Comba de Córdoba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Comba de Córdoba
SantaColumba.jpg
Nacementovalor descoñecido
Lugar de nacementoCórdoba
Falecemento853
Lugar de falecementoCórdoba
NacionalidadeEmirato de Córdoba
Ocupaciónmonxa e monxa
editar datos en Wikidata ]

Comba de Córdoba ou Comba de España, máis coñecida como Santa Comba de Córdoba, foi unha santa da Igrexa Católica, que morou en Córdoba baixo no dominio musulmán durante o século IX.

Segundo a lenda, Santa Comba de Córdoba foi decapitada polos musulmáns no mosteiro de Tabanos en 853, e o seu corpo guindado ao río Guadalquivir mutilado. Porén, cando atoparon os seus restos, Comba ficaba intacta.

A súa festividade celébrase o 17 de setembro.

Controversias[editar | editar a fonte]

Existe unha controversia sobre a orixe da advocación de Santa Comba de Nájera, de Albendiego e Arceniega no norte de España. A historia oficial (da Igrexa) é que Santa Comba de Nájera (en realidade en Santa Coloma, preto de Nájera), de Albendiego e de Arceniega, corresponden a Santa Comba, virxe e mártir de Córdoba (853), cuxos restos se atopan en Nájera e non en Córdoba. Porén, hai datos que indican que na vila de Santa Coloma, preto de Nájera, erguíase o antigo mosteiro de Santa Columba Senoense (dedicado á santa galaica finada na Galia Comba de Sens), fundado por monxes provenientes de Sens, durante as invasións dos bárbaros.

Evolución en Galicia[editar | editar a fonte]

As lendas galegas posibelmente de orixe precristiá de Santa Comba tamén mesturan as figuras de Comba de Sens, Comba de Cornualla e Comba de Córdoba.

A veneración Santa Comba en Galicia data da Idade Media. Segundo Allyson M. Poska, o culto era "probablemente unha combinación dos das dúas virxes mártires".

A lenda dicía que Comba era natural de Galicia, e que antes de converterse era unha meiga. Un día atopouse con Cristo nun camiño e mudou a súa vida. Convertida, morreu por non querer rexeitar a súa nova fe. Volveuse a santa padroa das meigas en Galicia, intercedendo por elas e era invocada para protexerse.

En Coímbra había unha capeliña no lugar onde supostamente sufrira martirio. Ó remata-la primavera, os mozos decoraban o altar con rosas en lembranza do seu martirio.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]