Xoán I de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Xoán I de Aragón
Rei de Aragón
John I of Aragon (crop) - Monastery of Poblet - Catalonia 2014.JPG
Detalle da efixie de Xoán I na súa tumba en Poblet
Rei de Aragón, Mallorca, Valencia, Sardeña e Córsega
Conde de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña
Aragon arms.svg
1387 - 19 de maio de 1396
Predecesor Pedro IV
Sucesor Martiño I
Duque de Atenas e Neopatria
thum thum
1387 - 1388 (Atenas)
1387 - 1390 (Neopatria)
Predecesor Pedro I
Sucesor Nerio I Acciajuoli

Coroación Xaneiro de 1387
Outros títulos Duque de Xirona
Conde de Cervera
Coat of Arms of John I of Aragon as Duke of Girona.svg
Nacemento 27 de decembro de 1350
Perpiñán, Condado de Rosellón
Falecemento 19 de maio de 1396
Bosque de Orriols, Torroella de Montgrí, Xirona
Sepultura Sepulcros reais do mosteiro de Poblet
Cónxuxe/s Marta de Armañac
Violante de Bar
Descendencia Véxase Descendencia
Casa real Casa de Aragón
Proxenitores Pedro IV de Aragón
Leonor de Trinacria

Escudo de Xoán I de Aragón
Escudo de armas da Coroa de Aragón
Signatura-joan-i.jpg

Xoán I de Aragón, chamado o Cazador e o Amador de toda xentileza, nado en Perpiñán o 27 de decembro de 1350 e finado en Torroella de Montgrí, Xirona, o 19 de maio de 1396, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sardeña e Córsega, e conde de Barcelona, Rosellón e Cerdaña desde 1387 a 1396.

Foi o fillo e sucesor de Pedro IV de Aragón e da súa esposa Leonor de Trinacria.

Antes da súa entronización ostentou por primeira vez o título de duque de Xirona, instituído polo seu pai para identificar ao príncipe herdeiro da Coroa de Aragón, e que segue sendo utilizado pola monarquía española (como príncipe de Xirona.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixe familiar[editar | editar a fonte]

Xoán naceu na cidade de Perpiñán o 27 de decembro de 1350. Foi o primeiro fillo do rei Pedro III de Araggón, o Cerimonioso, e da súa esposa, e prima segunda, Leonor de Trinacria. O seu nacemento deu a solución ao problema sucesorio da Coroa de Aragón, que se presentara uns anos antes e que provocara a chamada Guerra da Unión.[2]

Aspecto e actitudes[editar | editar a fonte]

Fisicamente Xoán I era un home de mala saúde, delicado, que caeu enfermo varias veces ao longo da súa vida e sufriu dous graves ataques debido a algunhas enfermidades, o primeiro produciuse no inicio do seu reinado, en 1387; o segundo, que puxo fin á súa vida, en 1396.[2]

Foi unha persoa moi culta. Cando había bos ingresos, a súa Corte sempre estaba chea de luxo e refinamento. Tiña unha grande afección polas belas artes, a música, a literatura e a astroloxía. Por esta razón, os historiadores chamárono "o Amador da xentileza". Tamén mostrou un grande interese pola actividade da caza, polo cal tamén foi chamado "o Cazador". Porén, desatendeu case totalmente o goberno dos seus reinos, feito que lle valeu o alcume de "o Descoidado" polos seus contemporáneos, porque antepoñía o goce e o divertimento ás tarefas de goberno. Tampouco foi un rei particularmente belicoso, senón que era pacífico e repousado, moi diferente ao carácter do seu pai. De feito, foi un monarca débil e moi influenciábel nas mans das camarillas cortesás e, despois, principalmente pola súa segunda esposa, Violante de Bar.[2]

Primeiros anos[editar | editar a fonte]

En 1351 seu pai creou para el o título de duque de Xirona, e o ano seguinte foi nomeado primoxénito do reino (sucesor ao trono). En 1363 foi nomeado lugartenente xeneral do reino (vicerrei), e comandou as tropas que fixeron fronte á invasión de Cataluña, que intentou de Xaime IV de Mallorca.[3]

Sendo aínda un mozo enemistouse co seu pai, o rei Pedro IV, polo seu novo matrimonio con Sibila de Fortià, pertencente á pequena nobreza empordanesa. Así mesmo, en 1385 Xoán negouse a loitar contra o seu cuñado, Xoán I de Empúries, que se rebelara un ano antes.

