Concello de Kiruna
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Suecia | ||||
Condado | Condado de Norrbotten ![]() | ||||
Capital | Kiruna ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 22.426 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua sueca lingua finesa meänkieli linguas saamis ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 20.553,28 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Kebnekaise (2.096,8 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Narvik Municipality (en) ![]() Concello de Pajala Gällivare (municipio) Storfjord (pt) ![]() Bardu (pt) ![]() Målselv (pt) ![]() Enontekiö ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 1971 ![]() | ||||
Organización política | |||||
• Chairman of the municipal board in Kiruna Municipality, Sweden (en) ![]() ![]() | Wigert Karlsson (en) ![]() Rolf Dahlström (en) ![]() Gunnar Pettersson (en) ![]() Lars Essling (en) ![]() Bengt Ek (en) ![]() Lars Törnman (1995–2003) Q122851195 ![]() Kristina Zakrisson (en) ![]() Gunnar Selberg (en) ![]() ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | kiruna.se ![]() | ||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Kiruna é un municipio sueco (kommun) do condado de Norrbotten.[1] A súa capital é a cidade de Kiruna. É o concello máis setentrional e o de maior superficie de Suecia.
O leste do municipio está formado po unha paisaxe boscosa, mentres que a parte occidental consiste nunha zona de alta montaña. Ao redor da capital hai rocas con minerais que son a base da economía local pero tamén a causa da transformación urbana da cidade.
Dende a fundación do municipio en 1971 a tendencia de poboación sempre foi negativa, coa excepción da primeira metade dos anos 70 e posteriormente anos soltos. Os socialdemócratas dominaron a vida política do concello ata as eleccións de 2018 e tamén foron parte da meirande parte das coalicións de goberno durante a década de 2000. No mandato de 2018 a 2022 o concello está gobernado por unha coalición integrada polos partidos Centerpartiet, Sjukvårdspartiet, Moderaterna e Kristdemokraterna.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello está situado no norte da provincia histórica de Laponia e limita ao leste co municipio de Pajala e ao sur co de Gällivare, os dous no condado de Norrbotten. Ao oeste Kiruna limita cos concellos noruegueses de Narvik, no fylke de Nordland, e cos de Bardu, Målselv e Storfjord no fylke de Troms. Ao norte Kiruna foi fronteira co municipio finés de Enontekiö, na rexión de Laponia.
Historia
[editar | editar a fonte]Os restos arqueolóxicos mostran que as primeiras persoas chegaron á zona hai uns 6 000 anos, cando se retirou a capa de xeo da última glaciación.[2]
No ano 1642 atopouse magnetita en Masugnsbyn, onde se abriu a primeira mina de ferro en 1647, e a onde chegaron os primeiros poboadores que non eran saami.[2] A mena de Svappavaara atopouse a finais da década de 1640 ou a principios da de 1650. A primeira mostra de mineral coñecida de Malmberget data da década de 1660, e en 1696 menciónanse por vez primeira as montañas Kiirunavaara e Luossavaara.
A comunidade de Kiruna comezou a medrar a finais do século XIX. Kiruna está na parroquia de Jukkasjärvi, que dende tempos inmemoriais foi fogar dos saami. Durante os séculos XVI e XVII estes dividíronse nas aldeas saami (sameby) de Siggevaara e Tingevaara, pero durante o século XVIII estas dividíronse en catro novos: Siggevaara converteuse en Laevas (Kaalasvuoma) e Gabna (Rautusvuoma), mentres que Tingevaara pasou a ser as aldeas saami de Talma e Saarivuoma. A zona recibiu aos seus primeiros poboadores fino-suecos do Val de Torne (tornedalska) durante a primeira metade do século XVII.
A poboación do municipio era pequena ata que se iniciou a minería a grande escala nos últimos anos do século XIX. A mediados da década de 1880 comezaron as primeiras perforacións de proba en Kirunavaara.[2]
Dende finais do século XVII sabíase que a zona era rica en menas de ferro, pero non sería ata a década de 1890 cando os métodos de minería perminiron a explotación a grande escala. Isto axudou á chegada de moita xente á comunidade. Ese ano fundaríase a compañía mineira Luossavaara-Kiirunavaara Aktiebolag (LKAB) para explotar o ferro da zona.[3]
A cidade de Kiruna fundouse no ano 1900, sendo aprobados oficialmente os planos deseñados por Per Olof Hallman o 27 de abril dese ano.
No ano 1902 completouse a liña ferroviaria de Malmbanan entre Kiruna e Narvik, o que facilitou enormemente a exportación de mineral. A liña Malmbanan foi inaugurada oficialmente polo rei Óscar II o 14 de xullo de 1903.[4] A liña electrificouse en 1915.
A poboación medrou durante o século XX ata que o concello acadou o seu máximo de habitantes nos anos 70, ao superar os 31 000. Tras dúas décadas dun acusado descenso, cara o ano 2005 a poboación estabilizouse e no ano 2024 o municipio tiña 22 426 habitantes.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Län och kommuner i kodnummerordning". Statistiska centralbyrån. 2017-05-05. Archived from the original on 05 de maio de 2017. Consultado o 2022-08-07.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Historia". kiruna.se (en sueco). Consultado o 2022-08-08.
- ↑ "A history of LKAB". LKAB (en inglés). Consultado o 2025-02-28.
- ↑ Norrländsk uppslagsbok : ett uppslagsverk på vetenskaplig grund om den norrländska regionen. Höganäs: Bokförlaget Bra Böcker. ©1993-©1996. ISBN 91-972484-1-X. OCLC 28547897.
- ↑ "Folkmängd och befolkningsförändringar - Kvartal 4, 2024". Statistikmyndigheten SCB (en sueco). Consultado o 2025-02-28.