Paloma Lago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPaloma Lago
Biografía
Nacemento(es) Paloma María Pérez-Lago Gómez Editar o valor em Wikidata
22 de maio de 1967 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Residenciacabo Prior Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoRaça Mediterrânea (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,75 m Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosAmber (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cor do peloCastanho-claro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmodelo , presentadora de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorCorporación de Radio e Televisión de Galicia (2021–)
RTVE (1997, 2006, 2016–2002, 2006, 2017)
Atresmedia (1993, 2010–1993, 2010)
Mediaset España (1990–1992) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0481346 Instagram: _palomalago Editar o valor em Wikidata

Paloma Lago, nada en Ferrol o 22 de maio de 1967, é unha modelo e presentadora de televisión galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1985 trasládase a vivir a Madrid, onde estuda deseño e moda, e cedo atopa a posibilidade de traballar como modelo, da man da Axencia International Booking. En 1990 debuta como presentadora de televisión no programa Tele 5 ¿dígame? (1990-1992), primeiro con Laura Valenzuela e Javier Basilio e na súa derradeira tempada con Andrés Aberasturi. Ese mesmo ano aparece tamén no programa Tutti Frutti, da mesma cadea.

En 1993 conduce o concurso Los cinco sentidos, en Antena 3, con dirección de Julia Otero e catro anos máis tarde Risas y estrellas (1997-1999) en TVE con Pedro Rollán na primeira tempada e máis tarde con José Luis Moreno e Loreto Valverde.

Entre 1999 e 2002 convértese en presentadora de programas infantís, cando Televisión Española lle encarga porse á fronte do espazo TPH Club. En 2000 faise cargo tamén de Eurocanción, programa deseñado para elixir os participantes españois no Festival de Eurovisión.

En 2000, 2001 e 2002 encargouse de presentar o espazo de Nadal de TVE Telepasión xunto a Carlos Lozano. Ao termo deses anos compartiu plano xunto a Ramón García nas badaladas de Noitevella. En 2004 presentou o espazo musical El verano ya llegó, xunto a Miguel Ángel Tobías.

Tamén fixo as súas incursións na interpretación, na serie Compuesta y sin novio (1994), con Lina Morgan e no filme Cuernos de mujer (1995), de Enrique Urbizu, con María Barranco.

En 2006 participou como concursante no programa de monólogos El Club de Flo, en La Sexta.