Reinado[editar | editar a fonte]

Política interior[editar | editar a fonte]

En 1387 encarcerou á raíña Sibila, viúva nese ano, pero polas presións do cardeal Pedro de Luna liberouna. Ese mesmo ano devolveu o Condado de Empúries ao seu cuñado Xoán I de Empúries, condado que lle sustraera o rei Cerimonioso.

Retrato imaxinario de Xoán I de Aragón, por Manuel Aguirre y Monsalbe (1885). Deputación de Zaragoza.

Xoán I tivo tamén certas diferenzas co seu sogro, Xoán III de Armañac, conde de Armañac. As tropas do conde, baixo as ordes do seu irmán Bernardo, invadiron o Empordán e a Costa Brava, e chegaron até Xirona (1389-1390).

As tropas de Armañac foron desaloxadas polo exército que dirixía o infante Martiño, irmán e futuro sucesor do rei, que aínda era un neno.

Xoán tamén tivo que sufocar unha rebelión do Xulgado de Arborea, un dos catro en que se dividía a illa de Sardeña naquela época.

O seu reinado estivo marcado pola desorde administrativa e financeira; aínda que o rei mesmo tiña unha importante formación intelectual e foi un decidido promotor das artes e as letras, cedeu a responsabilidade das tarefas de goberno a súa primeira esposa, Iolanda ou Violante de Bar, mentres que el se dedicaba ás súas afeccións favoritas, especialmente á caza.[1][4] Promoveu, coa axuda da súa favorita Carroza de Vilaragut, a música e a literatura; neste ámbito instituíu os Xogos florais de Barcelona, a imitación dos de Toulouse, en 1393, nos que participaban poetas de toda a Coroa de Aragón.[4]

As revoltas en Sardeña exixían continuos gastos, que Xoán de Aragón non satisfacía como debera, ao dedicar cuantiosos recursos ao mecenado nunha refinada Corte. A corrupción dos conselleiros e cortesáns, que desviaban partidas que estaban destinadas a sufocar os disturbios sardos, e incluso os que debían sufragar a preceptiva coroación do rei na Catedral de Zaragoza que, por ese motivo non chegou a celebrarse, dilapidaron a facenda rexia. O rei Cazador chegou ao extremo de ter que vender os castelos de renguengo situados no Rosellón como medio de mitigar a penuria administrativa. As Cortes de Aragón, ás que o rei tiña que solicitar financiamento, acabaron rexeitando pagar os emolumentos destinados a espectáculos e festas cortesás, alegando a inmoralidade que supoñía desbaldir nestes fastos cando a realidade social do pobo sufría escaseza e a economía atravesaba unha crise. Xoán I, ante a negativa das Cortes a sufragar a monarquía, comezou a pedir préstamos aos banqueiros de Florencia, o cal orixinou a decadencia da economía de Cataluña e o auxe económico e comercial de Aragón e Valencia.[5]

En 1391 a pobreza prendeu a mecha da onda antisemita, que percorrera xa o Reino de Castela e comezaron, no verán dese ano, as persecucións aos xudeus de Cataluña (Xirona, Barcelona, Lleida, Perpiñán), Baleares (Palma de Mallorca) e Valencia, entre outras cidades, que provocaron a morte de moitos xudeus e a conversión forzada de moitos outros. Os responsábeis destes actos foron condenados á pena capital.[6]

Política exterior[editar | editar a fonte]

Dominado pola súa esposa Violante, Xoán fixo un cambio radical na política exterior con respecto á do seu pai, que sempre tivera unha mala opinión da súa nora, e que producira unha mala relación co seu fillo, outra vez, á final da súa vida; de feito, o enfrontamento dentro da familia real tivo repercusións á morte de Pedro IV de Aragón, momento no que se decide perseguir á súa cuarta esposa, Sibila de Fortià, e executar a dous dos seus conselleiros.[7] En primeiro lugar, rómpese a posición de indiferenza que o Cerimonioso mantera respecto ao conflito do Cisma de Occidente, tomando partido polo papa de Aviñón Clemente VII. [8]

Ademais deste movemento, o resto da política, en termos xerais, foi de carácter francófilo por influencia da súa esposa. El 1387 Xoán I fraguou unha alianza co Reino de Castela e o de Francia e, en 1388 asinou un tratado co Reino de Navarra. Así mesmo reconciliouse cos Anjou, comprometiendo o matrimonio da súa filla Violante con Luís II de Nápoles. E en 1390 asinou a paz coa República de Xénova.

