Machete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Machete.

Un machete é un coitelo longo, aínda que máis curto que unha espada. Comunmente mide menos de 60 cm e ten só un lado afiado. Emprégase para segar a herba, cortar a cana de azucre, podar plantas, abrirse paso na selva...

Xeralmente, o gume é moi fino na parte máis próxima á punta, que sobresea lixeiramente do machete, sendo a fronte do machete curva.

Tamén existe outro tipo de machete cuxa fronte é puntiaguda, tendo o terzo final da coitela fío por ambas beiras. Úsase para cortar maleza e segar herba.

Variantes do machete[editar | editar a fonte]

Variantes do machete.
  • O facón (ou coitelo gaucho), orixinario das pampas arxentinas.
  • O bolo filipino é unha ferramenta moi similar, pero a súa folla ensánchase chegando á punta, para facelo máis pesado no extremo cortante. Usouse como arma durante a Revolución Filipina contra os españois, e posteriormente foi arma representativa nas guerrillas da Guerra Filipino-Estadounidense.
  • O golok de Indonesia consta dunha folla curta e grosa e unha empuñadura básica (máis efectivo en vexetación arborada).
  • O kukri ou kukuri nepalés consiste nunha folla curva que se usa normalmente para tarefas similares.
  • O panga (do swahili) ten unha folla máis ancha, que se utiliza en África oriental.
  • O parang malasio ten unha folla curta e ancha, emprégase para cortar vexetación.
  • O charapo dos Andes venezolanos, de folla ancha e curva (para todo tipo de traballos).
  • A rula dos Andes venezolanos e colombianos, máis lixeiro e flexible.
  • A cuma do Salvador, curta, ríxida e bastante curva.
  • O corvo de Guatemala, longo e semicurvo, usado no corte de cana e para defensa.
  • A guarizama salvadoreña, máis longa que a cuma e lixeiramente curva, empregada en traballos agrícolas.
  • A guaparra de México, máis longa e delgada, coa punta en cúspide. Constitúe un ornamentos nas selas de montar.
  • O sabre rubio do Ecuador, máis ancho no final da folla. É fundamentalmente unha ferramenta de traballo.
  • A peinilla de Venezuela, máis pequeno e estreito que o corrente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]