Laranxeira amarga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Citrus aurantium")
Laranxeira amarga
Citrus aurantium - Köhler–s Medizinal-Pflanzen-042.jpg
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Geraniales
Familia: Rutaceae
Subfamilia: Citroideae
Tribo: Citreae
Xénero: Citrus
Especie: ''C. × aurantium''''
Nome binomial
'Citrus × aurantium'
L.

A laranxeira amarga[1] ou laranxeira aceda (Citrus × aurantium), é unha árbore cítrica da familia das Rutáceas. É un híbrido entre Citrus maxima e Citrus reticulata.[2] Moitas variedades de laranxa amarga úsanse polo seu aceite esencial, para perfume e saborizante, ou como medicinais. Utilízase tamén coma portaenxertos doutras especies cítricas.

Follas
Flor de laranxeira
Froito
Follaxe con flor e froito

Descrición[editar | editar a fonte]

É unha árbore perennifolio que acada unha altura de 7–8 m, espiños axilares e agudos. Follas de 50-115 x 30–55 mm, elípticas, cor verde escura brillante e recendentes, con pecíolo alado, ás obovadas. Flores bisexuais, en cimas axilares, brancas e moi recendentes (flor de laranxeira).[3] Pétalos carnosos e glandulares. Estames 20-24. Froito globoso, de 7 x 7,5 cm, aplanados na base e o ápice; Pela cando madura, glandular e áspera. Eixo oco. Polpa amargo-aceda.[4]

Variedades[editar | editar a fonte]

Uso como portaenxerto[editar | editar a fonte]

Citrus × aurantium é un dos padróns utilizados para especies cítricas de valor comercial. É resistente a calcaria, a condicións de asfixia radical e ás xeadas. Tamén ten unha resistencia media a condicións de salinidade no solo e á seca, isto último polo seu sistema radical profundo e medianamente ramificado.[5] En canto ás doenzas, a laranxeira amarga é tolerante a Phytophtora sp. e a Armillaria mellea, mais susceptíbel ao nematodo Tylenchulus semipenetrans.[6] É ademais tolerante a exocorte, ao virus da psoríase dos cítricos e ao viroide da cachexia-xiloporose dos cítricos, porén susceptíbel ao virus da tristeza dos cítricos.[6]

O tamaño da froita dos cultivares enxertados sobre naranjo* amargo es algo menor que sobre limoeiro rugoso (Citrus × jambhiri), mais maior que sobre mandarineiro Cleopatra (Citrus × reshni). Tanto os sólidos solúbeis como a acidez titulábel do zume dos froitos obtidos sobre pé de laranxeira amarga son elevados. Esta característica, xunto coa súa tolerancia moderada a Phytophtora, fixo da laranxeira amarga o portaenxerto preferido en países tropicais onde o virus da tristeza dos cítricos non é un factor limitante.[5]

Suplementos dietarios[editar | editar a fonte]

O extracto de laranxa amarga (e o seu zume) úsase en suplemento dietario, como axuda para control da obesidade e como un supresor do apetito, aínda que sen control profesional pode ser extremadamente perigoso. A laranxa amarga contén sinefrina máis coñecida como fenilefrina, un fármaco semellante á efedrina, mais que actúa só como estimulante adrenérxico (alfa) cun posíbel risco de choque isquémico e hipertensión.
Tamén se adoita utilizar con fins terapéuticos a fenilefrina en anticatarrais como vasoconstritor para o control das secrecións nasais.

O aceite esencial das flores é tranquilizante, hipnótico suave, espasmolílico. O aceite esencial do pericarpo ten efecto antiespasmódico, lixeiramente sedante e hipnótico; os flavonoides confírenlle propiedades como vitamínico P (aumenta o ton das paredes venosas, reduce a permeabilidade e aumenta a resistencia capilar. Os principios amargos actúan como tónico, aperitivo, eupéptico e colagogo. A pectina é a parte branca entre a pela e a froita. Confírelle propiedades demulcentes e hipocolesterolemiantes. A pela de laranxa amarga, polo seu característico cheiro e sabor (amargo-aromático), constitúe un dos mellores correctores organolépticos, para enmascarar os cheiros e sabores desagradábeis doutras drogas.

