Coitelo de queixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Coitelo para queixos brandos

O coitelo de queixo é un instrumento empregado na mesa para curtar rebandas ou anaquiños de queixo. Existen diversos tipos de coitelos de queixo, todos eles dependen do tipo de queixo que se desexe cortar. Por regra xeral, depende da textura do queixo:

  • os duros requiren de coitelos de folla chá sendo meirandes e con parte afiada en serra
  • os máis tenros empregan coitelos de folla perforada para evitar que se peguen os anacos curtados na mesma folla.

Por regra xeral aconséllase que o coitelo de queixo estea a unha temperatura tépeda cando se vaia usar, deste xeito cumpre mellor co seu labor.

Variantes especializadas[editar | editar a fonte]

Nalgúns casos existen rebandadores específicos para certos queixos, coma os do norte de Europa (Países Baixos, Alemaña, Dinamarca,...). Algúns queixos de textura dura como o parmesano non se curtan e procúranse servir "astillados", por esta razón os coitelos destes queixos son case como punzóns que buscan unha veta pola que abrir unha rebanda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]