Cola (xénero)
xénero Cola | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
C. acuminata | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||
Cola, un xénero de plantas fanerógamas con 163 especies, pertencente á subfamilia Sterculioideae dentro da familia Malvaceae. Comprende máis de 100 especies arbóreas nativas de África. O froito, coñecido coma noz de cola é empregado coma aromatizante e medicinal. Moitas veces as propias árbores coñécense co nome de noz de cola.
Descrición
[editar | editar a fonte]Son árbores monoicas ou dioicas de follas simples, palmatilobadas ou dixitadas, con pecíolos a miúdo provistos dun pulvínulo. Flores en acios ou panículas axilares sobre a madeira vella. Teñen o cáliz con 4-5(-7) lóbulos e carecen de pétalos. As flores masculinas con 5-12 estames dispostos en dous aneis sobre unha coroa. O froito, coñecido coma noz de cola aparece en folículo de 3-4 carpelos leñosos con dehiscencia lonxitudinal.
Usos
[editar | editar a fonte]Empréganse as sementes (noces) da árbore da cola (Cola nitida (Vent.) Schott et Endl. ou da Cola acuminata (Beauv.) Schott et Endl.), desecadas e desprovistas dos tegumentos. Da noz de cola producíase noutrora un extracto para refrescos polo seu alto contido de cafeína (até o 5 %).
En África empréganse aínda as sementes de maneira tradicional.
Principios activos
[editar | editar a fonte]Bases xánticas: cafeína (1-2,5%), vestixios de teobromina e teofilina. Taninos (5-10%): catecol, epicatecol; flobafenos, sales potásicas.
Acción farmacolóxica
[editar | editar a fonte]Estimulante do sistema nervioso central (comparábel ao café ou té), defatigante, cardiotónico, dixestivo, lipolítico, diurético.
Efectos secundarios
[editar | editar a fonte]Excitación, insomnio, taquicardia. Pode provocar sobreexcitación seguida de depresión. A noz de cola libera amodo a cafeína, polo que presenta un efecto estimulante máis suave que o café e alonga o tempo de eliminación da cafeína, o que potencia o efecto excitante das bebidas refrescantes nas que van asociados a outras drogas con bases xánticas: evitar as asociacións con café, té, mate ou guaraná.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Foi descrito por Schott & Endl. e publicado en Meletemata Botanica 33, no ano 1832. A especie tipo é Cola acuminata (P.Beauv.) Schott & Endl.[1]
Especies seleccionadas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cola (xénero)". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 10 de setembro de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cola |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cola |