Pericarpo: inapetencia, dispepsias hiposecretoras, espasmos gastrointestinais, disquinesias hepatobiliares, colecistite, diarreas, síndrome do intestino irritábel. Varices, flebite, hemorroides, debilidade capilar, edemas, diarreas, hiperlipemias.

Flores, follas: ansiedade, insomnio, distonías neurovexetativas, tose nerviosa.[7]

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Citrus aurantium foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 782–783. 1753.[4]

Sinonimia
  • Aurantium × acre Mill.
  • Aurantium × bigarella Poit. & Turpin
  • Aurantium × corniculatum Poit. & Turpin
  • Aurantium × coronatum Poit. & Turpin
  • Aurantium × humile Mill.
  • Aurantium × myrtifolium Descourt.
  • Aurantium × orientale Mill.
  • Aurantium × silvestre Pritz.
  • Aurantium × sinense (L.) Mill.
  • Aurantium × variegatum Barb.Rodr.
  • Citrus × amara Link
  • Citrus × aurata Risso
  • Citrus × benikoji Yu.Tanaka
  • Citrus × bigaradia Loisel.
  • Citrus × bigaradia var. cyathifera Risso & Poit.
  • Citrus × calot Lag.
  • Citrus × canaliculata Yu.Tanaka
  • Citrus × changshan-huyou Y.B.Chang
  • Citrus × communis Poit. & Turpin
  • Citrus decumana var. paradisi (Macfad.) H.H.A.Nicholls
  • Citrus × dulcimedulla Pritz.
  • Citrus × dulcis Pers.
  • Citrus × florida Salisb.
  • Citrus × funadoko Yu.Tanaka
  • Citrus × fusca Lour.
  • Citrus × glaberrima Yu.Tanaka
  • Citrus gracilis var. dulcis Yu.Tanaka
  • Citrus grandis f. Benikawa Yu.Tanaka
  • Citrus grandis var. glaberrima (Tanaka) Karaya
  • Citrus grandis var. kotokan (Hayata) Karaya
  • Citrus grandis var. natsudaidai (Tanaka) Karaya
  • Citrus grandis var. sulcata (Takah.) Karaya
  • Citrus grandis var. tengu (Tanaka) Karaya
  • Citrus humilis (Mill.) Poir.
  • Citrus hystrix H. Perrier
  • Citrus × intermedia Yu.Tanaka
  • Citrus × iwaikan Yu.Tanaka
  • Citrus × iyo Yu.Tanaka
  • Citrus × karna Raf.
  • Citrus × keraji Yu.Tanaka
  • Citrus × kotokan Hayata
  • Citrus × leiocarpa var. tumida Yu.Tanaka
  • Citrus maxima var. uvacarpa Merr.
  • Citrus medica f. tamurana (Tanaka) M.Hiroe
  • Citrus × medioglobosa Yu.Tanaka
  • Citrus × mitsuharu Yu.Tanaka
  • Citrus × myrtifolia (Ker Gawl.) Raf.
  • Citrus × natsudaidai Hayata
  • Citrus × nobilis Lour.
  • Citrus × nobilis var. genshokan Hayata
  • Citrus × nobilis var. rubrifrons Yu.Tanaka
  • Citrus × nobilis var. subcompressa Yu.Tanaka
  • Citrus × nobilis f. tumida (Tanaka) M.Hiroe
  • Citrus × omikanto Yu.Tanaka
  • Citrus × papillaris Blanco
  • Citrus × paradisi Macfad.
  • Citrus × pseudogulgul Shirai
  • Citrus × reshni (Engl.) Yu.Tanaka
  • Citrus × rokugatsu Yu.Tanaka
  • Citrus × rumphii Risso
  • Citrus sabon f. banyu Hayata
  • Citrus sabon f. hakunikuyu Hayata
  • Citrus sabon f. jiyu Hayata
  • Citrus sabon f. mitsuyu Hayata
  • Citrus sabon f. sekitoyu Hayata
  • Citrus sabon f. soyu Hayata
  • Citrus × sinensis subsp. crassa (Risso) D.Rivera & al.
  • Citrus × sinensis subsp. fetifera (Risso) D.Rivera & al.
  • Citrus × sinensis subsp. hierochuntica (Risso) D.Rivera & al.
  • Citrus × sinensis subsp. lusitanica (Risso) D.Rivera & al.
  • Citrus × sinograndis Yu.Tanaka
  • Citrus × subcompressa (Tanaka) Yu.Tanaka
  • Citrus × sulcata Yu.Tanaka
  • Citrus × taiwanica Yu.Tanaka & Shimada
  • Citrus × tangelo J.W.Ingram & H.E.Moore
  • Citrus tankan f. koshotankan Hayata
  • Citrus × tengu Yu.Tanaka
  • Citrus × tosa-asahi Yu.Tanaka
  • Citrus × truncata Yu.Tanaka
  • Citrus × vulgaris Risso
  • Citrus × yatsushiro Yu.Tanaka
  • Citrus × yuge-hyokan Yu.Tanaka[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nome vulgar en galego en Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004
  2. "Plant Profile for Citrus ×aurantium L. (pro sp.), http://plants.usda.gov/java/profile?symbol=CIAU8
  3. Naranjo agrio Infojardín (en castelán)
  4. 4,0 4,1 "Laranxeira amarga". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 24 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 Davies, F. S.; Albrigo, L. G. (1999). Cítricos. Zaragoza: Acribia. pp. 103–105. ISBN 84-200-0889-3. 
  6. 6,0 6,1 Agustí, Manuel (2003). Citricultura. Madrid: Mundi-Prensa. pp. 333–336. ISBN 84-8476-158-4. 
  7. "Laranxeira amarga". Plantas útiles: Linneo. Consultado o 25 de maio de 2013. 
  8. Laranxeira amarga en PlantList