No Reino de Sardeña a revolta da xuíza Leonor de Arborea e o seu marido, Brancaleone Doria, ameazaron a continuidade catalá na illa. En 1392 o príncipe Martiño debería dirixir unha expedición á illa sarda, pero foi abandonada debido a unha gran rebelión na illa de Sicilia, onde a xove María de Sicilia se instaurara como raíña.

Matrimonios e descendencia[editar | editar a fonte]

Xoán I casou en primeiras nupcias con Marta de Armañac (1347-1378), filla do conde Xoán I de Armañac, coa que tivo os seguintes fillos:

  • Xaime (1374).
  • Xoana (1375-1407), que casou con Mateo, conde de Foix. Tras a morte do seu pai, reclamou o trono xunto ao seu marido, sendo derrotados. Morreu sen descendencia.
  • Xoán (1376).
  • Afonso (1377).

Tras enviuvar, casou con Violante de Bar (1365-1431), filla de Roberto I, duque de Bar. Tiveron os fillos seguintes:

Xoán I tivo, por tanto, sete fillos varóns, aínda que todos morreron antes que el, polo que o sucedeu o seu irmán Martiño I de Aragón (Martiño o Humano, ou Martiño o Vello).[1]

Morte[editar | editar a fonte]

Xoán I, segundo moitas fontes, morreu o 19 de maio de 1396, en Torroella de Montgrí, Xirona, a consecuencia dunha caída do cabalo mentres se encontraba nunha cacería.[1][4] (1396). Outras fontes din que, segundo unha lenda, o accidente foi nun bosque próximo a Foixà, no Baix Empordà, coñecido como bosque de Orriols porque pertencía daquela a un tal Bernat Alemany d'Orriols; e no camiño que vai do castelo á igrexa hai un monumento en forma de cruceiro que recorda o feito.

O cadáver do rei Xoán foi depositado na Catedral de Barcelona, e despois trasladado a Real Mosteiro de Santa María de Poblet.

Ao non ter descendencia masculina, foi sucedido polo seu irmán Martiño I de Aragón, que desde 1380 era xa rei de Sicilia. A sucesión foi contestada por Mateo I de Foix, conde de Foix, en virtude do seu matrimonio con Xoana de Aragón e de Armañac; Martiño defendeu o reino con éxito en dúas campañas de invasión do conde Mateo.[9]

Legado[editar | editar a fonte]

Xogos florais de Barcelona[editar | editar a fonte]

Amante das letras, fundou, como quedou dito, os Xogos florais de Barcelona, tamén coñecidos como Jocs de la Gaia Ciència, a imitación dos que se celebraban en Toulouse, no Languedoc. Na época de Fèlix Torres i Amat de Palou (que foi bispo de Astorga entre 1833 e 1847) aínda se conservaban moitas trobas e poesías no Arquivo da Coroa de Aragón. Conservábase unha "Pragmàtica en favor de la Concepció inmaculada de la Verge, plena de doctrina i erudició" e unha "Carta (molt preciosa) al Soldà de Babilònia, en llengua catalana, perquè permeti la reparació de les esglésies de la Terra Santa", datada en Barcelona o 18 de abril de 1395.[10]

Introdución do Humanismo na Coroa de Aragón[editar | editar a fonte]

Xoán I, xunto con Johan Ferrández d'Heredia e Bernat Metge, foi un dos primeiros eruditos europeos en mostrar interés pola cultura clásica e a italiana. O seu mordomo traduciu a Séneca ao valenciano, e o rei Xoán era un gran coleccionista de libros e lector habitual de escritores clásicos como Tito Livio e Plutarco de Queronea. E mantivo unha importante correspondencia sobre libros con Juan Fernández de Heredia e Gian Galeazzo Visconti, duque de Milán.[11]

