Nordeste de Inglaterra
Aparencia
Coord.: 55°00′N 1°52′O / 55, -1.87
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Reino Unido | ||||
| País | Inglaterra | ||||
| Capital | Newcastle upon Tyne | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.669.941 (2019) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 8.592 km² | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Código NUTS | UKC | ||||
O Nordeste de Inglaterra (en inglés, North East England) é unha das nove rexións de Inglaterra. Comprende os condados de Northumberland, Durham, Tyne and Wear e un anaco da parte norte de North Yorkshire (que recibe o nome de Tees Valley). Segundo o censo do 2001 conta cunha poboación de 2.515.442 habitantes distribuídos nunha área de 8.592 quilómetros cadrados, sendo a principal cidade da rexión Newcastle upon Tyne. Outras cidades de importancia son Gateshead, Sunderland, South Shields, Durham, Middlesbrough, Stockton-on-Tees, Hartlepool e Darlington.
Nesta rexión, preto da cidade de Gateshead, sitúase a emblemática escultura do Anxo do Norte (Angel of the North).
| A Galipedia ten un portal sobre: Inglaterra |

