Comba de Cornualla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaComba de Cornualla

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementoséculo V Editar o valor em Wikidata
Lothian (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morteséculo VI Editar o valor em Wikidata
Ruthvoes (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa11 de novembro Editar o valor em Wikidata
Este artigo trata sobre unha santa inglesa, para o santo irlandés véxase Columba de Iona.

Comba de Cornualla, máis coñecida como Santa Comba de Cornualla, foi unha santa da Igrexa católica que seica viviu no século VI, nada en Lothian (Escocia) e finada en Ruthvoes, Cornualla. É popular en Cornualla e outras nacións celtas. A súa historia lendaria mestúrase coa da galega Comba de Sens, quizais por tradicións celtas cristianizadas.

Comba de Cornualla é venerada pola Igrexa católica e mais o anglicanismo; a súa festividade celébrase o 11 de novembro. Simbolízase cunha póla de palma e/ou unha espada.

Lenda[editar | editar a fonte]

Segundo a lenda, disque Comba se converteu ao cristianismo cando o Espírito Santo se lle apareceu en forma de pomba (columba en latín). A lenda está documentada nun manuscrito conservado na Biblioteca de Cambridge (Reino Unido), escrito por Rosecarrack durante o reinado de Isabel I de Inglaterra, quen afirmou ter tomado a lenda de información local.

Segundo a lenda, Comba foi a filla do rei Lodan e mais da raíña Manigild, ambos os dous pagáns. Comba, para escapar do casamento cun príncipe tamén pagán, embarcouse cara Cornualla preto de Trevelgue Head, onde desembarcou. Aló foi seguida polo príncipe; despois a través da fraga que agora é Porth Beach, por Rialton e Treloy, até que finalmente o príncipe a capturou en Ruthvoes, dúas millas ao sur de St. Columb Major. Nese lugar o príncipe decapitouna polo desplante, e onde caeu o sangue abrollou un arroio cuxo rego formou un río, aínda sen nome, que desemboca en St. Columb Porth, seguindo o camiño que fixera Comba.

Análise[editar | editar a fonte]

O historiador británico David Nash Ford suxestiona que os nomes dos pais de Santa Comba, Lodan e Manigild, son en realidade formas terxiversadas dos nomes do rei Lot e da raíña Morgause, da Lenda do Rei Artur.

Esta historia é ademais moi semellante á da galaica Santa Comba de Sens do século III e tamén á de Santa Comba de Córdoba do século IX. Polo tanto, é probábel que as lendas de Santa Comba de Cornualla e de Santa Comba de Córdoba foran unha adaptación da lenda de Santa Comba de Sens [Cómpre referencia]. Isto non quere dicir que non teñan existido as tres. Simplemente que as súas lendas poderían ter sido tomadas unhas das outras. Incluso, as lendas das distintas Santa Comba son moi semellantes á da náiade grega Aretusa.

Comba é un nome común entre os irlandeses.