hyla molleri como especie independente (a maiores, véxanse os mapas de distribución de ambas as especies, Hyla molleri e Hyla arborea, nas páxinas Estroza e Estroza europea, respectivamente). Isto levoume a inventar o nome vulgar estroza europea para a segunda (en portugués é rã-arborícola-europeia).
E como non sei (e creo que non podo) cambiar redireccións foi polo que puxen a nota inicial na páxina Estroza, avisando de que Hyla arborea redirixía cara a alí, pero que se quería saberse dela, e especie estaba en Estroza europea. --XoioÉche o que hai 11:53, 3 de outubro de 2012 (UTC)

Estroza ou rela?[editar a fonte]

Na última modificación que fixeron no DRAG continúa sen figurar "estroza" e dáselle o nome de "rela" tanto á Hyla arborea coma á Hyla molleri. Habería que mudar o nome do artigo? Marcio (conversa) 27 de novembro de 2016 ás 12:54 (UTC)

A ver se Xoio pode achegar unha referencia válida. Se non, cómpre retirar estroza. --Atobar (conversa comigo) 27 de novembro de 2016 ás 12:57 (UTC)
Feito por Miguelferig. --Atobar (conversa comigo) 27 de novembro de 2016 ás 16:20 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Rela. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de setembro de 2018 ás 03:19 (UTC)

Relas a go-go[editar a fonte]

Boas a todos, acabo de atopar tres artigos de relas e penso que algúns non teñen os nomes axeitados, son rela, rela europea e rela meridional. Os nomes cos que discordo son os de rela europea e rela meridional que se basean na web da Chave que xa sabemos que non ten moita fiabilidade. O tema non é sinxelo porque os nomes comúns de rela e estroza parecen case sinónimos, pero fago unha proposta que penso que mellora o que temos agora mesmo, a ver que vos parece:

  • segundo esta páxina da SGHN, estroza é a Hyla molleri, propoño poñerlle ese título e engadir unha nota que indique que tamén se lle pode chamar rela, segundo a RAG. Curiosamente a RAG non ten a estroza no DRAG, e curiosamente a SGHN non ten a Hyla arborea no seu 7ª actualización do Atlas de Anfibios e Réptiles de Galicia (ano 2017), e tampouco usa o termo rela, cousa que non entendo...
  • segundo a RAG, rela é Hyla molleri ou Hyla arborea, polo que propoño deixar o nome común de rela para a Hyla arborea, indicando nunha nota que segundo a RAG tamén pode usarse para denominar á outra.
  • da Hyla meridionalis ninguén, salvo a Chave, fala dela en galego, aínda cando a súa distribución non chega a Galicia, polo que propoño mover o artigo ó nome científico.

Outra solución alternativa sería deixar o termo rela como unha voz xenérica para unha ra verde, que pode ser a arborea ou a molleri explicando un pouco as súas características xerais e a distribución das dúas relas, e logo poñer esas dúas co seu nome científico indicando que o seu nome común é rela pero que se utiliza para as dúas especies. A meridionalis iría co nome científico de todas todas.

Que vos parece Xoio, Lameiro e Miguelferig? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 09:36 (UTC)

En Galicia hai unha soa rela. O problema é que esta especie chamábase antes Hyla arborea, de ampla distribución en Europa, pero despois a especie foi subdividida e as poboacións ibéricas (antes subespecie) pasaron a denominarse Hyla molleri, polo que o nome de rela que se lle daba debe, en boa lóxica, reservarse para estas poboacións ibéricas e únicas galegas. Por iso a SGHN xa non inclúe H. arborea no catálogo galego (xa non se lle chama así ás poboacións de Galicia). Por iso tamén o DRAG dá dous nomes científicos, debido aos cambios taxonómicos recentes e aínda vacilantes. Outra rela que aparece na Península, pero non en Galicia, é Hyla meridionalis. Entre rela e estroza, prefiro rela porque é o que figura no DRAG (estroza non); pero estroza tamén é un sinónimo referenciado. A miña proposta non coincide exactamente coa de Elisarjdom, e é a seguinte:
    • Chamarlle rela a H. molleri cos seus sinónimos referenciados: ra de Santo Antón e estroza. Se non se atopan referencias de ra das figueiras, habería que borrar esa denominación. Así é como xa está.
    • Chamarlle Hyla arborea (co nome científico) a esa especie. Dado o mapa de distribución non me parece disparatado chamarlle rela europea, pero o problema é que non hai referencias en publicacións zoolóxicas ou de lingua normativa, que é o que me fai inclinar por titulala co nome científico. Esta especie está ausente de Galicia coa nova definición destas especies.
    • Chamarlle Hyla meridionalis, co nome científico, á especie restante.

Os tres artigos deberían comentar todos estes cambios taxonómicos, pero xa o fan, polo que é un traballo feito. Ademais, rela podería ser un nome xeral para todas as Hyla o mundo; nome que tamén se lles dá en portugués. Persiste, pois, o problema xeral, tantas veces comentado, de que nunha enciclopedia como a nosa hai que tratar todas as Hyla do mundo (máis de 30 especies), polo que rela debería ser o nome xeral de todas (nome do xénero), mentres que a especie galega (H. molleri, actualmente) debería ter algún "apelido", como "rela común" ou algo así, pero como non hai referencias, atéñome ás tres propostas que fixen.--Miguelferig (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 17:35 (UTC)

Nada que engadir ó que propón Miguel. Salvo quizais unha cousa: ¡Cantos problemas nos está causando a errónea decisión de titular os artigos co nome común en lugar de seguir a fácil solución de facelo co nome científico! Pedro --Lameiro (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 19:25 (UTC)

Moitas grazas Miguelferig e Lameiro, paréceme moi ben o que dicides, a ver se endereitamos un pouco o tema este das relas polo menos. Lameiro, sobre o tema dos nomes científicos eu estou contigo, pero polo momento non teño forzas para propor máis votacións na taberna, se te animas tes o meu apoio :). Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 20:01 (UTC)
Miguelferig, entón movo rela europea a Hyla arborea, non? Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 20:04 (UTC)
E temos que ter ben coidado, acabo de atopar que esta páxina usa a Galipedia como referencia! 8| Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 20:22 (UTC)
Para ra das figueiras atopei esta páxina, pero di que é a hyla arborea... :( Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 20:24 (UTC)
Ola a todos. Estiven ausente varios días por diversos motivos (persoais) e encontrei hoxe esta conversa. Basicamente estou de acordo con todo o exposto. E o de encabezar o artigo co nome científico da especie, penso que debería ser a norma, salvo en contados casos de nome galego inequívoco e ben establecido. --XoioÉche o que hai 15 de febreiro de 2019 ás 21:05 (UTC)

Entón, se estamos de acordo, podería quedar a páxina rela co nome que xa ten, e as outras dúas co nome científico (H. arborea, H. meridionalis). Esta é a solución máis sinxela polo momento. Por outra parte, nas páxinas que indica Elisarjdom parece que hai referencias de ra das figueiras e de rela común (ás veces referida a H. arborea, pero debido aos cambios taxonómicos pasaría a ser o nome de H. molleri), e incluso hai propostas para rela europea (H. arborea coa nova definición extraibérica) e rela (ou ra) meridional.--Miguelferig (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 21:25 (UTC)

Pois xa está, moitas grazas a todos :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de febreiro de 2019 ás 23:12 (UTC)