Conversa:Henrique Rabuñal

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Movín o artigo de Henrique Rabunhal a Henrique Rabuñal. As máis das fontes dan esta segunda como a forma preferida, non obstante acabo de atopar algunhas outras de relevancia que se refiren a el co NH. --Atobar (conversa comigo) 11:45, 1 de xuño de 2010 (UTC)

Na web do concello aparece Henrique Manuel Rabunhal Corgo (tamén di que naceu na Pastoriza; algunha outra referencia sobre isto?). Cales son esas referencias nas que aparece con NH? Eu creo que debería prevalecer a forma preferida por el, como no caso de Carvalho Calero ou Calros Solla. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:15, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Escoller a forma preferida por el, é algo discutible. En primeiro lugar, porque é difícil atopar fontes que digan cal é a forma preferida por unha persoa. En segundo caso, porque se tomamos como referencia ese criterio, teríamos que determinar tamén cando. Carballo Calero foi a súa forma preferida no 75% da súa vida, e Carvalho no 25% final. O final conta máis có principio? O criterio que se usa na Galipedia é que se coloca a forma pola que é máis coñecido, e se hai dúas formas polas que é coñecido, a galega e a doutra lingua, se escolle a galega. Nestes casos de indeterminación, como o de Rabunhal/Rabuñal, creo que non debemos romper moito a cabeza: as redireccións están pra algo, e o criterio do primeiro creador debería ser suficiente.--Xabier Cid Conversa 09:37, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Co NH: [5], [6], [7]. Non logro saber cal é a forma coa que el se presenta. Vistas as referencias, penso que o Ñ está ben posto, e a redirección con NH tamén. --Atobar (conversa comigo) 09:42, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Na ficha do autor no Centro de Documentación da Asociación de Escritores en Lingua Galega, AELG, figura como Henrique Rabuñal, e alí aparece cunha autobiografía onde sinala a súa procedencia de Pastoriza, no concello de Arteixo. Non editei nada da entrada.--Aprofa (Dime algo aquí) 15:29, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Estou basicamente de acordo con Xabier Cid. Gustaríame lembrar que actualmente o cambio legal dunha forma nominal castelá á súa correspondente galega só precisa dunha partida de nacemento e unha instancia no Rexistro Civil. A forma preferida pode pasar a ser a oficial con só cubrir un formulario. Xoacas(a ver se fajo unhas croquetas) 17:27, 20 de xuño de 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Henrique Rabuñal. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 21:21 (UTC)[responder]