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Molina Rosito, A. 1975. Enumeración de las plantas de Honduras. Ceiba 19(1): 1–118.
  • Nasir, E. & S. I. Ali (eds). 1980-2005. Fl. Pakistan Univ. of Karachi, Karachi.
  • Pérez, A., M. Sousa Sánchez, A. M. Hanan-Alipi, F. Chiang Cabrera & P. Tenorio L. 2005. Vegetación terrestre. 65–110. In Biodivers. Tabasco. CONABIO-UNAM, México.
  • Perrier de la Bathie, H. 1950. Rutacees. Fl. Madagasc. 104: 1–85.
  • Schatz, G. E., S. Andriambololonera, Andrianarivelo, M. W. Callmander, Faranirina, P. P. Lowry, P. B. Phillipson, Rabarimanarivo, J. I. Raharilala, Rajaonary, Rakotonirina, R. H. Ramananjanahary, B. Ramandimbisoa, A. Randrianasolo, N Ravololomanana, Z. S. Rogers, C. M. Taylor & G. A. Wahlert. 2011. Catalogue of the Vascular Plants of Madagascar. Monogr. Syst. Bot. Missouri Bot. Gard. 0(0): 0–0.
  • Schulenberg, T. S. & K. Awbrey. 1997. A rapid assessment of the humid forests of South Central Chusquisaca, Bolivia. RAP Working Papers 8: 1–84.
  • Serrano, M. & J. Terán. 1998 [2000]. Identific. Esp. Veg. Chuquisaca 1–129. PLAFOR, Intercooperación, Fundación Ceibo, Sucre.
  • Small, J. K. 1933. Man. S.E. Fl. i–xxii, 1–1554. Published by the Author, Nova York.
  • Sousa Sánchez, M. & E. F. Cabrera Cano. 1983. Flora de Quintana Roo. Listados Floríst. México 2: 1–100.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]