Coitelo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Coitelo de untar»)
Coitelo de cociñeiro.

O coitelo é unha ferramenta usada para cortar materiais. Consta dunha folla, normalmente metálica, e frecuentemente acabada en punta, cun ou dous lados afiados, e dun mango. Empregouse como utensilio de cociña e como arma desde a Idade de Pedra.

Os primeiros coitelos foron de pedra, os posteriores avances en metalurxia foron dando lugar a coitelos de bronce, ferro e finalmente aceiro. Xunto co garfo e a culler, forma parte dos utensilios utilizados para comer en occidente desde hai moito tempo.[Cómpre referencia]

Actualmente úsanse sobre todo na cociña, e a súa importancia como arma vai decaendo.

Coitelo de todo uso.

Uso na cociña[editar | editar a fonte]

Na cociña empréganse diversos tipos de coitelos para distintas funcións:

  • O pataqueiro. De folla curta (menos de 10 cm) e xeralmente curva como o da imaxe. Úsase para pelar e cortar verduras sobre todo.
  • O de todo-uso.
  • O do pan. Con folla longa e gume de serra.
  • O de chef. De folla longa e curvada, serve tanto para cortar como para picar.
  • O xamoneiro. De folla longa e fina e moi flexíbel, serve para obter finas tiras de xamón ou doutros friames.

A forma da folla ven determinada polo uso ao que se dedique. Para carne, pan, desosar, peixe ...

Navalla.

Coitelo do pan[editar | editar a fonte]

Coitelo do pan.

O coitelo do pan trátase dun coitelo empregado para cortar o pan e que posúe certas características especiais, a principal é o seu fío en serra de grandes dentes que permite desgarrar as fibras do pan doadamente. Non ten unha posición fixa na mesa e xeralmente atópase preto da fonte de pan. É un coitelo de grandes dimensións que pode chegar a medir uns 30 cm de lonxitude.

Aparece na mesa dos comensais para que estes curten o pan, considérase de todos os xeitos unha ferramenta informal de comidas de moita xente, familiares, ou mesmo almorzos nas que cada persoa cúrtase a súa propia rebanda co grosor que desexe. Nas comidas formais o pan adoita cortarse coa man ou na súa falta sérvese en rebandas xa cortadas previamente. Emprégase este coitelo tamén frecuentemente na cociña para elaborar rebandas de pan coas que facer: tostas, torradas, torrijas, sándwichs etc. ou cortar a empanada en anacos.

Coitelo de mesa[editar | editar a fonte]

Coitelo de mesa sobre un prato

O coitelo de mesa trátase dun coitelo empregado xeralmente para cortar alimentos na mesa. Existen formas diferentes segundo o que vaia cortar e adoitan ser de igual lonxitude cá culler e mailo garfo. Os fíos adoitan ser dentados ou perlados debido á maior retención destes fronte aos fíos lisos, xa que o seu uso mantenos en constante rozamento contra os pratos de louza e isto provoca unha perdida de fío a curto prazo. Adoitan estar elaborados en aceiro inoxidable aínda que na antigüidade empregábase o aceiro ao carbono.

Existen algunhas regras acerca da colocación do coitelo na mesa con respecto a outros elementos do xogo de cubertos. A posición pódese fixar coas seguintes consideracións:

  • O coitelo sempre se colóca á dereita do prato.
  • O coitelo colócase co fío cara ao prato.
  • O coitelo sempre, no caso de servirse sopa, xunto á culler.

Coitelo de peixe[editar | editar a fonte]

Parte dun xogo de cubertos do século XIX na que se pode ver na súa parte superior un coitelo de peixe.

O coitelo de peixe forma parte do xogo de cubertos básico dunha mesa occidental, denomínase coitelo mais debido á súa ausencia de fío e á súa forma, en realidade é unha especie de paleta (por esta razón denomínase ás veces tamén paleta de peixe). Emprégase xeralmente durante a comida para axudar ao comensal a separar as espiñas e diferentes partes do peixe (en ningún caso se emprega para cortar).

Na mesa atoparase sempre colocado á dereita do prato (xunto cos outros coitelos), se houbese cullers neste caso poríase na parte interior do grupo da dereita, ficando as culleres no exterior (regra: de fóra para dentro).

Coitelo de untar[editar | editar a fonte]

Catro coitelos de untar manteiga con patróns Chantilly (elaborados en Gorham Manufacturing Company.
Espátula para manteiga modelo Karat elaborado pola firma LYPSA.

O coitelo de untar trátase máis dunha ferramenta para extraer e espallar que dun coitelo. A denominación deste coitelo emprégase frecuentemente tamén como coitelo de manteiga debido ao seu uso na mesa cando se desexa untar manteiga nunha torrada ou outro alimento (como pode ser a marmelada, o paté, marmite etc) a denominación xenérica de coitelo de untar refírese ao mesmo uso con alimentos en forma de pasta ou lixeiramente viscosos.

Trátase dun coitelo que carece de fío e que posúe por regra xeral unha punta roma ou redondeada, a folla adoita ser de máis superficie cá dun coitelo normal. O tamaño réxese por regra xeral á substancia que se empregará para untar, por regra xeral o coitelos de paté adoitan ser máis pequenos cós de manteiga.

Este tipo de cuberto adoita colocarse xunto á fonte que proporciona o alimento para untar: manteiga, paté, caviar etc. adoita estar colocado sobre algún prato ou pano de mesa adxacente á fonte, nunca debe repousar sobre o mantel da mesa, xa que é un coitelo propenso a manchar debido ao seu uso.

Coitelo de carne[editar | editar a fonte]

O coitelo de carne é un coitelo que se pon na mesa como parte do xogo de cubertos específico para cortar carnes. Considérase un coitelo bastante máis afiado có coitelo de mesa habitual. Ten por regra xeral unha punta afiada e nalgunhas ocasións a súa parte afiada ten dentes de serra (coitelo de filete).

Na idade media o coitelo da carne non existía no xogo de cubertos xa que se consideraba que cada comensal levaba consigo en todo momento un coitelo de seu no cinto, e durante a comida era posto na mesa. Só se colocaba a culler para as sopa ou cocidos. Non foi até o século XVII no que se consideraba un xesto de cortesía do anfitrión ofrecer un coitelo aos invitados.

Coitelo de queixo[editar | editar a fonte]

Coitelo para queixos brandos.

O coitelo de queixo é un instrumento empregado na mesa para cortar rebandas ou anaquiños de queixo. Existen diversos tipos de coitelos de queixo, todos eles dependen do tipo de queixo que se desexe cortar. Por regra xeral, depende da textura do queixo:

  • os duros requiren de coitelos de folla chá sendo meirandes e con parte afiada en serra
  • os máis tenros empregan coitelos de folla perforada para evitar que se peguen os anacos cortados na mesma folla.

Por regra xeral aconséllase que o coitelo de queixo estea a unha temperatura tépeda cando se vaia usar, deste xeito cumpre mellor co seu labor.

Nalgúns casos existen rebandadores específicos para certos queixos, coma os do norte de Europa (Países Baixos, Alemaña, Dinamarca,...). Algúns queixos de textura dura como o parmesano non se curtan e procúranse servir "astillados", por esta razón os coitelos destes queixos son case como punzóns que buscan unha veta pola que abrir unha rebanda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]