Conversa:Defense of the Ancients

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Termos en inglés[editar a fonte]

E non habería que traducir os termos en inglés que hai no artigo? "Mod" simplemente é "modificación"... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de outubro de 2016 ás 22:33 (UTC)[responder]

Así como o modding ten unha definición propia e utilízase nos medios tanto na propia lingua inglesa coma noutras,[1][2][3] un mod é un termo específico cun significado propio dentro do ámbito dos videoxogos. A definición de mod é ampla e non só abarca modificacións físicas ou de código, aplícase a máis cuestións relacionadas cos videoxogos e a informática en xeral.[4] A falta dun equivalente en galego, considero que cómpre manter o termo na lingua orixinal. Banjo tell me 10 de outubro de 2016 ás 22:54 (UTC)[responder]
Hum..., no artigo en inglés, en:Mod (video gaming), pon "A mod, or modification,"... Si, xa sei que o termo é abondo usado así pero tamén é usado *pulpo e non é correcto...(aínda que non sexa o mesmo caso, é só un exemplo) Non sei o que se debe facer nestes casos así que a ver se outra xente pode botar un ollo a este tema, que dicides Atobar e Xabier Cid? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 08:17 (UTC)[responder]
Eu opino o mesmo que opinei no seu día co artigo de Super Mario, se un termo en inglés non ten tradución debería ir acompañado dunha nota que indique a que se refire. Eu adoito traballar artigos relacionados co hóckey sobre xeo e hai moitos termos que non teñen tradución ao galego (é un deporte que non ten tradición nin presenza no país) e iso é o que fago, introducir unha nota para que @ lector/a poida saber o que está a ler sen sair do artigo nin ter que coñecer a materia. Eu introduciría notas a todo termo en inglés que apareza. Piquito (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 08:25 (UTC)[responder]
Paréceme que o que di Piquito é o máis sensato. Tamén podería haber artigos sobre iso. Non sabería opinar sobre o eido específico dos videoxogos. :( --Xabier Cid Talk 2 me, please 11 de outubro de 2016 ás 08:33 (UTC)[responder]
Si, o que di Piquito a min tamén me parece unha boa solución (e non se contradí co que expón Banjo). En efecto, na informática, e nos videoxogos, hai multitude de palabras foráneas asentadísimas e que polo tanto dan máis problemas ca beneficios á hora de traducilas (o que non quita para tratar de buscarllas, explicacións mediante, sempre que é posible). --Atobar (conversa comigo) 11 de outubro de 2016 ás 10:36 (UTC)[responder]
A min tamén me parece unha boa solución, penso que facilitaría a lectura do artigo ós que non son entendidos, non ten que ser unha explicación moi longa que para iso xa estará o artigo, pero si debe haber algo que permita entender algunhas frases. Moitas grazas a todos polos vosos comentarios. Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 13:22 (UTC)[responder]

Queda explicado no artigo de seu Banjo tell me 11 de outubro de 2016 ás 14:37 (UTC)[responder]

E que pasa con multiplayer online battle arena? Saúdos, Elisardojm (conversa) 11 de outubro de 2016 ás 18:11 (UTC)[responder]
É un xénero de videoxogos[5] ó que habitualmente se fai referencia polas iniciais ("MOBA"), tanto na lingua de orixe inglesa[6] coma noutras.[7][8] Banjo tell me 11 de outubro de 2016 ás 18:27 (UTC)[responder]
Si, xa..., pero arriba concordamos en que sería moi útil no artigo poñer polo menos unha nota informativa explicando o que é ou, cando menos traducindo o termo... Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de outubro de 2016 ás 03:00 (UTC)[responder]
Queda explicado no artigo de seu tamén. Banjo tell me 12 de outubro de 2016 ás 19:30 (UTC)[responder]
Xenial, moitas grazas Banjo :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de outubro de 2016 ás 23:30 (UTC)[responder]

Referencias

  1. http://www.osil.info/o-campion-de-espana-de-videoxogos-hastor-visitara-o-ceip-ribas-de-sil/
  2. http://xuventude.xunta.es/2013051010525/a-14o-edicion-de-xuventude-galicia-net-abre-as-suas-portas-con-1000-inscritos-e-cunha-programacion-enfocada-ao-emprendemento.html
  3. http://codigocero.com/codigoceropapel55.pdf
  4. SCACCHI, Walt. Computer game mods, modders, modding, and the mod scene. First Monday, [S.l.], May. 2010. ISSN 13960466. Available at: <http://firstmonday.org/ojs/index.php/fm/article/view/2965/2526>. Date accessed: 10 Oct. 2016. doi:10.5210/fm.v15i5.2965.
  5. Park, H. and Kim, K.J., 2014, November. Social network analysis of high-level players in multiplayer online battle arena game. In International Conference on Social Informatics (pp. 223-226). Springer International Publishing. http://link.springer.com/chapter/10.1007/978-3-319-15168-7_28
  6. Johnson, D., Nacke, L.E. and Wyeth, P., 2015, April. All about that base: differing player experiences in video game genres and the unique case of MOBA games. In Proceedings of the 33rd Annual ACM Conference on Human Factors in Computing Systems (pp. 2265-2274). ACM.
  7. Gálvez Ruiz, D., Miranda Esteban, M. and Monasterio Martín, F., 2014. Producción de un videojuego multijugador en Unity combinando los géneros MOBA y RTS: tecnología e implementación. http://eprints.ucm.es/26491/
  8. http://galego.farodevigo.es/vida-y-estilo/tecnologia/videojuegos/2015/10/28/sony-presenta-primeros-juegos-sistema/1340248.html

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 10 ligazóns externas en Defense of the Ancients. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 23 de agosto de 2018 ás 06:28 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Defense of the Ancients. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 1 de setembro de 2018 ás 08:23 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Defense of the Ancients. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 4 de setembro de 2018 ás 02:13 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (outubro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 11 ligazóns externas en Defense of the Ancients. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 28 de outubro de 2019 ás 22:33 (UTC)[responder]