Antepasados de Xoán I de Aragón[editar | editar a fonte]

Mosteiro de Poblet. Sepulcros reais
Figuras xacentes de Xoán I e Violante de Bar en Poblet.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Pedro III de Aragón
(o Grande)
 
 
 
 
 
 
 
Xaime II de Aragón
(o Xusto)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Constanza II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
Afonso IV de Aragón
(o Benigno)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos II de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
Branca de Nápoles
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
María de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
Pedro IV de Aragón
(o Cerimonioso)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Bernat Guillem d'Entença
 
 
 
 
 
 
 
Gombau d'Entença
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
?
 
 
 
 
 
 
 
Teresa d'Entença
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Sancho de Antillón
 
 
 
 
 
 
 
Constanza de Antillón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Leoonor de Urgel e Montcada
 
 
 
 
 
 
 
Xoán I de Aragón
(o Cazador)
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Pedro III de Aragón (=16)
 
 
 
 
 
 
 
Federico II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Constanza II de Sicilia (=17)
 
 
 
 
 
 
 
Pedro II de Sicilia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Carlos II de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
Leonor de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
María de Hungría
 
 
 
 
 
 
 
Leonor de Trinacria
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Meinard II de Gorízia-Tirol
 
 
 
 
 
 
 
Otón III de Carintia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Isabel de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
Isabel de Caríntia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Henrique V de Legnica
 
 
 
 
 
 
 
Eufemia de Silesia-Legnica
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Isabel de Kalisz
 
 
 
 
 
 
Predecesor:
Títulos de nova creación
(Xirona en 1351 e Cervera en 1353)
Duque de Xirona
Conde de Cervera

1351 e 1387 e 1353 - 1387
Coat of Arms of John I of Aragon as Duke of Girona.svg
Sucesor:

  • Xaime de Aragón, como Delfín de Xirona (1387-1388)
  • Fernando de Aragón, como Duque de Xirona (1389)
  • Pedro de Aragón, como Duque de Xirona (1394)
Predecesor:
Pedro IV

Rei de Aragón, de Mallorca, de Valencia, de Sardeña e de Córsega
Conde de Barcelona, de Rosellón e de Cerdaña

1387 - 1396
thum
Sucesor:
Martíño I

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Vicente Salas Merino (2007): Genealogía de los reyes de España. Madrid: Visión. ISBN 978-84-9821-767-4, páx. 116.
  2. 2,0 2,1 2,2 Ferrer i Mallol 1978, p. 142.
  3. Acta historica et archaeologica mediaevalia 1. Universidade de Barcelona. Instituto de Historia Medieval: Edicions Universitat Barcelona. ISBN 978-84-6002-438-5, p. 289 (en castelán).
  4. 4,0 4,1 4,2 Leralta, Javier (2008): Apodos reales: historia y leyenda de los motes regios Madrid: Sílex Ediciones (Serie Historia). ISBN 978-84-7737-211-0, páx. 245.
  5. Leralta, op. cit., páxs. 245-246.
  6. Balaguer, Vícor (1865): Las calles de Barcelona, Tomo I, p. 166. Barcelona: Establecimiento tipográfico editorial de Salvador Manero (en castelán).
  7. Vilar & Batlle 1988, p. 188.
  8. Cornudella 2012, p. 25.
  9. Ferrer i Mallol, Maria Tersa (2003): "El món urbà a la Corona d'Aragó del 1137 als decrets de nova planta". XVII Congrés d'Història de la Corona d'Aragó, Volume 3, páx. 304. Barcelona: Edicions Universitat Barcelona. ISBN 84-4752-741-7.
  10. Torres i Amat, Fèlix (1836): Memorias para ayudar a formar un diccionario crítico de los escritores catalanes y dar alguna idea de la antigua y moderna literatura de Cataluña. Barelona: Imprenta de J. Verdaguer. páxs. 336-337.
  11. Burke, Peter (2000): El Renacimiento Europeo. Barcelona: Crítica. ISBN 84-2432-037-5, páx. 53.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]