Magnetita
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
| Magnetita | |
|---|---|
| Información xeral | |
| Fórmula química | Fe²⁺Fe³⁺₂O₄ |
| Clase | Óxidos |
| Sistema cristalino | Cúbico |
| Propiedades físicas | |
| Cor | Negra |
| Brillo | Metálico |
| Dureza | 5.5-6,5 |
| Exfoliación | Imperfecta |
| Fractura | Concoidea |
| Raia | Negra |
| Densidade | 5,2 g/cm3 |
| Propiedades ópticas | |
| Clasificación | |
| Outros datos | |
| Referencias | |
A magnetita é un mineral da clase dos óxidos cuxa fórmula química é Fe3O4 (31% de FeO e 69% Fe2O3).
Aspecto
[editar | editar a fonte]A magnetita cristaliza normalmente en forma de octaedros e tamén en dodecaedros (aínda que é moito máis raro). Pode aparecer tamén formando masas ou en forma de area. A súa cor e negra e o seu brillo metálico.
Lugares onde se atopa
[editar | editar a fonte]Por ser un mineral de xénese moi variada, a magnetita pódese atopar en diversos ambientes.
Aparece en abundancia en Kirunia (Suecia) e en forma de area nas rías galegas de Vigo e de Pontevedra.
Usos da magnetita
[editar | editar a fonte]A magnetita é unha importante fonte de ferro.
Propiedades
[editar | editar a fonte]Os momentos magnéticos dos diferentes catións de ferro do sistema encóntranse fortemente acoplados por interaccións antiferromagnéticas, pero de forma que en cada cela unidade o resultado é un momento magnético non compensado. A suma destes momentos magnéticos non compensados, fortemente acoplados entre eles, é a responsable de que a magnetita teña propiedades magnéticas e se comporte coma un imán.
Outros óxidos
[editar | editar a fonte]O rútilo e a casiterita son outros óxidos importantes.