Conversa:As dúas Marías

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Untitled[editar a fonte]

A maior parte deste artigo está copiado literalmente sen mencionar a orixe nun artigo sobre as Marías publicado no xornal dixital GzNación. --Iago dime 23:13, 15 marzo 2010 (UTC)

  • Aquí de lles enviar un e-mail para que recoñezan que está baseado no artigo da Galipedia ou que procedon a borrar o texto. --Atobar (conversa comigo) 15:32, 17 marzo 2010 (UTC)
    • Polo que vexo xa foi corrixido (citan fonte), pero creo excesivo e fóra de lugar pedirlles que o borren, xa que tampouco é contido orixinal da Galipedia (pois a Galipedia nunca pode ser fonte primaria e, en consecuencia, beben de outras fontes). Hai que ter máis comprensión cos xornalistas, sobre todo se están nun medio de comunicación galego (que coa que está a chover...), e se teñen un erro coido que é máis que suficiente pedirlles (amabelmente) que o solucionen.--Rosamf 17:35, 17 marzo 2010 (UTC)
    • Non teñen por que borra-lo texto, con indicar nalgures que a maioría da información está extraida da Galipedia chega. --Alberte Si, dígame? 17:20, 17 marzo 2010 (UTC)
Como di Alberte, non teñen por que borrar o texto. Igual non me expresei ben: díxenlle que cumpría mencionar de onde tiraban a información, porque niso consiste a licenza libre de recoñecemento de autoría. E así o fixeron. Botádelle un ollo. Xa o cambiaron e mandaron un e-mail agradecendo que llelo dixesemos. --Atobar (conversa comigo) 17:43, 17 marzo 2010 (UTC)
Perfecto. Por certo, hai moitas ligazóns en vermello neste artigo que reclaman que alguén cree artigos! :-) Eu xa creei o de Borobó, botádelle unha ollada. Graciñas!--Rosamf 17:51, 17 marzo 2010 (UTC)

Alcume[editar a fonte]

Modestamente, pero alegando a miña condición de compostelán que viviu na cidade nas décadas dos 40 (estes anos non contan), 50, 60 e primeiros 70, o principal alcume co que se coñecían estas simpáticas personaxes era As Marías, e tamén, menos, como As dúas en punto.
As dúas Marías só o escoitei no contexto da frase "agora son dúas, pero antes eran As tres Marías"
Véxase a ligazón do artigo de Encarna Otero, que introducín hoxe.--XoioÉche o que hai 14:01, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

Coincido con Xoio, eu tamén as coñezo de sempre como As Marías, habería que trasladar o artigo pero hai un montón de redireccións... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23:47, 26 de febreiro de 2012 (UTC)

Posible erro nas datas de falecemento[editar a fonte]

La Voz de Galicia do 1 de febreiro de 1983 recolle o pasamento de Coralia Fandiño Ricart, non o de Maruxa. Na páxina 30 dese día, sección Galicia, di literalmente: "Recibió sepultura en Compostela la última de las "Marías". E no texto se refiren en todo momento a "Colaria" [sic], evidentemente queren dicir Coralia, o que non cadra pois con que a irmá morta en 1983 fose Maruxa. Tamén podería ser un erro do xornal. Non se atopou esquela publicada neses días.

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en As dúas Marías. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 19 de decembro de 2019 ás 14:01 (UTC)[Responder]

Ligazóns externas modificadas (decembro 2019)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en As dúas Marías. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de decembro de 2019 ás 00:01 (UTC)[Responder]